Saltar ao contido

Cartel (1937)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cartel
LugarVigo
Lingualingua castelá
Fundaciónxaneiro de 1937
editar datos en Wikidata ]

Cartel foi unha revista editada en Vigo en 1937.

Fotografía de portada dun número de Cartel, nela aparecen Franco, Mola e Cavalcanti en Burgos en agosto 1936. Mola xa finara no momento da publicación, en 1937.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Panorama mensual de literatura y arte e despois Revista literaria informativa, apareceu en xaneiro de 1937. Segundo o seu editorial aspiraba "a ser revista del hogar español" e "sus postulados esenciales son Patria, Religión y Familia.[2] Estaba dirixida por Antonio Otero Coira. A portada do primeiro número era unha fotografía de Francisco Franco,[3] e a do número 4 un retrato ao óleo do xeneral Antonio Aranda Mata.[4] Tiña fotograbados en cor.[5] Entre os seus colaboradores figuraron Ksado, Julio Sigüenza, Salvador Pérez-Labarta Pillado, César González Ruano, José Sanz Díaz, José María Pemán, Jesús María de Arozamena, Carlos Areán Estévez, Jeromy Barry, Sofía Casanova e Mario Figorela Díaz.[6] En xullo publicou un número extraordinario con motivo do aniversario da morte de José Calvo Sotelo.[7]

En 1945 apareceu Cartel, que pode considerarse como a súa continuación.

  1. Exemplar da revista en Todocolección
  2. Progreso, 19-1-1937, p. 2.
  3. El Eco de Santiago, 21-1-1937, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 24-4-1937, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 30-3-1937, p. 2.
  6. Noticiero de Soria, 10-5-1937, p. 1.
  7. El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]