Fernando Macedo
Nome orixinal | Fernando Macedo da Silva Rodilla | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 20 de abril de 1982 (42 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,87 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Interior | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fernando Macedo da Silva Rodilla, máis coñecido como Nano, nado na Coruña o 20 de abril de 1982, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Racing de Ferrol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado nas categorías inferiores do Ural C.F., en idade xuvenil incorporouse ao fútbol base do FC Barcelona. Considerado un dos xogadores máis prometedores da La Masia, o técnico Louis van Gaal fíxolle debutar oficialmente no primeiro equipo con motivo da disputa da Supercopa de España. Tivo unha destacada actuación suplindo a Rivaldo, e poucos días despois, o 22 de agosto de 1999, fixo historia debutando na Primeira División, ao ser o xogador máis novo en vestir a elástica barcelonista en partido de liga.[1] Poucos días máis tarde, o 27 de outubro de 1999, nun encontro da Liga de Campións ante o AIK Solna, converteuse no xogador máis novo do FC Barcelona en disputar un encontro de competición europea. O xogador galego tiña aquela noite 17 anos, 6 meses e 7 días.[2]
Con todo, unha lesión cortou a súa progresión. Continuou catro anos máis xogando co filial do FC Barcelona, disputando ocasionalmente algúns partidos co primeiro equipo. O verán de 2003, coa chegada de Frank Rijkaard ao banco, foi definitivamente descartado pola entidade barcelonista. Coa carta de liberdade en man, fichou polo Atlético de Madrid.[3]
A pesar dunha primeira tempada prometedora cos colchoneiros -28 partidos de liga e 5 goles-, a campaña 2004/05 tivo unha presenza testemuñal no equipo, o que lle levou a buscar un cambio de aires. A tempada 2005/06 pertenceu ao Getafe CF, onde, de novo, apenas dispuxo de minutos de xogo.
O verán de 2006 fichou polo Cádiz CF e cos gaditanos xogou dúas tempadas en Segunda División. A tempada 2008-09 xogou co Racing de Ferrol en Segunda B. O 10 de xullo de 2009 anunciouse a súa incorporación ao CD Numancia.
Traxectoria como adestrador
[editar | editar a fonte]Tralo seu retiro no Racing de Ferrol, volveu á súa cidade natal e empezou a adestrar o equipo infantil do Colexio Obradoiro, onde estudara. Tras acadar o ascenso na temporada 2018-19, foi fichado polo Deportivo da Coruña para adestrar os equipos infantil e cadete da canteira coruñesa.
Clubs
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.as.com/futbol/articulo/nano-desborde-goles-reivindicarse-numancia/dasftb/20100112dasdaiftb_48/Tes
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2010.
- ↑ http://www.abc.es/hemeroteca/historico-04-08-2003/abc/Deportes/el-ex-barcelonista-nano-nuevo-jugador-del-atletico_199244.html
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista en As (24/01/2010) (en castelán)
- Ficha en BD Fútbol (en castelán)
- Nados na Coruña
- Nados en 1982
- Futbolistas da Coruña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do FC Barcelona B
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Getafe CF
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do CD Numancia
- Xogadores do CA Osasuna
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Racing de Ferrol internacionais coa selección de fútbol de Galicia