Cruz maior
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Unha cruz maior (en inglés high cross) é unha cruz monumental labrada en pedra, e que adoita ter forma de cruz celta (cun anel central) e que adoita estar profusamente decorada. Son os principais monumentos que subsisten da chanada Arte insular. Existen dende o século VII en Irlanda, e algo máis tarde en Escocia e no resto da Gran Bretaña, especialmente en Northumbria. Atopamos algúns exemplares na Europa continental, arte levada por freires irlandeses. Os cruceiros son a versión galego-portuguesa e bretoa destas cruces monumentais atlánticas. As cruces irlandesas posúen a forma de cruz celta e son, polo xeral, máis grandes, vastas e teñen máis representacións ou ornamentos ca as outras. A maioría de cruces da Gran Bretaña foron destruídas ou danadas polos iconoclastas despois da Reforma inglesa.
Orixinariamente, o anel servía para dar rixidez á testa e aos brazos da cruz, despois tornouse en elemento decorativo. As cruces maiores son símbolos de prestixio, ben sexa para un mosteiro, ben para un mecenas ou un patrón.
As cruces de comezos do século VIII só tiñan motivos xeométricos (nó celta), mais a partir do século IX e X escúlpense escenas bíblicas nas cruces. As derradeiras cruces maiores lábranse no século XII.
Entre as cruces maiores máis coñecidas, pódense citar:
- A cruz de Muiredach e a cruz oeste en Monasterboice, no condado de Louth
- As cruces de Clonmacnoise: a Cruz das Escrituras (a orixinal do século IX atópase nun muséo, mais unha copia se acha no sitio orixinal), encargada por Flann Sinna e as cruces norte e sur.
- A Cruz de Ruthwell en Escocia, do século VIII, con personaxes relativemente grandes.
- A Cruz de Bewcastle da Northumbria anglosaxoa.
- A Cruz de Dupplin, picta
- A cruz picta de Aberlemno do século VIII, situada en Aberlemno, en Angus
- A Cruz de Kildalton do século VIII nas Hébridas
- A Abadía de Iona posúe dúas cruces, e hai outras na mesma illa.
- A cruz maior de San Tola é unha cruz do século XII no mosteiro de Dysert O Dea, situado preto do castelo de O'Dea. Amosa, na súa face leste, a Xesús Cristo e un bispo en altorrelevo, con motivos xeométricos e ornementos de animais nas outras faces. No costado oeste da súa base, está representada a Tentación, simbolizada por Adán e mais Eva so da Árbore do coñecemento do ben e do mal, mentres que no costado norte, está representada unha cerimonia, onde uns personaxes sosteñen báculos. É un exemplo particularmenet ben conservado do século XII que porén non posúe o anel da cruz celta.
- As cruces de Ahenny, no condado de Tipperary, preto de Kilkenny. As dúas cruces de Ahenny en grès datan do século VIII ou do século IX, e figuran entre as primeiras cruces maiores aneladas.
- A cruz de Ardboe, do século X, preto de Cookstown, érodée, mostrando en 22 paneis escenas do Novo e do Vello Testamento.
- A cruz de St. Kevin, en Glendalough, unha cruz do século XII, ben conservada, en granito.
- A Cruz do Sur, en Kells no condado de Meath, unha das cruces do século X mellor conservadas.
- A cruz de Doorty, en Kilfenora, no condado de Clare, do século XII, onde están esculpidos un bispo e dous cregos.
- Tres cruces en Kilkieran, no condado de Tipperary : Plain Cross (sen ornementos), West Cross (con moita ornementación), Long Shaft Cross (cun longo fuste decorado).
- As dúas cruces de Moone, no condado de Kildare. Pénsase que a cruz máis grande esculpiuse entre o ano 900 e o ano 1000. Mide 5,33 m de alto e está moi decorada.
- A cruz maior de Kilree, do século IX. Disque marca a tumba de Niall Caille. Atópase a 4 quilómetros ao sueste de Kells Priory, no condado de Kilkenny.
Período moderno
[editar | editar a fonte]A partir do século XIX, numerosas versión, grandes e modernas, destas cruces foron erixidas por diversas razóns, e pequenas cruces celtas, con deseños abstractos, a miúdo entrelazados, acostuman aparecer en tumbas de particulares, incluso en Galiza.
En Galiza atopamos as cruces do novo viacrucis do Monte Santa Trega, labradas no século XX, na Guarda, de feitura semellante a cruces maiores irlandesas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A cruz oeste en Kilfenora.
-
Cruz maior de Dysert, no condado de Clare, Irlanda.