Década de -400
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -IV | |||||
| |||||
|
409 a.C.
- Artigo principal: -409.
- Os cartaxineses saquean a cidade de Selinunte en Sicilia.
408 a.C.
- Artigo principal: -408.
407 a.C.
- Artigo principal: -407.
- Comeza en Sidón, Fenicia, o reinado de Ba'al Sillem (até -374).
406 a.C.
- Artigo principal: -406.
- O ditador romano, Marco Furio Camilo, pon asedio á cidade etrusca de Veies, ambicionando apoderarse das súas salinas.
- Cartago invade Sicilia, sometendo varias polis helénicas do sur da illa.
- A cidade de Akragás (Agrigento) é tomada e incendiada polos cartaxineses.
Arte e cultura
405 a.C.
- Artigo principal: -405.
Grecia
- Batalla de Egospótamos: os atenienses son vencidos polos espartanos, mandados por Lisandro. A vitoria permitirá no ano seguinte que os espartanos poñan cerco a Atenas.
Magna Grecia
- Os cartaxineses toman a cidade siciliana de Agrigento.
- Comeza o goberno de Dionisio I de Siracusa (até -367), que rexe unha alianza das cidades helénicas de Sicilia fronte Cartago, que domina, porén, as polis meridionais da illa, obrigadas a pagaren tributo aos púnicos.
Exipto
Arte e cultura
- Estrea da obra teatral "As rás" do comediógrafo grego Aristófanes.
404 a.C.
- Artigo principal: -404.
- Os espartanos toman Atenas, pondo fin á Guerra do Peloponeso (-431, -404) e abrindo o período da súa hexemonía en Grecia.
- Os cartaxineses destrúen a cidade siciliana de Agrigento (Akragas).
- Amirteo, príncipe de Sais, logra independizar Exipto do dominio persa logo dunha prolongada loita desde -414, proclamándose faraón (até -398). Será o único representante real da dinastía XXVIII.
403 a.C.
- Artigo principal: -403.
- Trasíbulo restaura a democracia en Atenas.
- Desde esta data, na polis de Atenas, non pode ser alegada ningunha lei non fixada por escrito.
- O uso da variante xónica do alfabeto grego faise obrigatoria en Atenas.
402 a.C.
- Artigo principal: -402.
- Mitrídates I sobe ao trono do Ponto (até -362).
401 a.C.
- Artigo principal: -401.
- 3 de setembro - Batalla de Cunaxa: Ciro. príncipe pretendente ao trono persa, pese á axuda de mercenarios gregos, é vencido e morto, polas tropas do xa, Artaxerxes II. Os gregos emprenderán, á consecuencia da derrota, a retirada ao seu país, narrada por Xenofonte na Anábase.
- Axesilao II accede ao trono de Esparta (até -360), sucedendo a seu irmán Axis II.
400 a.C.
- Artigo principal: -400.
Arte e cultura
- Tumba de Orco, con pinturas polícromas, en Tarquinia, obra da civilización etrusca.