Saltar ao contido

Convento Cluniense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conventus cluniensis»)
Extensión do conventus cluniensis dentro da Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século IV dentro do Imperio Romano.

O conventus cluniensis ou convento clunense, foi unha entidade administrativa romana sita no Norte-Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Clunia (preto da actual Coruña del Conde), a cidade máis importante do convento e que rexía ecónomica e administrativamente todo o territorio.

Tiña como lindes meridionais a fronteira natural do Sistema Central lindando coas provincias da Lusitania e Cartaxinense, polo norte a propia liña costeira cantábrica desde o río Sella ata o interior do territorio actual do País Vasco. Polo oeste o río Esla, lindando co veciño Conventus asturicensis, e polo leste chegando ata a actual provincia de Soria, preto da Rioxa e Navarra, nos contrafortes do Sistema Ibérico onde lindaba co Conventus cesaraugustanus.

Desde o século I, pertenceu á provincia de Tarraco ou tarraconensis, integrandose finalmente na provincia da Gallaecia darredor do século III-IV ata a disolución do Imperio Romano de Occidente. Nel convivían numerosos pobos como os cantabri, varduli, autrigoni, turmodigi, vaccei, beroni e celtiberi, introducíndose posteriormente poboacións vascoas nos límites orientais deste convento xurídico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]