Saltar ao contido

Beirut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBeirut
بيروت (ar) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°53′13″N 35°30′47″L / 33.8869, 35.5131
EstadoLíbano
Governorate of Lebanon (en) TraducirBeirute (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.421.354 (2023) Editar o valor en Wikidata (121.067,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie20 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
19731973 Israeli raid on Lebanon (en) Traducir
21 de agosto de 1982Cerco de Beirute (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXurxo de Capadocia Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico01 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbeirut.gov.lb Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454004
Avenida costeira de Beirut

Beirut (en árabe بيروت Bayrūt) é a capital, cidade principal e maior porto do Líbano. Algunhas veces é chamada polo seu nome en francés, Beyrouth. A cidade ten unha poboación de 1,8 millón de persoas na propia cidade e 2,1 millóns de persoas na súa rexión metropolitana. O seu nome é de orixe fenícia, Bêrūt, que significa "os pozos".

É o principal centro de comercio da rexión e algunhas veces foi chamada de a París do Leste, pola súa atmosfera cosmopolita, anterior á guerra civil libanesa. Beirut pasou pola maior reconstrución dos anos recentes e irá hospedar os Xogos Francófonos (Jeux de la Francophonie) en 2009.

A historia de Beirut deu comezo nunha rexión, a antiga Canaán, onde estaba a ter lugar un dos primeiros procesos de urbanización da historia no marco da sedentarización progresiva do neolítico. Así a pequena península na costa oriental do Mediterráneo, con abundante pesca e auga fresca no río Beirut que descende dos Montes do Líbano, semella ter sido habitada dende mesmo o paleolítico (nas illas do que entón era o delta do río).

O tell cananeo e fenicio

[editar | editar a fonte]

Os últimos achados arqueolóxicos (grazas ao vasto plan de reconstrución en marcha trala guerra civil) permiten asegurar tamén a existencia dun asentamento estable dende polo menos o 1900 aC, dentro xa da órbita dos pobos cananeos que tiñan emigrado a área ó comezo do terceiro milenio antes da nosa era. En concreto trátase dun tell, un outeiro fortificado, que tiña unha entrada de perpiaños almofadados e situábase no nordeste do centro histórico preto do porto (ao norte da Praza dos Mártires [1][2]). O nome Be'erot ("pozos") ten ascendencia cananea, e xa no século XIV aC, nas exipcias cartas de Amarna aparece citado coma Biruta. Os fenicios (dende o 1200 aC) reutilizaron e ampliaron o asentamento cananeo construído unha nova muralla de pedra con escarpado glacis en uso ata o século VIII aC, canais e o primitivo porto a carón polo noroeste.

No século VII-VI aC comezou a expansión fora do tell cara ao sur e oeste, arrodeando a enseada do porto (a liña costeira daquela estaba máis atrasada) e unha nova muralla de perpiaños de calcaria foi construída [3]. E aínda outra nova muralla, máis grande e de cachotaría, foi erixida no tempo da ocupación persa (550-333 aC).

Helenística e romana: Berytus

[editar | editar a fonte]

Trala conquista de Alexandre Magno, loitas entre sátrapas seléucidas polo poder rexional levaron á destrución da cidade en 140 aC. A reconstrución posterior fíxose superpoñendo un novo plan regular helenístico (renomeada Laodicea en Fenicia ou en Canaán [4]). Os romanos a conquistaron no 64 aC, axeitando dito plan máis ao sur e segundo as directrices habituais do seu urbanismo, fundamentalmente a direccionalidade, cun cardo (N-S dende o porto) e un decumano máximos (E-O), asemade un novo centro (o Foro) na zona da actual praza Nejmeh (Estrela) [5].

A Colonia Iulia Augusta Felix Berytus floreceu coma centro do imperio na zona. Con rúas porticadas, baños públicos e un hipódromo (posiblemente no leste, Praza dos Mártires), a súa escola de dereito foi famosa na antigüidade acadando o seu cénit na etapa bizantina (xa unha vila cristiá). No ano 551 un devastador terremoto arrasou a cidade (30.000 mortos) e puxo fin a toda unha época de Beirut.

Beirut medieval: o dominio dos cruzados

[editar | editar a fonte]

A reconstrución da vila non comezou ata despois da conquista árabe (635), cos omeias. A estrutura básica do medievo semella ter recollido aínda que difusamente a herdanza do pasado urbano. A Beirut intramuros (Bayrut al-Qadimah) é un rectángulo ao sur da enseada do porto cun promontorio protector no leste (a carón do cal, internándose na terra estaba o tell primitivo) [6]. Seica a muralla meridional seguiu o trazado do decumanus máximus.

Vista do Castelo cruzado dende a área do tell primixenio nunha recreación do s.XIX da retoma da cidade polos cristián

Durante a época omeia, restauradas as murallas e fortificacións, tivo importancia o seu porto coma base naval do califato de Damasco. Xusto ese antigo porto puido seres ampliado ao oeste, entre a illa existente na metade da enseada e un dique de abrigo (mole) construído nos arrecifes, na época do dominio dos cruzados (séculos XII e XIII, cunha nova prosperidade no comercio de especias con Europa) [7]. Nos puntos estratéxicos, illa e promontorio do leste, erixíronse fortes cun castelo no último (a Cidadela de Beirut) [8]. Tamén de ascendencia cruzada (coma pazo fortificado templario) semella seres o denominado Pazo de Fakhr al-Din posterior, no bordo leste da vila (posible pazo da familia Ibelín, señores dun Beirut practicamente independente no século XIII; Xoán de Ibelín reconstruíu a cidade co pazo tralas destrucións de Saladino). Asemade os cristiáns levantaron conventos e igrexas, sinaladamente a románica catedral de San Xoán no centro da cidade.

Declive baixo o poder otomán

[editar | editar a fonte]

A catedral foi reconvertida na mesquita principal da vila (al Omari) cando os mamelucos desaloxaron definitivamente ós cruzados en 1291 [9]. Numerosas mesquitas máis foron construídas, e se ben o comercio de especias sostivo a súa economía, a cidade comezou un lento declinar acentuado na época do poder otomán (dende 1516) precisamente pola perda daquel monopolio. Controlada por emires drusos, un deles, Fakhr al-Din II (comezos do século XVII), chegou a conseguir certa autonomía fortificando e enriquecendo a vila (o seu pazo sobor do cruzado arriba citado). A comezos do século XIX, tras seres mesmo bombardeada polos rusos, Beirut era unha pequena vila de 10.000 habitantes [10].

Renacemento urbano

[editar | editar a fonte]

A caída de Acre (1832) en poder exipcio significou o renacemento económico e comercial da cidade (baseado sobor de todo no tráfico da seda a occidente). O porto converteuse en primordial e foi ampliado (1894, con recheos que implicaron a desaparición do Castelo e illa) e asemade trazados ferrocarrís con Damasco e Alepo (1895, cunha estación exterior á cidade ao leste [11]). A cidade pronto traspasou as murallas medievais (que foron tamén derrubadas na súa meirande parte), o barrio dos Zocos (Souks) ocupou a antiga área fenicia e helenística, e o exánime poder otomán aínda tentou reflectirse coa construción de grandes conxuntos militares (Gran Serrallo en 1853 no outeiro ao sueste de murallas) e novas mesquitas [12]. Para comezos do século XX Beirut era xa unha cidade cosmopolita con máis de 120.000h [13].

Vista xeral de Beirut na segunda metade do s.XIX dende o barrio dos Zocos: o Castelo e fortaleza da illa dominando o porto.

Mandato francés

[editar | editar a fonte]

Tralo colapso do Imperio Otomán na primeira guerra mundial, Beirut pasou a formar parte do Mandato Francés. Baixo a tutela francesa a cidade histórica vai seres intervida dunha maneira radical coa creación dun novo centro urbano no que era a vella trama islámica. Con planta radial dende o foco da Place de l'Etoile, o plan de 1931 de obxectivos hixienistas, pretendía dotar á vila dun centro moderno e mantense ata hoxe coma corazón da urbe cos principais edificios representativos [14][15]. O porto seguiu coa súa ampliación cara ó leste e con el o pulo á industrialización [16][17].

Capital do Líbano

[editar | editar a fonte]

Dende 1943 Beirut é a capital dun Líbano independente. Coma privilexiada porta do Oriente tense desenvolvido con rapidez e mesmo ostentación. O seu porto, garante da súa riqueza seguiu o seu uso, e o proceso de metropolización foi inevitable [18][19].

Toda esa prosperidade tivo o seu fin co rexurdir dos vellos conflitos relixiosos (entre musulmáns, cristiáns e drusos) e o estalido en 1975 da Guerra Civil Libanesa e a división mesmo da cidade en dúas partes (oriental cristiá; occidental musulmá) cunha chamada "Liña Verde" [20]. As destrucións foron cuantiosas especialmente no centro histórico, o que polo menos ten permitido dende o fin do conflito en 1990 o estudo arqueolóxico das orixes da vila.

Pero facendo honra a súa historia, Beirut volta a renacer unha vez máis das ruínas e un gran e polémico plan (Plan Solidere [21][22]) de reconstrución do centro da urbe e a súa beiramar está a seres levado a cabo.

  1. Topografía da península de Beirut coa posición da cidade histórica, dende o tell cananeo ata o século XIX [1]
  2. Mapa interactivo do Beirut histórico cos descubrimentos das sucesivas civilizacións [2]
  3. Planta esquemática (superposta á da cidade moderna) da vila fenicia estendida aos pes do tell, co porto polo medio; o sector do oeste é o posterior dos Zocos [3]
  4. Traza da cidade helenística sobor da zona dos Zocos (NO da Beirut histórica posterior [4]
  5. Planta hipotética do centro da Beirut romana (superposta á da cidade moderna coa Praza da Estrela); segundo os últimos achados seica o decumanus máximus situábase na rúa do sur e non na do norte do Forum. Ver tamén nota 14 (o cardo máximus á dereita) e nota 18 páx.2 [5]
  6. Planta de Beirut en época medieval (1841, mantívose no esencial dende o século VII ó XIX): ao norte o porto; arredor o primitivo asentamento fenicio, persa e helenístico (baleiro dos Zocos no oeste, tell cananeo-fenicio no leste xunto ao promontorio fortificado da costa); no sur a trama medieval superposta dentro do cadrado da Berytus romana - Michael F. Davie [6]
  7. Planta de Beirut medieval co detalle das intervencións na época dos cruzados; M.F. Davie (a carón do promontorio do Castelo cruzado, o Monte Chafort do mapa, despois cemiterio musulmán, debeu seres a zona do Tell orixinal; o título equivocado de decumanus (seica estaba no límite sur da cidade) [7]
  8. Vista do s.XIX dende o porto occidental de Beirut da illa fortificada en primeiro termo (á esquerda) e o Castelo do promontorio leste ao fondo; Davie [8]
  9. Páxina con información da época mameluca
  10. Planta de Beirut, 1841; Davie
  11. Planta esquemática de Beirut coa estación do ferrocarril e a liña nos recheos portuarios, 1895 [9] Arquivado 17 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  12. Mapa de Beirut, 1876 (IFPO): co plan de ampliación do porto e os novos recheos; a planta cuadrangular do Gran Serrallo visible ao oeste [10]
  13. Mapa de Beirut, 1912
  14. Planta da área da Praza da Estrela sobor da arqueoloxía (romana fundamentalmente; tamén Catedral de San Xoán dos Cruzados arriba) primitiva; Centro de Investigacións Arqueolóxicas de Torino [11] Arquivado 15 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
  15. Vista aérea moderna da área da Praza da Estrela
  16. Mapa de Beirut de 1936; obsérvese o baleiro no centro histórico para a área da futura Praza da Estrela [12] Arquivado 10 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  17. Vista de paxaro de Beirut en 1936; obsérvese á dereita a Praza da Estrela adquirindo forma; IFPO [13]
  18. "Páxina sobor do desenvolvemento metropolitano de Beirut, pdf (1Mb)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de agosto de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  19. "Vista de paxaro da área metropolitana de Beirut". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  20. A Liña Verde (Green Line) sobreposta á vista satélite de Beirut
  21. "Plan Solidere". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  22. "Paseo virtual pola herdade histórica beirutí; Solidere". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]