Auga pesada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Denomínase auga pesada a unha molécula de composición química equivalente á auga, na que os átomos de hidróxeno son substituídos por deuterio, un isótopo pesado do hidróxeno.
A fórmula química da auga deuterada, óxido de deuterio ou auga pesada é: D2O ou 2H2O. A fórmula química da auga triciada, auga de tricio ou auga superpesada é: T2O ou 3H2O. Esta forma é radioactiva. Ademais hai outras variedades isotópicas coma a auga semipesada con fórmula química HDO, DHO ou 1H2HO, e unha forma sen nome que corresponde a unha auga semisuperpesada, ás veces chamada auga tritiada, con fórmula química HTO, THO ou 1H3HO. Esta forma tamén é radioactiva. Tamén é de suma utilidade para detectores de neutrinos coma o kamiokande.
Propiedades
[editar | editar a fonte]A diferenza nos elemento do núcleo modifica algunhas das súas propiedades físicas, tales como a densidade ou o punto de vaporización. A auga pesada atópase presente, en pequenas cantidades, mesturada coa auga normal, e pode ser separada desta por destilación fraccionada. Tamén se pode separar por absorción con amoníaco que conteña deuterio.
Propiedades | D2O (auga pesada) |
H2O (auga común) |
---|---|---|
Punto de fusión (°C) | 3,82 | 0,0 |
Punto de vaporización (°C) | 101,4 | 100,0 |
Densidade (a 20 °C, g/mL) | 1,1056 | 0,9982 |
Temp. de máxima densidade (°C) | 11,6 | 4,0 |
Viscosidade (a 20 °C, centipoise) | 1,25 | 1,005 |
Tensión superficial (a 25 °C, dyn*cm) | 71,93 | 71,97 |
Entalpía de fusión(cal/mol) | 1,515 | 1,436 |
Entalpía de vaporización (cal/mol) | 10,864 | 10,515 |
pH (a 25 °C) | 7,41 | 7,00 |
Moderador na fisión nuclear
[editar | editar a fonte]A principal aplicación tecnolóxica da auga pesada foi de moderador nos procesos de fisión nuclear, polo que se converteu nunha substancia estratéxica durante o desenvolvemento dos primeiros reactores nucleares.
Durante a segunda Guerra Mundial, os aliados emprenderon un conxunto de accións directas para impedir o acceso dos nazis á auga pesada (Batalla da auga pesada). Hoxe perdeu parte da súa importancia, ó utilizarse tamén como moderadores nas centrais nucleares outros materiais coma a auga normal ou o grafito.
Consideración médicas
[editar | editar a fonte]Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A auga pesada non está considerada como tóxica. Porén, algunhas reacción metabólicas precisan de auga clásica, é por isto que o consumo exclusivo de auga pesada pode ser considerado como perigoso para a saúde.
O principal efecto so seu consumo é reducir o número de mitoses, causando a progresiva degradación dos tecidos que precisan dunha rápida rexeneración. Despois de varios días da inxesta de auga pesada unicamente, os fluídos corporais conteñen ó redor do 50% de auga pesada. Neste intre os síntomas comezan a aparecer, pola redución das divisións celulares, principalmente nas células con renovamento rápido, como poden ser os cabelos ou as paredes do estómago.