Efecto bolboreta
O efecto bolboreta é unha frase que sintetiza a noción máis técnica da teoría do caos que se refire á extrema influencia das condicións iniciais nun sistema complexo, en concreto nun sistema non lineal dinámico, en canto a que unhas pequenas variacións nas condicións iniciais poden producir unhas variacións moi grandes no comportamento a longo prazo do sistema. Este efecto analizouse pola primeira vez en 1963 por Edward Lorenz. A frase reférese á idea de que o bater das ás dunha simple bolboreta podería crear pequenos cambios na atmosfera que a longo prazo poderían decidir a aparición (ou desaparición) dun tornado ou dun furacán no outro lado do mundo. Así influenciarían o curso natural das cousas e, así, talvez provocar un furacán.
Teoría do Caos
[editar | editar a fonte]O Efecto bolboreta fai parte da Teoría do Caos, a cal atopa aplicacións en moitas áreas das ciencias: exactas (Enxeñaría, Física etc), médicas (Medicina, Veterinaria etc), biolóxicas (bioloxía, zooloxía, botánica etc) ou humanas(Psicoloxía, Socioloxía etc), arte ou relixión etc, áreas convencionais e non convencionais. Así, o Efecto Bolboreta atopa tamén espazo en calquera sistema natural, ou sexa, en calquera sistema que sexa dinámico, complexo e adaptativo. Existe un filme co nome "The Butterfly Effect" (Efecto Bolboreta) facendo referencia a esta teoría.
O dinamismo do efecto bolboreta
[editar | editar a fonte]Ese tipo de sistema, cando se restrinxe a unha ou dúas variábeis e se fixan as demais, tende a ser simple e aí, soamente nesa situación non natural ou limítrofe, é onde valen as leis da ciencia clásica. Neses casos, o sistema fica máis ríxido, pechado, e o efecto bolboreta non actúa. Por esa razón foi descrito ese efecto por Edward Lorenz cando estudaba a meteoroloxía no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), pois a previsión do tempo é un sistema moi aberto que forma padróns dinámicos.
Unha descrición de ocorrencia do efecto bolboreta
[editar | editar a fonte]O 19 de febreiro de 1998, os computadores do sistema de previsión de tempestades tropicais dos Estados Unidos diagnosticaron a formación dunha tempestade tropical sobre Luisiana en tres días. Sobre o océano Pacífico un meteorólogo daquela axencia descubriu que había unha pequena diferenza nas medicións executadas, e que estas poderían prever unha pequena diferenza no movemento das masas de ar. Tal diferenza foi detectada a través dun movemento do ar a maior velocidade na rexión de Alasca. En función de tal diferenza, houbo unha realimentación de datos nos computadores, e estes refixeron os cálculos, prevendo entón que a formación da tempestade tropical en Louisiana xa non ocorrería, mais agora pronosticaban a formación dun tornado de proporcións xigantescas en Orlando, na Florida, o que realmente ocorreu o 22 de febreiro de 1998.
O sumatorio do erro e a incerteza dos sistemas ríxidos
[editar | editar a fonte]A ciencia clásica está acostumada a transformar os sistemas abertos, ou sexa, os sistemas dinámicos, complexos e adaptativos, en sistemas pechados para poder aplicar as leis coñecidas que privilexian as linearidades en detrimento das non-linealidades.
Unha decisión mínima, considerada insignificante, tomada con plena espontaneidade, pode xerar unha transformación inesperada nun futuro incerto. Ese tipo de sistema cando se restrinxe a unha ou dúas variábeis, fixándose as demais, tende a ser simple e aí, soamente nesa situación non natural ou limítrofe, é que valen as leis da ciencia clásica. Neses casos, o sistema fica máis ríxido, pechado, e o efecto bolboreta non actúa. Por esa razón E. Lorenz descubriu ese efecto cando estudaba a meteoroloxía, a previsión do tempo, un sistema moito aberto que forma padróns dinámicos
O efecto bolboreta no atractor de Lorenz | ||
---|---|---|
tempo 0 ≤ t ≤ 30 (ampliar) | coordenada z (ampliar) | |
Estas figuras mostran dous segmentos da evolución tridimensional de dúas traxectorias (unha en azul, a outra en amarelo) para o mesmo período de tempo no atractor de Lorenz, comezando en dous puntos iniciais que diferen soamente en 10−5 na coordenada x. Ao comezo, as dúas traxectorias semellan coincidentes, tal como queda plasmado pola pequena diferenza entre a coordenada z de ambas as dúas traxectorias, pero para t > 23 a diferenza chega a ser tanta como o valor da traxectoria. | ||
Unha animación Java do atractor de LorenzArquivado 11 de marzo de 2008 en Arquivo.pt mostra a evolución continua. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Teoría do Caos
- Sistema complexo
- Arte fractal
- Paisaxe fractal
- Metafísica fractal
- Graftal
- Dimensión Hausdorff
- Gaston Julia
- Benoît Mandelbrot
- Dinámica non-lineal
- Turbulencia
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Teoría do caos
- FractaisArquivado 20 de decembro de 2007 en Wayback Machine.