Saltar ao contido

Euskadiko Ezkerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «EE»)
Euskadiko Ezkerra
Logo
AcrónimoEE
Tipoorganización política e partido político español
IdeoloxíaNacionalismo vasco, socialismo, rexionalismo e Socialdemocracia
Data de fundación1977
Data de disolución1993
Presidente/aJuan María Bandrés (-) Editar o valor en Wikidata
Secretario/aMario Onaindia
PaísEspaña
Na rede
Inguma: euskadiko-ezkerra-ee BNE: XX86954
editar datos en Wikidata ]

Euskadiko Ezkerra (EE) foi un partido nacionalista vasco de esquerdas. Orixinado en 1977 como unha coalición entre Euskal Iraultzarako Alderdia, Euskadiko Mugimendu Komunista e outras pequenas formacións da esquerda vasca para presentar unha lista conxunta ás eleccións xerais no País Vasco mentres a Unión Navarra de Izquierdas (UNAI) facía o propio en Navarra. EE conseguiu un escano no Congreso e un senador. Moitos dos membros máis prominentes desta primeira fase acabarían militando en Herri Batasuna. En 1982 uniuse co Partido Comunista de Euskadi constituíndose en partido co nome de Euskadiko Ezkerra-Izquierda para el Socialismo. Mario Onaindia foi elixido secretario xeral, sendo substituído máis tarde por Kepa Aulestia, aínda que o seu líder indiscutido foi Juan María Bandrés. Tras a división do PNV e a formación de Eusko Alkartasuna en 1987, EE formalizou unha coalición con esta última. En 1988 asinou o Pacto de Ajuria Enea e no ano 1991 entrou no goberno vasco co PNV e EA.

No ano 1993 a maioría dos seus afiliados aprobaron a fusión co Partido Socialista de Euskadi que acabou adoptando o nome de Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE), un sector minoritario formou un novo partido Euskal Ezkerra, que se mantería coaligado con EA.