Santiago (nome)
Santiago,[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é unha contracción de Sant Iago, procedente de sanctus e Iacobus, que tamén deu lugar a Xaime e Xácome. Iacobus provén do hebreo יַעֲקֹב (Ia'akov), que significa (segundo a etimoloxía popular contida na Biblia) "sostido polo calcaño".[2] En galego tamén ten as variantes Xacobe, Xacob e Iago, e os hipocorísticos Chago e Santi.[1]
En xaneiro de 2023 existían 8.958 varóns en Galicia co nome Santiago, cunha media de idade de 47,3 anos.[3]
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]É a segunda forma do nome máis común en Galiza tras Diego, e a forma máis común en español,[4][5] en honra a un dos apóstolos de Xesús, Ya'akov fillo de Zebedeo, coñecido como Santiago o Maior, patrón de Galiza.[6]
En latín eclesiástico denominábaselle Sanctus Iacobus (literalmente "San Xacobe"), composto que pasou a Sant Iaco para culminar como Sant Iago en galego. Por ser o berro da batalla dos cristiáns españois durante a Reconquista, popularizouse nunha soa palabra e non en dúas, pasando a ser un nome por dereito propio.
Santoral
[editar | editar a fonte]25 de xullo: Santiago Apóstolo, discípulo de Xesús Cristo, patrón de Galiza e de España. O 25 de xullo é tamén o día nacional de Galiza.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Santiago é o haxiotopónimo de numerosas vilas en Galiza: a máis coñecida, Santiago de Compostela, é a capital. O buscador de topónimos recolle 162 lugares co nome Santiago en Galiza, sen incluír microtopónimos.[7] Ademais multitude de parroquias teñen a Santiago coma padroeiro. Santiago o Maior é ademais o patrón de Galiza e de España.
Tiago
[editar | editar a fonte]Contrariamente ao que normalmente di o senso común, o nome Tiago é, en verdade, unha corruptela de Iago. Xurdiu da aglutinación de dous elementos, Santo e Iago, que produciu Santiago. Á súa vez, ao se separar novamente a palabra Santo, xurdiu unha corruptela que despois viría a se tornar o nome Tiago, común especialmente en Portugal.
No Brasil é tamén moi común a versión "Thiago", derivada dunha falsa etimoloxía que atribuía o 'th' dunha suposta orixe grega iniciada coa letra θ, como é o caso do galego Tomé (en galego antigo Thomé).
Didacus
[editar | editar a fonte]Unha etimoloxía erudita sostén que Diego procedería, porén, do latín Didacus, derivado á súa vez do grego Διδακμος (Didakmós, participio que significa "instruído"), a cal deu lugar a Dídaco (en catalán Dídac).
Porén, semella que Didacus nunca existiu no latín falado, máis ben se trata dunha latinización do propio Diego, a semellanza doutras semellantes, como Ludovicus, de Luís ou Lois (nome xermánico) ou Xaverius, de Xabier.
A súa presenza documental, en efecto —fóra dos nomes latinizados, como Didacus Roderici para Diego Rodríguez ou nun documento galego de 1137: Didacus Capas— é practicamente inexistente; é dicir que ninguén se chamou nunca Dídaco nin nada semellante antes de existir o nome Diego. Diego ademais non é patrón de ninguna parroquia galega, polo que non sería un nome galego.
Pola súa banda a heráldica adxudica ao apelido Diego un brasón acuartelado con dúas vieiras, símbolo do apóstolo Santiago. En consecuencia, a orixe de Diego en Tiago e antes Sant Iago semella evidente.
Diego
[editar | editar a fonte]Diego, seica, deriva dunha incorrecta separación do nome Santiago, San Tiago (que deu tamén a variante galego-portuguesa Tiago) que por razóns de eufonía derivou en Diago e despois en Diego (Diogo en portugués).
O proceso de separación, estímase, foi o seguinte, aínda que a súa evolución foi moi amodo e non está completamente testemuñada Sant Iago → Sant Tiago → Tiago → Diago → Diego
Exemplos:
- Et ueno M. Thome, maordomo del bispo, al día del plazo de Sant Yago & aduxo los alcaldes sobredichos... Anónimo, Documento de avinza. Castela, ca. 1230.
- Rogamos asant clemente en cuyo día nasçiemos & asant illifonso cuyo nombre abemos. & asant tiago que es nuestro sennor & nuestro padron Fuero de Burgos, ca. 1290.
- Título de vna fazannia Don del tiempo del Rey don alfonso el vyeio. Nunno el buenno & don diago gonçalez su hermano... Fuero de Burgos, ca. 1290.
Algúns lingüistas sustentan que Diego e a variedade lusa Diogo derivarían do latín Didacus. Desde os primeiros documentos latino-galaico-portugueses escritos desde o 882, o nome vén documentado a través das formas "Didaco", "Didagu", "Diaco" e "Diago" que foron abonadas amplamente en documentación da Idade Media.
Algunhas fontes pouco precisas presentan o nome Diego coma un nome illado, dándolle falsos significados como "belo" e até mesmo como unha variante de demo.[8]
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Ya'akov (יעקב) (hebreo), hipocorístico Koby
- Yaʿqūb (يعقوب) (árabe)
- Yaghub (persiano)
- Hakob (Հակոբ) (armenio)
- Iákovos (Ιάκωβος), Iakóv (Ιακώβ), Gyánkos (Γιάγκος) (grego)
- Iacobus, (latín)
- Jacob, Jacó, Iago, Santiago, Tiago, Jaime, Jácomo (portugués)
- Xacobe, Xácome, Santiago, Iago, Xaime (galego), hipocorísticos: Santi, Chago, Iago, Iaguiño.
- Xacobu, Xaime (asturiano)
- Jacob, Jacobo, Yago, Jaime, Diego, Santiago (español)
- Chaime, Diago (aragonés)
- Jacob, Jaume, Dídac (catalán)
- Jacme (occitano)
- Jacques (francés)
- Giacomo, Jacopo, Giacobbe (italiano)
- Iacob, Iacov (romanés)
- Jakez (bretón)
- Iago, Jacob, Jac, Jago (galés)
- Jago, Jammes, Jamma (córnico)
- Séamus, Séamas (gaélico irlandés)
- Seumas (gaélico escocés)
- Jacob, Jakob, Jakeb, James, Jayme, Jaime (inglés), *hipocorístico Jake, Jack, Jim, Jimmy, Jimmie
- Hamish (escocés)
- Jacobus, Jaak, Jakob, Jacob, Sjaak (neerlandés)
- Jakob, Jacob (alemán)
- Jakob, Jacob, Jep, Jeppe, Ib (danés)
- Jakob, Jacob (sueco)
- Jakob, Jacob (noruegués)
- Jákup (feroés)
- Jēkabs (letón)
- Jokūbas (lituano)
- Jakub (polonés), hipocorístico Kuba
- Jakub (sorabo)
- Jakub (checo, hipocorístico Kuba
- Jakub (eslovaco), hipocorístico Kubo
- Yakiv (Яків) (ucraíno)
- Yakov (Иаков, Яков), Jascha, Yasha (Яша) (ruso)
- Yakov (Яков) (búlgaro)
- Jakov (Јаков) (serbio)
- Jakov (croata)
- Jakob, Jaka (esloveno)
- Jakub (bosníaco)
- Jagoba (éuscaro)
- Jaagup, Jaak, Jakob (estoniano)
- Jaakkob, Jaakob, Jaakoppi, Jaakko (finés)
- Jakab, Jákob (húngaro)
- Yakup (turco)
- Yankev, Yankl, Yankel, Yankele (yidish)
- Yǎgè 雅各 (chinés)
- Giacôbê (vietnamita)
- Chacko, Yakob (malaio)
- Iakopo (samoano)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Xénese 25:26
- ↑ Nome Santiago na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Domínguez García, Javier: Memorias del futuro. Ideología y ficción en el símbolo de Santiago Apóstol. Iberoamerica Editorial Vervuert, 2008.
- ↑ Datos do censo español (Fonte: INE).
- ↑ http://etimologias.dechile.net/?Santiago
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2014. Consultado o 07 de xaneiro de 2014.
- ↑ "diogo", in Dicionário Priberam da Língua Portuguesa em linha, 2010. Consultado o 12-03-2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- FAURE SABATER, Roberto (2002). Diccionario de nombres propios (en castelán). Madrid: Espasa.
Diogo variante de Jacó
. - MACHADO, José Pedro (2003). Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa 1 (3ª ed.). Lisboa: Confluência. p. 508.
Diogo variante de Dídaco
.