Saltar ao contido

Deuteróstomos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Deuteróstomo»)
Deuteróstomos
Deuterostomia

Cogombro de mar
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Grobben, 1908
Filos

Os deuteróstomos,[1] ou deuterostomados (Deuterostomia, do grego antigo δεύτερος deúteros "segundo, segunda" e στόμα stóma, "boca".[2]) son un superfilo de animais nos que a boca do adulto non deriva do blastóporo embrionario, senón que é de neoformación.

Os deuteróstomos posúen outras características propias, como unha segmentación radial e un desenvolvemento no cal se forman máis estruturas das previstas polo mapa de destinos celulares.[1]

Clasifícanse dentro de Bilateria, dentro de Eumetazoa, e distínguense de Protostomia polo seu desenvolvemento embrionario; nos deuteróstomos, a primeira abertura do embrión (blastóporo) convértese no ano, en troques en protóstomos, muda na boca. A boca dos deuteróstomos é, xa que logo, de noeformación.

Inclúe os seguintes filos:

Os tres primeiros son os filos tipicamente deuteróstomos; os Quetógnatos teñen unha posición incerta no reino animal, e os tres últimos (que conforman o grupo dos Lofoforados) son considerados deuteróstomos por algúns autores (como Brusca),[3] ou protóstomos por outros (como Hickman).[4]

Tanto en deuteróstomos coma en protóstomos, o cigoto desenvólvese nunha masa celular afundida, chamada blástula (proceso coñecido coma segmentación).

Nos deuteróstomos, as primeiras divisións ocorren de forma paralela ou perpendicular ao eixo que aparece entre os extremos (segmentación radial) e cando o embrión está no estadio de 4 células, se se elimina unha é quen de compensar a perda. De feito a célula illada pode formar un individuo (segmentación indeterminada ou clonación embrionaria).

En deuteróstomos, o mesoderma, fórmase como invaxinacións do arquéntero, proceso coñecido coma enterocelia, mentres que o protóstomos orixínase por esquizocelia.

  1. 1,0 1,1 VV. AA. (2010): Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-4534-973-1, p. 59.
  2. deuterostome no Merriam-Webster Dictionary.
  3. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  4. Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]