Saltar ao contido

Federación Española de Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación Española de Baloncesto
FIBA
Logotipo
Fundación31 de xullo de 1923
Afiliación á FIBA1934
Afiliación á FIBA Europa2001
PresidenteJosé Luis Sáez
Sitio webhttp://www.feb.es

A Federación Española de Baloncesto (FEB) é o organismo reitor do baloncesto en España. Foi fundada o 31 de xullo de 1923 en Barcelona e o seu primeiro presidente foi Fidel Bricalle. A nivel internacional, a FEB é a entidade deportiva que ostenta a representación de España nas actividades e competicións baloncestísticas oficiais de carácter internacional celebradas dentro e fóra do territorio español. É competencia da FEB a elección dos xogadores que integran as seleccións de baloncesto en categoría absoluta e categorías inferiores.

Competicións

[editar | editar a fonte]

O baloncesto en España organízase de xeito semellante á maioría dos países de Europa e á maioría dos membros da FIBA. Baséase nunha liga de clubs profesionais (ACB) e ao mesmo tempo unha Federación que engloba todas as demais competicións de clubs (LEB Ouro, LEB Prata e Liga EBA) e tamén os das categorías de formación de xogadores novos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]