Saltar ao contido

Benny's Video

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benny's Video
Ficha técnica
Título orixinalBenny's Video
DirectorMichael Haneke
ProdutorVeit Heiduschka
GuiónMichael Haneke
Intérpretes
FotografíaChristian Berger
MontaxeMarie Homolkova
EstudioLang Film
Wega Film
EstreaFestival de Cannes: 13 de maio de 1992
Duración110 minutos[1]
OrixeAustria Austria
Suíza Suíza
XéneroTerror
Na rede
IMDB: tt0103793 Filmaffinity: 466019 Allocine: 7378 Rottentomatoes: m/bennys_video Allmovie: v145952 TCM: 520223 TV.com: movies/bennys-video Netlix: 70048494 Editar o valor en Wikidata

Benny's Video é un filme austríaco de 1992 dirixido por Michael Haneke e ambientado en Viena. O argumento do filme céntrase en Benny (Arno Frisch), un adolescente que ve boa parte da súa vida a través de imaxes de vídeo, e nos seu pais Anna (Angela Winkler) e Georg (Ulrich Mühe), que permiten que Benny se centre imaxes de vídeo e en cámaras. O filme gañou o premio FIPRESCI no Festival de Cinema Europeo de 1993.[2] O filme foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 65ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Benny, un rapaz de 14 anos, vive nun cuarto cheo de pantallas de vídeo en que están a reproducirse imaxes violentas de desastre e suspense durante todo o día. Mesmo o que sucede na rúa só lle chega a través dunha cámara instalada diante da súa xanela. Cortou a relación cos seus pais, a miúdo ausentes, e encerrouse no mundo do vídeo.

Un día en que os seus pais non están coñece nun videoclub unha rapaza da súa idade á que invita á súa casa. Mentres el lle mostra orgulloso unha pistola de matanza, ela divírtese retándoo a empregala. Benny faino e férea gravemente. Mentres a rapaza berra, el remátaa. Toda a escena quedou gravada en vídeo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ICA Projects, ed. (9 de xullo de 1993). "BENNY'S VIDEO (18)". British Board of Film Classification. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  2. superiorpics (ed.). "Michael Haneke". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]