Conversa:Consellaría
Aparencia
terminacións -aría
[editar a fonte]Conforme a recomendación das normas, é preferíbel a terminación -aría se ben se acepta -ería (olla por se tes dúbidas este .pdf). Se cadra é o momento agora que recén refixemos as consellarías, de renomeármolas coas terminacións -aría como primeira e -ería como redirección. Que dicides?. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 19:38, 7 maio 2009 (UTC)
- Que a norma dea preferencia á forma consellaría non impide que os departamentos da Xunta se denominen oficialmente consellerías (véxase o DOG), do mesmo xeito que aínda que se admita Galiza a forma oficial é Xunta de Galicia polo que penso que o artigo xeral para as consellarías está ben como está pero a Consellería de Sanidade debe ser co nome oficial desta consellaría.--RNC 20:16, 7 maio 2009 (UTC)
- Concordo con RNC, déixase o nome oficial. --Toliño Fala aquí comigo 18:03, 8 maio 2009 (UTC)