Flash Video
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Flash Video (FLV) é un formato contedor propietario usado para transmitir vídeo por Internet usando Adobe Flash Player (anteriormente coñecido como Macromedia Flash Player), dende a versión 6 a 10. Os contidos FLV poden ser incrustados dentro dun arquivo SWF. Entre os sitios máis notables que utilizan o formato FLV encóntrase YouTube, Google Vídeo, Reuters.com, Yahoo! Video e MySpace, aínda que nos últimos anos estanse actualizando a HTML5
Flash Video pode ser visto na maioría dos sistemas operativos, mediante Adobe Flash Player, o plugin extensamente dispoñible para os distintos navegadores web, ou doutros programas de terceiros como MPlayer, VLC media player, ou calquera reprodutor que use filtros DirectShow (tales coma Media Player Classic, Windows Media Player, e Windows Media Center) cando o filtro ffdshow está instalado.
Formato de vídeo
[editar | editar a fonte]Os arquivos FLV conteñen bit streams de vídeo, que son unha variante do estándar H.263, baixo o nome de Sorenson Spark. Flash Player 8 e as novas versións soportan a reprodución de vídeo On2 TrueMotion VP6. On2 VP6 pode prover de máis alta calidade visual que Sorenson Spark, especialmente cando se usa un bit rate menor. Por outro lado é computacionalmente máis complexo e, por tanto, pode ter problemas ao utilizarse en sistemas con configuracións antigas.
O arquivo FLV soporta dúas novas versións do chamado códec "screenshare" que é un formato de codificación deseñado para screencasts. Ambos os formatos están baseados en mapas de bits e poden ter perda ao reducir a profundidade de cor e están comprimidos usando zlib. A segunda versión é reproducible no Flash Player 8 ou superior.
O soporte para codificar arquivo FLV é proporcionado por unha ferramenta de codificación incluída en Macromedia Flash 8 Professional de Adobe, as ferramentas de codificación Flix de On2, Sorenson Squeeze, FFmpeg e outras ferramentas de terceiros.
Formato de son
[editar | editar a fonte]O son nos arquivos FLV atópase regularmente codificado como MP3. Aínda que recentemente se incorporaron distintas codificacions como Speex, ADPCM, Nellymoser...
Reprodutores FLV
[editar | editar a fonte]Actualmente existen moitos reprodutores capaces de reproduciren o formato FLV. Entre eles inclúense:
- Flash Vídeo Player
- FLV Player
- BitComet FLV Player
- GOM Player
- K-Lite Codec Pack
- MPlayer
- Perian
- Kmplayer
- Kaffeine
- RealPlayer
- VLC media player
- Xine
- Winamp
- SWF & FLV Player
- JetAudio
- Ashampoo Clipfinder (www.ashampoo.com)
- Calquera reprodutor que utilice DirectShow con ffdshow
- IrfanView (FREEWARE) (http://www.irfanview.com/)
- Media Player Classic
- Windows Media Player
- BS.Player
- Ares Galaxy 2.0.9 (en diante)
- JavaFX
Codificadores
[editar | editar a fonte]Para transcodificar arquivos de vídeo (AVI, MPEG, Quicktime, WMV) a FLV:
Opcións de distribución
[editar | editar a fonte]Os arquivos FLV poden ser distribuídos de varias diferentes maneiras:
- Como un arquivo.FLV autónomo. Aínda que os arquivos FLV son normalmente distribuídos usando Flash Player como control, o mesmo arquivo.FLV é completamente funcional e pode ser reproducido ou convertido a outros formatos.
- Incrustados nun arquivo SWF usando a ferramenta de autoría de Flash (soportada en Flash Player 6 e superiores). O arquivo enteiro debe ser transferido antes de que a reprodución poida comezar. Cambiar o vídeo require reconstruír o SWF.
- Descarga progresiva vía HTTP (soportada en Flash Player 7 e superiores). Este método usa ActionScript para incluír un arquivo aloxado externamente, no lado do cliente para a súa reprodución. A descarga progresiva ten varias vantaxes, incluíndo o buffer de datos, uso de servidores HTTP xenéricos, e a habilidade de reutilizar un só reprodutor en SWF para múltiples fontes FLV. Flash Player 8 inclúe soporte para accesos aleatorios dentro de arquivos de vídeo usando a funcionalidade de descarga parcial do HTTP, algunhas veces referido como streaming. Con todo, a diferenza do streaming usando RTMP, o "streaming" HTTP non soporta transmisións en tempo real. O streaming vía HTTP require un reprodutor personalizado e a inxección de metadatos específicos do FLV contendo a posición exacta de inicio en bytes e o código de tempo (timecode) de cada cadro clave (keyframe). Usando esta información específica, un reprodutor FLV personalizado pode solicitar calquera parte do arquivo FLV empezando nun cadro específico. Así é como ocorre en Google Vídeo, que soporta descargas progresivas e pode buscar calquera parte do vídeo antes de que o buffering se complete. YouTube, aínda que nos seus principios non ofrecía dita funcionalidade, agora tamén o fai.
- Usando streaming vía RTMP ao Flash Player mediante Flash Media Server (anteriormente chamado Flash Communication Server) ou a súa alternativa open source rede5.
- Adobe AIR
Críticas a Flash
[editar | editar a fonte]Steve Jobs, o fundador de Apple, negouse a incorporar Flash nos produtos iPhone, iPod e iPad. As razóns que aducía eran as seguintes:[2]
- É un software 100% propietario, é dicir, pechado a achegas de terceiros.
- Hai un formato máis moderno, H.264, que está dispoñible nos citados dispositivos de Apple.
- Ten un antigo historial de problemas de seguridade non resoltos.
- Require decodificación por hardware, o que pode aumentar até nun 100% o uso da batería de dispositivos móbiles.