Camptorhynchus labradorius
Camptorhynchus labradorius Pato do Labrador | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femia (esqueda), macho (dereita) Ilustración de John Gerrard Keulemans
| |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Extinto dende c. 1878[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
† Camptorhynchus labradorius Gmelin, 1789 | |||||||||||||||||||
Área de distribución de C. labradorius
|
Camptorhynchus labradorius é unha especie extinta de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos nativa de América do Norte.[2]
O último pato desta especie crese que foi visto en Elmira, Nova York o 12 de decembro de 1878.[3] O último exemplar conservado morreu en 1875 en Long Island.
Xa era un pato raro antes da chegada dos colonos europeos, e como consecuencia da súa rareza, a información sobre esta especie non é abundante, aínda que se coñecen algunhas, como o seu hábitat, as súas características, os seus hábitos alimentarios e as razóns da súa extinción. Hai 55 exemplares conservados en coleccións de museos de todo o mundo.
Na bibliografía internacional coñécese co nome vulgar de pato do Labrador.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1838 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte.[5][6]
Especie
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin.[5][6]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[6]
- Anas labradorius J. F. Gmelin, 1789 (protónimo)
Notas taxonómicas
[editar | editar a fonte]O pato Labrador é considerado un pato mariño. Unha diferenza básica na forma do proceso do metacarpiano I divide os patos mariños en dous grupos:
- Bucephala e os mergos
- Os eideres, Histrionicus, Clangula e Camptorhynchus
A posición do forame nutritivo do tarsometatarso tamén separa os dous grupos de patos mariños. No primeiro grupo, o forame está situado lateralmente ao eixe longo do suco lateral do hipotarso; no segundo, o forame está sobre o eixe dese suco.[7]
O pato do Labrador tamén foi coñecido como pato "de varia cor", un nome vernáculo que compartía con Melanitta perspicillata e con Bucephala clangula (e mesmo con Haematopus palliatus), feito que provocou dificultades na interpretación dos antigos rexistros destas especies. Ambos os nomes fan referencia á sorprendente cor branca/negra do macho. Outro nome común era "pato de banco de area", en referencia ao seu hábito de alimentarse en augas pouco profundas. Os parentes evolutivos máis próximos do pato do Labrador son, ao parecer, os membros do xénero Melanitta.[8]
Características
[editar | editar a fonte]A plumaxe das femias era gris. Aínda que tiña un patrón débil, o patrón era de tipo das especies do xénero Melanitta. A plumaxe do macho era branca e negra cun patrón de eider, pero as ás eran completamente brancas agás as rémixes primarias. A traquea do macho era de tipo das Melanitta sp. No extremo anterior producíase unha expansión do tubo traqueal e dous alongamentos (en oposición a un alongamento como se observa nos Melanitta sp.) e estaban preto do medio do tubo. A bulla era ósea e redonda, inchada polo lado esquerdo. Esta bulla asimétrica e ósea era diferente á dos pentumeiros, e semellante aos eideres e á do pato arlequín. O pato do Labrador foi considerado a máis enigmática de todas as aves norteamericanas.[9]
O pato do Labrador tiña unha cabeza oblonga con ollos pequenos e brillantes. O seu peteiro era case tan longo coma a súa cabeza. O corpo era curto e deprimido con pés curtos e fortes que estaban moi detrás do tronco. As plumas eran pequenas e a cola era curta e arredondada.
Camptorhynchus labradorius pertence a un xénero monotípico.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Camptorhynchus labradorius migraba anualmente, invernaba nas costas de Nova Jersey e Nova Inglaterra —onde se favorecía das costas areosas, baías e enseadas— e reproducíase no Labrador no verán.[10][11]
O fillo de John James Audubon informou ver un niño pertencente á especie en Labrador, pero existe incerteza acerca de onde se reproducía. Algúns cren que puido ter posto os seus ovos nas illas no golfo de San Lourenzo.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Un estudo mitoxenómico da situación do pato do Labrador descubriu que a especie está moi relacionada co eider de Steller (Polysticta stelleri), como se mostra a continuación.[12]
Merxinos |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2016): Camptorhynchus labradorius na Lista vermella da UICN. Consultada o 16 de novembro de 2022.
- ↑ Chilton, Glen (2009): The Curse of the Labrador Duck: My Obsessive Quest to the Edge of Extinction. New York: Simon & Schuster. ISBN 978-1-4391-0247-3.
- ↑ EXTINCT: Seeking a bird last seen in 1878. State birders conference kicks off with "hunt" for duck last seen in Elmira in 1878.
- ↑ Pato del Labrador Camptorhynchus labradorius (Gmelin, JF 1789) en Avibase (en inglés).
- ↑ 5,0 5,1 Camptorhynchus Bonaparte, 1838 no GBIF. Consultado o 16 de novembro de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Camptorhynchus Bonaparte, 1838 † na BioLib. Consultada o 16 de novembro de 2022.
- ↑ Zusi, Richard (1978): "The Appendicular Myology of the Labrador Duck (Camptorhynchus labradorius)". The Condor 80 (4): 407–418.
- ↑ Livezey, Bradley C. (1995): "Phylogeny and Evolutionary Ecology of Modern Seaducks (Anatidae: Mergini)" (PDF). Condor 97 (1): 233–255.
- ↑ Johnsgard, Paul (1965): Handbook of Waterfowl Behavior: Tribe Mergini (Sea Ducks).
- ↑ Flannery, Tim (2001): A Gap in Nature. New York: Atlantic Monthly Press. pp. 60–61. ISBN 0-8711-3797-6.
- ↑ Chilton, Glen & Michael D. Sorenson (2007): "Genetic Identification Of Eggs Purportedly From The Extinct Labrador Duck (Camptorhynchus Labradorius)". Auk 124 (3): 962-968.
- ↑ Janet C. Buckner; Ryan Ellingson; David A. Gold; Terry L. Jones & David K. Jacobs (2018): "Mitogenomics supports an unexpected taxonomic relationship for the extinct diving duck Chendytes lawi and definitively places the extinct Labrador Duck". Molecular Phylogenetics and Evolution 122: 102–109.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camptorhynchus labradorius |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Camptorhynchus labradorius |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cokinos, Christopher (2000): Hope is the Thing with Feathers. New York: Putnam. ISBN 1-5854-2006-9, pp. 281–304.
- Fuller, Errol (2001): Extinct Birds. Ithaca, Nova York: Comstock Publishing. ISBN 0-8014-3954-X, pp. 85–87.
- Madge, Steve & Burn, Hilary (1988): Waterfowl. An identification guide to the ducks, geese and swans of the world. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-3954-6727-6, pp. 265–266.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Labrador Duck (Camptorynchus labradorius) (en inglés).
- Labrador Duck. Camptorhynchus labradorius Arquivado 07 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés).