Conversa usuario:Arco de Rayne
- Benvido/a á Arco de Rayne. Na Galipedia sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores. Moitas veces suxerimos aos usuarios novos que escriban algo na súa páxina persoal sobre os proxectos que teñen en relación con este wiki, se o consideras oportuno sería valioso para a comunidade que puxeras algo nesa páxina. Quixera engadir outro comentario nesta mensaxe de benvida, unha das liñas nas que estamos traballando é na mellora da calidade da wikipedia en galego. Nese sentido quixera pedirche, que se é posible, os artigos sexan un pouco máis amplos. De feito no proxecto de revisión minuciosa da Galipedia que estamos preparando dise o seguinte: "Extensión mínima douscentos caracteres (sen contar cabeceiras, Véxase tamén, Ligazóns externas, ...)". Nesta fase estamos moi preocupados pola mellora na calidade, non tanto na cantidade. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:56, 27 marzo 2006 (UTC)
Artigo de A Coruña
[editar a fonte]Boas! son --Percebe 12:51, 25 xullo 2008 (UTC), o que quería saber e por que crees que está mal o traballo que fixen no artigo de A Coruña, xa que como ben se sabe, o nome da cidade é A Coruña, non Coruña soamente, de seres Coruña, en castelán sería La Coruña, cousa que algúns lles escandaliza, tamén traducín algúns termos o castelán por que así se chaman de verdade, non existe a "praza de catro camiños" e a de "cuatro caminos", ademais de arranxar cousas como que o Pazo da Ópera é un Pazo de Congresos, fai case 10 anos que xa non é un palacio de congresos, e outras como que hai en sada (creo que era sada) uns multicines, pero que os pecharon... se os pecharon... pois... haberá que quitalo, non?... veña, graciñas por atenderme! :)
Non entendo, de verdade
[editar a fonte]Ola. Non sei por que vos empeñades en decirme que as imaxes que eu subo non teñen datos que digan que son de licenza libre. Si que os teñen, eu sempre lles poño os mesmos, pero non sei por que sempre me indicades que van ser borradas. Eu sigo as indicacions que me dades, pero nin con esas. Ben, pois nada, se as borrades xa non engado máis artigos nin imaxes. Un cordial saúdo. xabiercs
Ola Arco de Rayne!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)
Benvido outra vez
[editar a fonte]Benvido outra vez á Galipedia, grazas por colaborar de novo connosco. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:24, 1 outubro 2006 (UTC)
Perdón
[editar a fonte]- Sinto terche dado traballo de máis en Zurgena. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:58, 7 outubro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:33, 6 decembro 2006 (UTC)
Saúdo
[editar a fonte]Alédome novamente de verte outra vez por aquí. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:43, 6 xuño 2007 (UTC)
Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:27, 3 outubro 2007 (UTC)
Mikhaiovsk -> Mikhailovsk ?
[editar a fonte]Ola, entendo que o nome Mikhaiovsk é un erro tipográfico por Mikhailovsk, non? dígoo por ser esta a transliteracion de Михайловск. Saúdos e bo traballo.---- Maañón00 (o que ho?) 20:12, 6 xaneiro 2008 (UTC)
Coido que xa está, agora soamente queda que un admin borre a páxina trabucada, que a marquei como lixo, como podes ver. Saúdos e bo traballo, calquer cousa xa sabes onde estamos ---- Maañón00 (o que ho?) 20:33, 6 xaneiro 2008 (UTC)
Califato
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne ! Disculpa a molestia : anduven polo artigo Califato é vin que sacaches unha parte dos interwiki. Non comprendo cal é a razon é eu de boa fé iba recuperalas, pero o millor hai unha razon que non vexo. Saudos ElviraConversa con mi 23:07, 10 xaneiro 2008 (UTC)
- Pois antes habia controlado ca wiki catala é non me fixei no que dis. Tes a razon e agradezcoche moita a colaboracion Arco de Rayne. Saudos ElviraConversa con mi 23:20, 10 xaneiro 2008 (UTC)
Saúdos
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne. Tiña pendente saudarte e agradecerche que continues axudando a acrecentar este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:14, 10 febreiro 2008 (UTC)
Pois a verdade é que temos un pequeno lío. Así, por exemplo temos Categoría:Escritores de Galicia, pero temos Categoría:Pintores galegos ou Categoría:Personalidades da política de Galicia (que como pertence á ponla da política pensei que por coherencia os demais tíñanse que semellar). Seguramente haxa que ir á taberna e que a xente diga que xeito prefire para categorizar, e a partires de aí seguir ese modelo. As páxinas mudaríanse de categoría mediante bots. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:33, 1 marzo 2008 (UTC)
Cousiñas
[editar a fonte]Ola, Arco de Rayne. Parabéns polos traballos dos últimos días. Estás facendo un gran número de edicións atinadas e necesarias. Quería facerche só un par de comentarios:
- Consulta Wikipedia:Wikiproxecto Papas, porque che pode servir de axuda.
- Hai cousas que podes facer directamente ti. Está ben que as expliques na páxina de conversa, ou no resumo, os motivos pero podes tomar ti algunhas decisións. Non teñas medo de trabucarte. Cando o fagas, que algunhas veces pasa, xa haberá tempo de dar a volta, ;) --Xabier Cid 16:22, 2 marzo 2008 (UTC)
Fernández de Mesa
[editar a fonte]Ola, Arco de Rayne... Pisámonos un pouco ao facer os trocos sobre Fernández de Mesa. Síntoo. Borrei a afirmación do usuario anónimo da páxina de conversa porque contén informacións que son acusacións graves. Non debemos deixar eses comentarios sobre terceiros, tampouco nas páxinas de conversa. Porén, engadín o marcador de 'cómpre referencia' ao do título de enxeñeiro, aínda que esixirlle unha referencia a un título de alguén en concreto non é algo completamente neutral. Non sei, sobre isto último teño as miñas dúbidas. Un saudiño. --Xabier Cid 17:28, 4 marzo 2008 (UTC)
Pequena reprimenda
[editar a fonte]Ola, Arco de Rayne. Fixeches moi ben borrando esa ligazón da web de Olivenza. Pero non debes facer ese tipo de valoracións nos resumos, porque poden levar a crispacións innecesarias: cando nos acompaña a razón, e neste caso ti lévala toda, debemos ser un pouco máis delicados. ;) Pero parabéns polo traballo destes últimos días (e o de hoxe tamén). ;) --Xabier Cid 20:46, 6 marzo 2008 (UTC)
Semanas da calidade
[editar a fonte]impresionado polo teu bo facer, recollo a testemuña do Especial:Shortpages. Parabéns, e a seguir así. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 23:08, 7 marzo 2008 (UTC)
Olivença e Gibraltar
[editar a fonte]Compara Olivença e Gibraltar? Bem. Pode incluir a canção que queira, desde que esteja na rede e se possa ouvir. Obrigado. --Ibérico 09:11, 9 marzo 2008 (UTC) Não faz mal. Obrigado. --Ibérico 15:24, 10 marzo 2008 (UTC)
Galeusca
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne ! Fixen o que me pareceu ben e fixen informe en Conversa:Galeusca. Poño tamen unha mesaxe a cada usuario que participou. Esi en espera, dalle tempo os usuarios e os interwikis estan correctos. Saudos ElviraConversa con mi 00:55, 11 marzo 2008 (UTC)
conclusións das semanas de calidade (I)
[editar a fonte]buf! agora que o vexo desde dentro, saco o chapeu ante a túa proposta da semana de calidade de mellorar os artigos pequenos. Agora maiormente estou buscando interwikis para as páxinas de homónimos, pero tamén hai que pór caixas de parroquias, eliminar moitos artigos, mandar outros para o diccionario...
xa queda pouco, e espero que alguén recolla a testemuña, porque unha semana está ben, pero máis xa cansa. Coñeces as cidades hititas e as illas de Tuvalu e os periódicos galegos do século XIX, pero esgota un pouco.
Seguimos traballando! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 08:59, 12 marzo 2008 (UTC)
o galego e o usuario iberico
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne ! Vexo que tu e Alberte andades co Usuarion Iberico. Pareceme oportuno que xa hubo explicacios co usuario, ver a sua paxina de conversa Conversa Usuario:Ibérico, e a de Prevert e a miña nas mismas tmporadas. Saudos ElviraConversa con mi 12:18, 17 marzo 2008 (UTC)
Resultado votación fusión Galicia-Galiza
[editar a fonte]Hola
Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.
Saudos Miguel.lima 12:05, 19 marzo 2008 (UTC)
Castelanismos
[editar a fonte]Ola, Arco de Rayne. A verdade é que me resulta moi complexo axudarche nesa cuestión. Se ben o concepto castelanismo parece claro nas distintas fontes, non o é tanto determinar qué cousas son castelanismos e cales non. Póñoche un exemplo clásico, vasoira e escoba. Todas as fontes teñen máis ou menos claro que vasoira é unha palabra patrimonial que designa un obxecto para varrer composto por unha xesta e unha vara, obxecto que patrimonialmente en español se denominaba escoba. Cando se comezou a fabricar un obxecto de forma e materiais diferentes pero que tiña a mesma función, en español estenderon o campo semántico, e consideraron que a de xesta e a de plástico eran a mesma cousa. Porén, en galego recollemos o empréstito léxico (escoba) pero mantivemos os campos semánticos á parte: para nós eses obxectos non son o mesmo obxecto. Hai prodúcese un castelanismo léxico. Pero anos despois, os linguistas entenden que é necesario mudar ese castelanismo (consideran que, ademais de ser castelanismo, é incorrecto), e cometen outro castelanismo, neste caso semántico: deciden que o obxecto de xesta e o obxecto de plástico son o mesmo obxecto, criterio copiado do español.
É dicir: catelanismo é calquera influencia do español, en calquera nivel, sexa esta incorrecta ou correcta conforme a norma posterior. Determinar cando entra unha palabra e por onde entra é tarefa de etimólogos e historiadores da lingua, e un proceso demasiado arduo para despachalo en dúas patadas (entre outras cousas, habería que saber cando empezan a empregarse as palabras vasoira e escoba en galego, e referidas a que, e despois determinar se ese escoba entra no galego a través do provenzal, do español, do latín, etc.). E estamos a falar dun exemplo clásico e bastante claro. Outra cousa é que entendamos que "castelanismo" é unha palabra incorrecta en galego por proceder do español: iso non é correcto, pero ademais é bastante difícil de referenciar. Existen algúns dicionarios de "dúbidas" que se encargan destas cuestións, pero tampouco son precisamente biblias no tocante á confiabilidade; en todo caso, se ben poden ser fiábeis no que respecta ao grao de corrección, non o son, en absoluto, con respecto á etimoloxía. --Xabier Cid 13:19, 19 marzo 2008 (UTC)
- Non sei se me entendeches... Ti preguntáchesme se "render contas" era un castelanismo, e eu quixen responder que nin idea, que esa é unha pregunta difícil, das máis difíciles que se poden formular. Se a pregunta fose se "render contas" é incorrecto, habería que acudir a algunhas fontes, entre elas o dicionario da RAG, aínda que non é unha ferramenta demasiado fiábel. Das cousas que dis hai unha que me gusta especialmente: estes son debates pra especialistas. Efectivamente. A pesar de que calquera con un curso de iniciación e perfeccionamento se atreve a ir por aí sinalando palabras como castelanismos (como se fosen termos apestados), debemos tentar ser unha miga serios nesa cuestión, que como tamén dis, non ten que ver co grao de corrección ou incorrección. :) --Xabier Cid 17:18, 19 marzo 2008 (UTC)
Feita a corrección de rasgo a trazo. Foron unhas 100 páxinas; pódelas ver aqui. Un saúdo, --Xosé (✉) 10:59, 21 marzo 2008 (UTC)
Obrigado
[editar a fonte]Olá! Estou muito obrigado com você pela bem-vinda. Tentaré fazer um pouco de tudo. Gracias, de nuevo, y al menos haré alguna traducción pequeña del gallego al castellano o colocaré interwikis. Saludos, --Góngora 23:51, 31 marzo 2008 (UTC)
Cecilia
[editar a fonte]Grazas pola túa colaboración. Se queres algo de Narón ou comarca, xa sabes.--PepedoCouto 15:28, 1 abril 2008 (UTC)
- Aquí é onde vén a información de como propoñer o borrado dunha páxina. Se prefires que o faga eu, dimo que non teño problema. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:30, 5 abril 2008 (UTC)
Topónimos estranxeiros
[editar a fonte]Ola, Arco de Rayne. Como aquí onde vivo eu está nestes momentos nevando, respondo, aínda que sucintamente:
- Non é que haxa desacordo xeral. Algunhas persoas estamos en desacordo con esa fonte utilizada.
- Esa fonte utilizada non é a única existente, pero é a única dispoñíbel. Hai outras fontes auxiliares, como a que eu esgrimín pra defender Moldovia e non Moldova, pero moi incompletas; na decisión de seguir unha é interesante o aspecto de que sexa accesíbel a todo o mundo, e que ademais sexa bastante completa.
- Non hai ningún bo catálogo. Todos os catálogos que hai, ou case todos, son reelaboracións do publicado por Benigno Fernández Salgado no seu día, en papel [1], e que hoxe é practicamente ilocalizábel.
- As preguntas que responden os servizos de normalización son puntuais. Ou sexa, non teñen en conta solucións globais, nin problemas colaterais (no caso concreto de abkhazia, hai primeiro que decidir como se representa en galego o fonema kh, logo como se representa o ese sonoro, logo ver que criterios seguimos para a romanización do cirílico, e finalemente adoptar unha postura común ante linguas "menores", é dicir, que importancia lle damos a como os abghasos escriban o nome do seu país). Desta maneira, é moi probábel que se realizamos esa consulta hoxe mesmo o resultado sexa Abhasia. Ou Abghasia. Ou calquera outro. Á fin e ao cabo, aquela resposta veu copiando da EGU... pero en base a que criterios alguén na EGU lle chamou a aquilo Abkhazia?
- Despois de pelexarme bastante contra a miña conciencia, e sabendo algo minimamente de lingüística pra decatarme de que ese catálogo está inzado de problemas (aínda que discrepo un pouco co de Wáshington, porque aí teríamos que ter en conta máis cousas, como por que acentuamos París, e cámping, pero non footing), creo que o mellor é seguilo cunha certa deportividade: nalgún momento alguén publicará outro traballo sobre iso que sexa realmente bo, e que nos obrigará a mudar milleiros de artigos. Pero non se me ocorre ningunha solución mellor, e o que é peor, máis coherente.
O que che aconsello é pacencia e despreocupación. O importante neste caso é o contido, e non o nome, que necesariamente haberemos de mudar, un día. --Xabier Cid 19:27, 6 abril 2008 (UTC)
Os tops das wikipedias
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne ! Gustame moito o proxecto da túa páxina. Si queres que me comprometa a empezar algúns dos artigos, dimo e podese notar na tua páxina o nome do usuario comprometido frente o artigo vermello. Eu podo tres ou catro. Saudos ElviraConversa con mi 19:51, 10 abril 2008 (UTC)
- Grazas ati, sempre que teñas algunha dúbida non dubides en preguntarme o que queiras, para iso estamos.--Hugo22 14:48, 13 abril 2008 (UTC).
Charlas en Ordes
[editar a fonte]Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. -- Sobreira (parlez) 22:05, 15 abril 2008 (UTC)
Perdoa
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne ! Perdoa polo do artigo Xeografía do Brasil ! Ando de presa e fago mal ! Saúdos ElviraConversa con mi 21:59, 17 abril 2008 (UTC)
Mars Polar Lander
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne ! Mars Polar Lander é un artigo nas outras wikis : es:Mars Polar Lander fr:Mars Polar Lander, eu retiraria "lixo". ¿Que che parece ? Saudos ElviraConversa comigo 18:38, 21 abril 2008 (UTC)
I.P.
[editar a fonte]ola!
analizando o temario dos vandalismos (e algunhas edicións boas) feitos desde esa IP, cheguei á conclusión (quizais errada, claro!) de que é unha IP de varios centros. Agora non lembro cal era, pero cando souben que desde o meu tiña esa IP, dixen "anda, a mesma que tal outro".
Persoalmente, non creo que desde o meu (Príncipe Felipe, de Pontevedra) se fagan moitas edicións. O acceso á rede está bastante restrinxido, e coa idade media da xente non creo que se adiquen a vandalizar.
Non che sei. Non podo chegar a ningunha conclusión, pero en calquera caso, felicítoche por preocuparte polo asunto. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:14, 23 abril 2008 (UTC)
Páxina de usuario
[editar a fonte]Grazas por desfacer o vandalismo na miña páxina de usuario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:21, 25 abril 2008 (UTC)
- Non podo falar por estes días porque non estiven atento, polo xeral é unha tendencia nos wikis que a medida que se popularizan aumentan os vandalismos e esa actitude semella contaxiosa. Por outra banda basta con que algún dos que desfan os vandalismos estea menos activo para que sexan máis visibles ou aumenten. Nalgúns wikis xa ensaiaron algunhas estratexias para contrarestalos ou facelos menos dañinos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:55, 25 abril 2008 (UTC)
Artigo Francia
[editar a fonte]Ola Arco de Rayne ! Revisei a tua tradución porque levaba erro no sentido, maís non estara en boó galego. Non dubides en pedirme explicacións. Sen ser especialista conozo a constitución francesa é por iso que poño explicaciós complementarias a traducion en forma de notas. Xa se vera ao final si son utiles para un lector da Galipedia. É colaborando que se adianta na calidade. Saúdos ElviraConversa comigo 20:34, 28 abril 2008 (UTC)
ecoespazo, si
[editar a fonte]Tes toda a razón. Doume tres capóns e corrixo o erro. Pedro --Lameiro (conversa) 15:53, 3 maio 2008 (UTC)
Europa Oriental
[editar a fonte]Quixen mover tamén Europa oriental a Europa Oriental pero tampouco me deixou, xa que xa existe unha paxina chamada así.--Hugo22 19:36, 4 maio 2008 (UTC)
- Xa o fixen eu. Era necesario ser administrador para realizar a tarefa, xa que era necesario eliminar o redirect para facer sitio. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:02, 4 maio 2008 (UTC)
Xosé María Cao
[editar a fonte]parabéns polo traballo de investigación. Sendo así, marcador de {copyvio}, ou procuro re-redactalo? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:22, 13 maio 2008 (UTC)
Parabéns
[editar a fonte]Non che dou os parabéns tanto como debera, pero non creas que por iso o teu fantástico traballo me pasa desapercibido. E creo que podo falar por boca de moitos e moitas. Un saudiño. --Xabier Cid 12:24, 18 maio 2008 (UTC)
1822
[editar a fonte]Hei leido a túa referencia.
É estraño iso que conta. A Gaceta de Madrid do martes 16 de outubro de 1821, publica a aprobación das novas provincias (entre elas a do Vierzo (sic)). O 27 de xaneiro de 1822, por Decreto das Cortes, O Bierzo pasa a ser provincia con capital en Villafranca del Bierzo. Talvez ao que se refira é ao seguinte: Por atraso na súa aprobación, a provincia non participa na elección de Deputados a Cortes na lexislatura de 1882-1823 pero se tivo en conta na dotación da súa Deputación e na do Xefe Político a partir de marzo de 1822.
Existen actas emitidas, acordos tomados,discusións en Cortes tras a súa disolución, discusos, celebracións,... multitude de datos que contradin esa referencia que, non se moi ben en que se basea.
Desde logo a Gaceta de Madrid (o B.O.E. da ápoca)é referencia suficiente nte a que non cabe discusión.--FCPB 15:34, 19 maio 2008 (UTC)
- Se se chego a publicar o Decreto de Cortes (exactamente o 27 de xaneiro de 1822).
- O 5 de maio establécese a deputación, con presenza dos Deputados e o 3 de agosto elíxense os xurados.
- En ningunha das actas que consultei figura "goberno provisional" senón "goberno provincial" (elixidos os deputados con carácter permanente, nunca provisional).
- Non entendo que significa provisional. Se o Decreto foi publicado (aí está a data) e os deputados asumiron o goberno normalmente non vexo a provisionalidade.
- Outra cousa moi distinta é que por Decreto de 1º de outubro de 1823 decláranse nulas todas as actuacións do Goberno constitucional e a división provincial déixase, a partir dese momento en suspenso (xa que logo foi efectiva con todas as súas consecuencias).
- Outra cousa son a provisionalidade dos seus límites, que non da provincia, que non puideron ser discutidas en Cortes ante a ameaza absolutista.
- E é tras a invasión francesa de 7 de abril de 1823 cando por parte do IV Exercito só a Provincia do Vierzo e Galicia ofrecen resistencia a Bourke ás portas do Bierzo.
- Comproba que efectivamente nesa data publicar ese decreto.--FCPB 18:38, 19 maio 2008 (UTC)
- Ciertamente él Decreto de 27 de enero de 1822 habla de división provisional de él territorio español, pero creo que debemos matizar lo que significa provisional.
- Aplicandolo la lana provincia de él Vierzo se entiende que tenía un caracter provisional, el sea, que el iba a perdurar en él tiempo (es lo que se entiende) cuando lo que era provisional eres el Decreto, el cual necesitaba para ser definitivo de una Ley de mayor rango.
Lana división era provisional en él hondo, sino en lana forma. Lo correcto eres decir que él decreto tenía caracter provisional faltando él refrendo de una Ley de rango superior exigida por lana constitución, pero lana voluntad de su permanencia en él tiempo y de lana en el provisonalidad de lana división eres obvia, otra cosa eres que los sucesos posteriores, extraordinarios, lo impidieran.
Creo que debemos ser muy exactos en estos puntos. Ya ves los sus más y sus menos de interpretación que nos han supuesto y observo que tienes buen conocimiento de lo que hablas. Te supone que lo líe alguien que en el conoce él contexto político. Al tratarse de una enciclopedia creo que concidiras conmigo en lana necesidad de ser muy exacto y evitar interpretaciones sesgadas, que por desgracia suelen ser habituales.--FCPB 11:57, 20 maio 2008 (UTC)
- Perdoa pola ortografia e a redacción o meu galego non é nada bo e me lio ao escribilo.
- Parece que estamos falando dos mesmo pero non son cpaz de facerme entender.
- A división é provisional. Certo.
- Por que é provisional?
Pode ser por dúas razóns:
- 1ª Porque é unha solución provisional da que non hai vontade que continuei.
- 2ª Porque é necesario que se referende cunha Lei de rango superior.
- Parece o mesmo pero non o é.
- Obviamente a que procede neste caso é a segunda. Só impedida a súa aprobación por feitos extraordinarios.
- Os decretos se teñen carácter provisional ou non. Provisionais son os Decretos Lei que necesitan ser referendados polo parlamento.
- Por suposto que non existe a figura de Decreto Provisional (que eu saiba) pero a lei a de ser interpretada e o carácter con que se emite unha Lei impregna a súa titulo.
- Imos ao importante.
- Se eu leo iso entendo que esa división non ía perdurar no tempo.
- Tampouco lle vou a dar máis voltas. Se o queres así tampouco vou insistir. Pero ten por seguro que se pode interpretar erroneamente e de feito será o máis probable. O que non podo darche é referencias, xa que non é iso o que pido, senón que se complete a referencia aclarando o que significa esa provisionalidade.
- Pecar de puntilloso pero o prefiro a deixar un interrogante.--FCPB 22:04, 20 maio 2008 (UTC)
Hoax
[editar a fonte]Ola, Arco de Rayne. O perfil do usuario é moi problemático. Xa temos nós conta del. Pasa de discutir (consello).
Por certo, habilita o correo, anda, :) Un saudiño, e parabéns polo traballo. --Xabier Cid 19:47, 21 maio 2008 (UTC)
risoterapia
[editar a fonte]bo día! alegráchesme a mañá, meu!
repasando as miñas conversas, vin unha mensaxe que me deixaras con algo que me pasara desapercibido. Dixeras, referíndote a unha serie de edicións feitas desde unha IP de varios institutos, que puidera ser utilizada por "un dos meus alumnos". buaaaa!!! que bo!! Eu dando clase! Non oh! aínda estou en idade de aprender. En todo caso sería "un dos meus compañeiros" ou mesmo "un dos meus profesores"...
boeno. Xa pasou. Un saúdo. Seguimos a lernos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:13, 22 maio 2008 (UTC)
O Grove
[editar a fonte]Habelas, hainas (referencias), Arco de Rayne. O caso é atopalas. Á marxe do que poida engadir o usuario Shotokan para referenciar esas disputas, eu só podo engadir que efectivamente existen -máis ben existiron ata hai uns poucos anos- e que a Comisión de Toponimia concluíu nun informe, que terei que buscar porque si que o teño por algures, que a escolla da forma O Grove era a máis coherente, sendo tódalas demais variantes non admisibles na situación actual das cousas. Ese informe da Comisión non acabou coa discusión, como era natural, e segue habendo xente que se mantén na forma Ogrobe (o BNG local [2], por poñer só un exemplo). O de "Ogrove" semella unha postura intermedia e non sei que ninguén a use, se non consideramos a contracción "O'Grove", que tamén se pode ver. Pedro --Lameiro (conversa) 15:35, 26 maio 2008 (UTC)
Fontes
[editar a fonte]Desculpa por cambiar o das fontes en Andrés Torres Queiruga, se o fixen foi por coherencia co resto dos artigos da Galipedia. En ningunha das biografías que teño visto, aparecen como tales as Fontes. En todos os artigos aparece sempre: Véxase tamén, cos seus apartados: Bibliografía, onde aparecen as fontes escritas e Ligazóns externas, onde se poñen as fontes da rede. Pero se ti consideras que neste caso debe ser así, pois ben. Un saúdo. Encantado de wikipediar contigo.--Xas (fálame) 14:32, 27 maio 2008 (UTC)
Moitas grazas polas tuas aclaracions--Carronada 19:36, 1 xuño 2008 (UTC)
Re: Parroquias de Galicia
[editar a fonte]Grazas polo aviso. Pasareime por alí. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:51, 3 xuño 2008 (UTC)
Grazas
[editar a fonte]Grazas por andar aí desvandalizando as páxinas que foron atacadas hoxe. Aproveito para felicitarte polo teu bo e completo traballo de cración de artigos, engádega de referencias, participación en conversas... Moi bo traballo, un saúdo. AlberteSi, digame? 20:07, 6 xuño 2008 (UTC)
Melón
[editar a fonte]Borrado, logo, do artigo Melón ó estar xa na páxina que indicas. Pero entón ¿non botas en falta unha ligazón (en "véxase tamén") que leve desde cada concello á súa páxina electoral? ¿hai algunha páxina á parte á que interese ligar desde as páxinas dos concellos? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:11, 8 xuño 2008 (UTC)
Bot
[editar a fonte]Ola! En Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#WikiDreamer Bot comentaches que agardabas a dar o voto para comprobar se o bot facía un bo traballo nesta e noutras wikipedias. Simplemente lémbrocho para que non esquezas que o tes pendente, e como pasou certo tempo xa prefiro comentarcho por se acaso o esqueceras. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:09, 11 xuño 2008 (UTC)
God Save the Queen
[editar a fonte]Moitas grazas pola información. Un saúdo! --GallaecioE logo? 14:18, 13 xuño 2008 (UTC)
quen demo
[editar a fonte]quen demo é o tipiño este jacques prevert--Martinho12 20:29, 20 xuño 2008 (UTC)
cabras
[editar a fonte]O caso é que ese "egagro" só está en "Asia menor, Caucaso y algunas islas del Egeo", así que non vai ter nome galego, evidentemente. As outras denominacións (cabra bezoar ou cabra salvaxe) teñen tantos "méritos" coma a de "egagro", que non debe ser outra cousa que o nome castelán, supoño. O que non comparto contigo é que "cabra" redirixa a "capra". Habería que deixalo libre para cando se cre o artigo dedicado á cabra doméstica, "cabra" a secas. Os artigos doutras cabras deberán leva-lo apelido que lles toque. E probablemente, este artigo "capra" debera chamarse "caprinos", xa que Caprinae é a subfamilia á que pertencen, pero nisto non estou moi seguro da opción correcta. Pedro --Lameiro (conversa) 14:59, 22 xuño 2008 (UTC)
- A verdade é que a familia Bovidae comprende diferentes subfamilias, entre elas os Antilopinae (gacelas e antílopes enanos), Caprinae (cabra, ovella, rebeco, muflón) e Bovinae (bois, bisontes, búfalos, certos antílopes). Isto quere dicir que tampouco nos valería "caprinos", xa que inclúe as ovellas, entre outros. Aínda que tampouco hai por que poñerse tiquismiquis e non pasaría nada se creamos artigos colectivos para caprinos (=cabras) e ovinos (=ovellas). Pedro --Lameiro (conversa) 15:04, 22 xuño 2008 (UTC)
- Entón, de acordo. Deixamos "cabra" para a cabra doméstica normal e corriente (o de "doméstico" non me parece necesario incluílo no título, o mesmo que non poñemos "can doméstico", "vaca doméstica", etc. Deixamos "caprino" para un artigo xenérico da subfamilia Caprinae (no que comprirá explicar que se aplica habitualmente só ás cabras, como sinónimo de cabrún). E deixamos, por agora, os nomes de "egagro", "ibex" e outros mentres non apareza un referente de nomes galegos para especies foráneas, como o hai de aves e de especies mariñas. ¿Vale? Se é que si, quedará para despois de face-lo dos atúns; se é que non, seguimos dándolle voltas. Pois un saúdo e ata a noite. Pedro --Lameiro (conversa) 15:24, 22 xuño 2008 (UTC)
- Curioso, pero o certo é que aínda que "montés, -esa" sexa adxectivo e o lóxico sería esperar "cabra montesa", na web podes ve-lo alto número de aparicións nun e noutro xénero. No Xerais dáo como "cabra do monte/cabra montesa"; no Ir Indo: "cabra montesa"; no da RAG, aínda que a entrada é "montés, -esa", os exemplos que dá son "gato montés, cabra montés". O "Diccionario Panhispánico de dudas" só recolle "montés" e explícao así: "En el uso culto general es adjetivo de una sola terminación, válida para ambos géneros. 'El bucardo o cabra montés...'. Es poco frecuente el uso del femenino específico 'montesa'". San Google non parece confirmar iso de que sexa "pouco frecuente", pero xa ves que o número de "cabra montés" é significativo (56.400) fronte a 22.000 de "cabra montesa". Seguindo todo este razonamento, eu quedaríame co masculino. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:25, 22 xuño 2008 (UTC)
- Entón, de acordo. Deixamos "cabra" para a cabra doméstica normal e corriente (o de "doméstico" non me parece necesario incluílo no título, o mesmo que non poñemos "can doméstico", "vaca doméstica", etc. Deixamos "caprino" para un artigo xenérico da subfamilia Caprinae (no que comprirá explicar que se aplica habitualmente só ás cabras, como sinónimo de cabrún). E deixamos, por agora, os nomes de "egagro", "ibex" e outros mentres non apareza un referente de nomes galegos para especies foráneas, como o hai de aves e de especies mariñas. ¿Vale? Se é que si, quedará para despois de face-lo dos atúns; se é que non, seguimos dándolle voltas. Pois un saúdo e ata a noite. Pedro --Lameiro (conversa) 15:24, 22 xuño 2008 (UTC)
alfabeto grego
[editar a fonte]Efectivamente non existe unha letra heta como tal nin é lícito dicir que sho é unha letra do alfabeto grego sen máis. Este artigo comezárao eu, se non recordo mal, hai xa un tempo e deixárao só a medias coa idea de completalo despois, pero aí quedou... a ver se un ano destes o dou completado. Polo momento creo que o máis adecuado sería revocar a edición á que te refires e que o que a fixo, se quere, redacte mellor o que quere dicir. Un saúdo--Servando2 (Dime) 00:09, 27 xuño 2008 (UTC)
Lugares de Redondela
[editar a fonte]Ola Arco, estiven ollando a páxina de Redodnela na que participei e tentei cambiar a parte de lugare de redondela. Algunhas seccións de Lugares de Redodela elimineinas e outras refíxenas tentando non cometer o mesmo erro que o galipedista anterior. Non sei se serán suficientes para retirar o Copyvio ou se están ben realizados eses cambios. Saúdos --Tommyhilfiger 12:06, 27 xuño 2008 (UTC)
Fontes primarias
[editar a fonte]Vin que moveches a páxina de Futa Xalon, con bastante bo criterio. Pero o argumento que usas, o de que a wikipedia non é fonte primaria, non é moi válido nesta ocasión. ;) Por esa razón, poderiamos chegar á conclusión de que como non hai ningún texto en galego que fale desa zona non podemos facer o artigo na wikipedia porque calquera nome que lle deamos (Djalon, Jaloo, Xalon ou o que sexa) estará convertendo a wikipedia nunha fonte primaria, ;) Saudiños. --Xabier Cid Conversa 16:44, 29 xuño 2008 (UTC)
- A ver, non estaba discutindo a túa decisión, que me parece axeitada, senón que recorreses ao argumento da fonte primaria. Obviamente a wikipedia non pode ser fonte primaria, pero o certo é que cando falamos de escribir e empregar palabras en galego a wikipedia é en moitos casos a primeira fonte, tanto se escolle unha forma como se escolle outra. Neste caso estamos a falar dunha rexión física, non política, polo que non existe nin pode existir un "nome oficial": escollemos na wikipedia a forma francesa, a forma pular (que se desprende como recomendada en galego cando examinamos os criterios que están por baixo de Elxe ou Eivisa, por exemplo), ou facemos unha forma galega que se axuste á pronuncia que é o criterio que subxace á maioría dos ensaios de galeguización de exotopónimos de rexións físicas? Creo que pode haber argumentos que sosteñan unhas e outras formas, pero o de que a wikipedia non pode ser unha fonte primaria non é un deles. Pero xa che digo que estou de acordo con que moveses a entrada. --Xabier Cid Conversa 17:15, 29 xuño 2008 (UTC)
Grazas
[editar a fonte]é un pracer colaborar, e mentres teña tempo ei de facelo.
Grazas
[editar a fonte]é un pracer colaborar, e mentres teña tempo ei de facelo. --Martinho12 19:26, 30 xuño 2008 (UTC)
Óscar Pereiro
[editar a fonte]vaia hom; íache escribir agora sobre iso... Pois xa non sei a quen animar agora no Tour... Saúdos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:02, 2 xullo 2008 (UTC)
alfabeto grego
[editar a fonte]Prometo facelo, pero xusto marcho mañán de vacacións e vou estar descolgado. Xa hai tempo que lle quería meter man a ese artigo, pois está moi incompleto e confuso. Terá que esperar pola miña parte, síntoo. --Servando2 (Dime) 23:33, 2 xullo 2008 (UTC)
Graciñas
[editar a fonte]Gracias por corrixilo, tiña bastante confusión co do frisón pero non atopaba o enlace entón pensei que sería o frixio.
Correccións?
[editar a fonte]- Agradezo a túa revisión, pero non comprendo por que eliminas todos eses datos, a miña idea é seguir ampliando a biografía, con datos tanto persoais como da súa obra, os datos entre outras fontes, son sacados do libro de Don Ramón Otero Pedrayo "Vida do Doutor Don Marcelo Macias e Garcia" Ed Monet 1943, rógoche explíquesme a causa para non cometer erros.--Rafa Salgado 09:43, 14 xullo 2008 (UTC)
- Ola ! Votaches eiqui para o borrado do artigo Lista de Universidades de España. Informoche que cambie o contido do artigo para que concorde co titulo e con regras que penso son aceptabiles pola Galipedia. Ando avisando todos que votaron para pedirvos si mudais o voso voto co contido actual. Polo momento puxen as ligazóns interwiki no noso artigo, per non fun pór o nosa artigo nas outras wikis. No caso que se manteña o borrado, non me parecera mal, fixen o que puiden porque me gusta ter artigos sobre as universidades, e nise caso poís repasei os meus coñocementos sobre as universidades españolas, faltan algunhas e persoalmente descubrín cousas. Si se conserva o artigo, ainda amañarei un pouquiño. Saúdos e grazas pola atención ElviraConversa comigo 12:45, 17 xullo 2008 (UTC)
Tomiño
[editar a fonte]Dou por seguro que se Banjo borrou o artigo ben borrado está, e se agora ti o explicas, máis razóns para o borrado e non teño ningunha obxección. Só quixen desface-lo erro de crer que tomiño era un castelanismo e que a forma galego era tomentelo (Teño unha herba na horta, que lle chaman tomentelo...). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:06, 25 xullo 2008 (UTC)
Re
[editar a fonte]xa fixen unha caste de proposta na Taberna, a ver se a podes arranxar un pouco. -- Norrin_strange (Fala-me) 11:20, 26 xullo 2008 (UTC)
O dicionario "completo" de Servando está publicado, pois por iso especifiquei o ISBN. Eu xa o tiven nas miñas mans pero non sei da súa distribución. Seguramente apareza no catálogo do ISBN do ministerio. Usuario:Sobreira
Vin que falabades deste dicionario. Tíveno nas mans e merquei un exemplar por razóns profesionais. Así a primeira vista non parece unha obra demasiado contemporánea. Tedes algunha curiosidade con el? --Xabier Cid Conversa 15:41, 4 agosto 2008 (UTC) Home, non me gustaría deixar escrito aquí un comentario sen o debido fundamento. :) Quizais o mellor é que vaias a unha librería, lle deas un vistazo e saques conclusións. Eu sei que nunha coñecida libraría da zona vella de Santiago o teñen, pois aí foi onde o eu merquei. Saudiños --Xabier Cid Conversa 15:48, 4 agosto 2008 (UTC)
Usuario
[editar a fonte]Grazas, é a conta global de wikimedia, que desde que a activei fai que ás veces me equivoque e entre como juanatey con maiúscula (que o meu login na wiki inglesa) non a desactivo porque é util cando entras nunha wiki estraña que che rexistre automaticamente.
Ciao --emilio juanatey(talk) 20:01, 4 agosto 2008 (UTC)
Arco de Rayne
[editar a fonte]A ligazón xa estaba antes, non sei cal foi o motivo porque alguén a quitou, pero te aseguro que non nada que ver con publicidade nin moito menos.
E son o administrador da páxina.
Dacordo
Graciñas
[editar a fonte]Agora estou con outro asunto e teño moitísmas dubidas, xa falaremos mais adiante. gracias de novo pola túa axuda
Basse Terre
[editar a fonte]Graciñas por avisar do meu erro. Precipiteime ó ver que os artigos tiñan unha dimensión similar e que compartían imaxes. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 13:41, 8 agosto 2008 (UTC)
Ola!!
[editar a fonte]Podes borrar o artigo Petra, España. Decateime de que xa existe. Grazas --Martinho12 15:12, 11 agosto 2008 (UTC)
Biografía de Mercedes Castro
[editar a fonte]Hola, soy soy Uxía69, el que ha hecho la entrada sobre la escritora Mercedes Castro. No sabía que no se podían traducir biografías que están abiertas al público y a los medios, como son las de las editoriales. Todos los periódicos lo hacen, he leído en decenas de artículos de periódicos la misma biografía que aparece en la web de Alfaguara y en la solapa de su libro, y dudo mucho que hayan pagado derechos. De todas formas, tienes toda la razón, no tengo ningún problema en redactar y cambiar por completo las palabras, frases y el tono de su biografía y hacerla completamente diferente. Eso sí, me hubiese ayudado sobremanera que no la hubieses borrado de un plumazo toda la entrada y que por lo menos me hubieses dado unos minutos o una hora para haberla redactado de forma diferente. Si devuelves la entrada original te doy mi palabra que en una hora o menos cambio por completo el sentido y la redacción de su entrada.
Gracias y perdón por las molestias Un saludo --Uxía69 15:30, 17 agosto 2008 (UTC)
Nova biografía de Mercedes Castro
[editar a fonte]Envíote a nova biografía de Mercedes Castro, que xa non se semella en nada á da editorial Alfaguara. A autora escribe tanto en galego como en castelá, teño nas miñas mans a antoloxía poética de Rosalía de Castro (Edaf, 2004) e tanto o prólogo como a introducción como os poemas están redactados e traducidos tanto en galego como en castelán pola propia autora sen mediar traducción por parte de ningún outro traductor que non sexa ela. Tamén teño reseñas de prensa e entrevistas nos que ela fala en galego e descríbese como unha autora galega, e artigos e recortes de xornais como “La Voz de Galicia” que informan de que ela gañou numerosos concursos literarios autonómicos e provinciais con poemas ou contos escritos en galego.
Saúdos. --Uxía69 10:00, 18 agosto 2008 (UTC)
Terra Galega
[editar a fonte]Non sei cómo dicircho. Eu creo que esa frase non é neutral e que a referencia é interesada. Pero ti levas demostrado sempre moi bo criterio, polo que debo acepta-la túa reversión. Os meus razonamentos son os seguintes: esta Terra Galega é un exemplo claro (non é o primeiro nin será o último) de liortas internas nun partido para facerse co poder e, sen saber nin querer saber quen ten a razón, se o Pablo Padín ou o Xoán Gato, facernos eco desas historias non cabe no que eu vexo enciclopédico. Nin de lonxe. A frase que recuperas afirma dúas cousas: primeira, que "Xoán Gato anunciou a súa intención de impugnar o Congreso", e creo que a Galipedia debe recoller feitos, non proxectos, ideas, anuncios (outra cousa sería o resultado que se produza desa impugnación, cando se produza); e segunda, que "o 90% da militancia apoia a Xoán Gato como líder do partido", afirmación esta baseada no artigo de Xornal Galicia que indicas, que acabo de ler e que semella talmente un comunicado procedente deste home (ou do seu sector), e de aí que o califique de referencia interesada. ¿Quen pode saber cantos o apoian e que porcentaxe representan salvo o propio interesado? ¿É neutral unha información publicada se procede dunha fonte á que o interesa que se publique? Quero dicir que, ó meu entender, o feito de que algo estea publicado non o converte automaticamente en referencia válida. Bueno, Arco, iso é o que penso e agora, borra ou deixa, ó teu criterio. Fagas o que fagas, ben feito estará, estou seguro. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 23:18, 21 agosto 2008 (UTC)
- Outra cousa, Arco. O pasado 8 meteches como ligazóns externas as webas de http://www.terragalega.es de Pablo Padín (que dis "inactiva") e maila de http://www.terragalega.org de Xoán Gato. A min me dá ó revés: a web .es é a activa e a .org non se abre. Coompróbao por se hai algún erro no enderezo. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 20:29, 22 agosto 2008 (UTC)
- Non é firme, non houbo tempo aínda. A noticia da Voz, que volveu saír onte martes (px. 5) di que "el juez aceptó suspender de forma cautelar la renovación de cargos de hace un mes. El otro sector aún puede recurrir. El próximo capítulo aún está por escribir". Vou poñer no artigo o de "forma cautelar". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:34, 27 agosto 2008 (UTC)
Quería falar contigo respecto deste artigo. O 6 de marzo deste ano editáchelo para contextualizalo e aplialo (moitas grazas :D), pero agora xurdiume con motivo da túa edición unha dúbida respecto do artigo, pois ti afirmas que a segunda edición se celebrou en Miami. Á hora de categorizalo non sei se dicir que o acontecemento ten lugar nos Estados Unidos, de acordo coa túa edición, ou nos Ánxeles como reza o título. E o malo é que non hai interwikis, e tampouco coñezo a fonte da información. Se me puideses facilitar polo menos a fonte que utilizaches, xa me poño eu a investigalo. Moitas grazas. Un saúdo! --GallaecioE logo? 18:59, 29 agosto 2008 (UTC)
Desculpas
[editar a fonte]A edición que fixen sobre Xesús de Nazareth foi un pouco precipitada pola miña parte, nembargantes fixen xa unha pequena nota de edición baseándome en autores e textos reais no apartado de historicidade. Grazas por avisarme, xa que estaba incurrindo no erro de non dar un dato concreto.
Nembargantes quero deixar claro que non pretendo desmontar ningunha figura histórica, somentes pretendo dar o dato concreto de que hai autores que defenden a tese de que Xesús non chegou a existir.
Domato 16:11, 1 setembro 2008 (UTC)
Domato
[editar a fonte]Se non estás de acordo en incluir unha información baseada en textos reais e con apoio dun grupo cada vez máis crecente de historiadores, facedes ben, todo o que ten que ver coa relixión se sustenta en mentiras e en medias verdades. Se os historiadores "oficiais" non se poñen de acordo nin na data na que naceu Xesús, nin se quera posúen datos 100% fiábeis da súa vida, os cales están ampliamente inventados e basados únicamente en conxeturas, e por suposto teñen o seu oco na wikipedia, ¿por qué non incluir a miña proposta?.
Un saúdo
ARRIBA O PENSAMENTO LIBRE!!! Domato 21:02, 1 setembro 2008 (UTC)
Onde andas?
[editar a fonte]Bótaseche de menos, :) --Xabier Cid Conversa 22:05, 4 febreiro 2009 (UTC)
"Dseta" (alfabeto grego)
[editar a fonte]Que opinas do comentario que deixei sobre o nome da letra ζ no artigo do alfabeto grego?--Miguelferig (conversa) 11:38, 30 de xuño de 2012 (UTC)
Daix
[editar a fonte]Boas, o artigo Daix, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 19 de maio de 2022 ás 17:30 (UTC)
Sartirana Lomellina
[editar a fonte]Boas, o artigo Sartirana Lomellina, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 30 de agosto de 2023 ás 02:16 (UTC)
Glödnitz
[editar a fonte]Boas, o artigo Glödnitz, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 21:12 (UTC)
Borjomi
[editar a fonte]Boas, o artigo Borjomi, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 12 de decembro de 2023 ás 07:57 (UTC)
Oni
[editar a fonte]Boas, o artigo Oni, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 12 de decembro de 2023 ás 08:01 (UTC)
Khairpur
[editar a fonte]Boas, o artigo Khairpur, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 15 de decembro de 2023 ás 18:29 (UTC)
Al-Xauf
[editar a fonte]Boas, o artigo Al-Xauf, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 15 de decembro de 2023 ás 18:52 (UTC)
Río Chulym
[editar a fonte]Boas, o artigo Río Chulym, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 2 de outubro de 2024 ás 18:55 (UTC)