Benny's Video
Benny's Video | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Benny's Video |
Director | Michael Haneke |
Produtor | Veit Heiduschka |
Guión | Michael Haneke |
Intérpretes | |
Fotografía | Christian Berger |
Montaxe | Marie Homolkova |
Estudio | Lang Film Wega Film |
Estrea | Festival de Cannes: 13 de maio de 1992 |
Duración | 110 minutos[1] |
Orixe | Austria Suíza |
Xénero | Terror |
Na rede | |
Benny's Video é un filme austríaco de 1992 dirixido por Michael Haneke e ambientado en Viena. O argumento do filme céntrase en Benny (Arno Frisch), un adolescente que ve boa parte da súa vida a través de imaxes de vídeo, e nos seu pais Anna (Angela Winkler) e Georg (Ulrich Mühe), que permiten que Benny se centre imaxes de vídeo e en cámaras. O filme gañou o premio FIPRESCI no Festival de Cinema Europeo de 1993.[2] O filme foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 65ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Benny, un rapaz de 14 anos, vive nun cuarto cheo de pantallas de vídeo en que están a reproducirse imaxes violentas de desastre e suspense durante todo o día. Mesmo o que sucede na rúa só lle chega a través dunha cámara instalada diante da súa xanela. Cortou a relación cos seus pais, a miúdo ausentes, e encerrouse no mundo do vídeo.
Un día en que os seus pais non están coñece nun videoclub unha rapaza da súa idade á que invita á súa casa. Mentres el lle mostra orgulloso unha pistola de matanza, ela divírtese retándoo a empregala. Benny faino e férea gravemente. Mentres a rapaza berra, el remátaa. Toda a escena quedou gravada en vídeo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Arno Frisch como Benny
- Angela Winkler como Anna
- Ulrich Mühe como Georg
- Stephanie Brehme como Evi
- Stefan Polasek como Ricci
- Ingrid Stassner como Mädchen
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ICA Projects, ed. (9 de xullo de 1993). "BENNY'S VIDEO (18)". British Board of Film Classification. Consultado o 16 de outubro de 2013.
- ↑ superiorpics (ed.). "Michael Haneke". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 65ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Benny's Video na IMDb (en inglés).