Saltar ao contido

Conversa usuario:Lmbuga

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rógase comunicación na miña páxina de discusión de Commons

Ola Lmbuga. Vin que editaches o outro día na taberna e envieiche un saúdo despois de tanto anos. Procurarei volver envialo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18 de febreiro de 2017 ás 14:01 (UTC)[responder]

Dáslle moitas voltas ás cousas. Que a vida discorra, aquí e fóra, con tranquilidade e sen complicacións. Do resto, se se pode contribuír a mellorar, ben. Sen máis. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18 de febreiro de 2017 ás 19:45 (UTC)[responder]

categorías ¿repetidas? de escudos

[editar a fonte]

Boas tardes. A min me parece que as categorías Categoría:Imaxes de escudos en pedra na provincia de Pontevedra e Categoría:Imaxes de escudos da provincia de Pontevedra son o mesmo e, por conseguinte deberían fusionarse. Bótalle un vistazo e dime que te parece. Se cómpre fusionar tódalas imaxes podo facelo eu, sen problemas, e propoño que sexa na primeira (...escudos de pedra...). Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de marzo de 2017 ás 18:05 (UTC)[responder]

Permíteme pedirche consello cando non estea seguro de como facer as cousas, ou opinión que ratifique -ou contradiga- a que eu poida ter. Son consultas que garanten un mellor traballo. En todo caso, grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 19:04 (UTC)[responder]

RE:Étimo

[editar a fonte]

Grazas pola información, o caso é que eu deses temas pouco sei, tan só avisei a Sobreira de que eses artigos que fixera el tiñan ese marcador (que non lles puxen eu, por outra banda), por se os podía amañar xa que están na categoría "Atención". Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 23:20 (UTC)[responder]

Grazas a ti @Elisardojm:. Non dubides nunca en refacer ou desfacer o que eu puidese aportar. Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  18 de agosto de 2017 ás 23:30 (UTC)[responder]

Foto dinosaurio

[editar a fonte]

Boas Lmbuga, mirando as imaxes que tiñan tarefas por facer atopei Ficheiro:Lmbuga@yahoo.es-dinosaurio.jpg. Supoño que a tarefa pendente será poñer a descrición, pero antes de amañar iso penso que habería que revisar se hai un problema de copyvio. Supoño que esta foto é dunha escultura dunha exposición de dinosaurios, se é este o caso habería que borrala porque non se pode aplicar a liberdade de panorama, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 08:12 (UTC)[responder]

Feito, grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2018 ás 09:42 (UTC)[responder]
Grazas a ti.  Lmbuga / Conversa comigo  21 de outubro de 2018 ás 20:40 (UTC)[responder]

Escaravello da pataca

[editar a fonte]

Boas, o artigo Escaravello da pataca, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2020 ás 16:08 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Síntoo, ata que me xubile (entre dous anos e medio e sete anos e medio) non penso colaborar. Ademais, teño diferenzas fundamentais coas wikipedias que poden facer que non colabore: Non comprendo que alguén me teña que pedir permiso para variar algo que eu fixen (cousa que se me solicitou). Se é para mellorar e/ou é xente contrastada, nada teño que dicir. Non comprendo. Como non comprendo moitas outras cousas. Non penso colaborar en artigos polo de agora. Borra o artigo se queres. Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:03 (UTC)[responder]
Fixen un montón de artigos escasos cando había entre 2000 e 10.000 ou 20.000 artigos na Galipedia. Ata fixen artigos sobre estrelas que case non entendía, ou... Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:05 (UTC)[responder]
Actualmente non sei nin facer referencias. Nunca ou case nunca as fixen Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:09 (UTC)[responder]
Ademais, a ausencia e seguimento de Prevert (anunciou que abandonaba fai anos a Galipedia) impide a miña colaboración. El dirixíame, el axudábame. A súa desaparición creou en min só inseguridade, impotencia e agresividade. Non son persoa adecuada para colaborar aquí Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:14 (UTC)[responder]

Dígocho con todo o respecto e consideración para o teu traballo e para o traballo dos demais. Parabéns.  Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:17 (UTC)[responder]

Eu non sirvo para dirixir, só sirvo para ser dirixido; necesito compañía. Prevert non o entendeu. Eu nunca serei referencia fundamental entre os usuarios da Galipedia. Nin quero selo Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:30 (UTC)[responder]

Se non son acompañado, abandono. Pensa o que pasou contigo en Flickr Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:39 (UTC)[responder]

Eu son prescindible  Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:40 (UTC)[responder]

Eu quero ser prescindible  Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 14:58 (UTC)[responder]

A min non me doeu deixar de ser burócrata nos proxectos da Galipedia ou en Commons. Era o que tiña que facer segundo o meu xeito de vivir  Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 15:10 (UTC)[responder]

Por outra banda, inda que pareza absurdo, non penso colaborar nunca, a non ser que coñeza a Prevert en persoa, cousa imposible Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 15:18 (UTC)[responder]

Desculpa tanta mensaxe. Fun dicindo o que fun pensando. Queda cos meus parabéns polo voso traballo. Lmbuga / Conversa comigo  28 de xaneiro de 2020 ás 15:25 (UTC)[responder]

Estatuto

[editar a fonte]

Boas, o artigo Estatuto, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 17 de agosto de 2020 ás 14:04 (UTC)[responder]

María Francisca Lage de la Fuente

[editar a fonte]

Boas, o artigo María Francisca Lage de la Fuente, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 4 de abril de 2022 ás 20:06 (UTC)[responder]

Photos without a license

[editar a fonte]

Hi! Ficheiro:Manuel García Barros.jpg and Ficheiro:Manuel García Barros2.jpg do not have a license. If taken in 1961 it could still be copyrighted because even if the photographer died in 1961 the copyright would expire in 2032. So unless the photographer released the rights I think the photos should be deleted. --MGA73 (conversa) 18 de xaneiro de 2023 ás 06:30 (UTC)[responder]

Nebulosa

[editar a fonte]

Boas, o artigo Nebulosa, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2024 ás 11:39 (UTC)[responder]

Imaxe dun cartel

[editar a fonte]

Ola, queríache preguntar se se pode subir esta imaxe https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2024/09/09/fc232000c1423930a8d9238f95c8f791.pdf

Grazas por adiantado. Aprofa (Dime algo aquí) 9 de novembro de 2024 ás 11:01 (UTC)[responder]