Galera (barco)
Galera pode designar calquera tipo de navío movido a remos. Algunhas variacións posúen mastros e velas para auxiliar a propulsión; eran navíos moi usados no Mediterráneo.
A orixe do vocábulo é escuro, procede do grego medieval γαλέα [galéa], talvez relacionado con galeos.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Algunhas fontes definen con máis precisión o que é unha galera: un tipo de veleiro de tres ou máis mastros e vela redonda,[2] en todos eles, movida a remos ou a vela. Longa e de baixo bordo, este navío servía tanto a mariña de guerra, como a mercante.[3]
Galeotes
[editar | editar a fonte]Galeote é o nome que se lle daba aos remeiros das galeras como condenado ou como cativo.[4]
Contrariamente á crenza xeneralizada, non se empregaban escravos como remeiros nas galeras, nin polos bizantinos nin polos árabes, nin sequera polos seus predecesores romanos e gregos.[5] Ao longo da existencia do imperio, as tripulacións bizantinas eran maioritariamente constituídas por homes nacidos libres de clases baixas, que eran soldados profesionais, obrigados por lei a prestar servizo militar (strateia) en troques de pagamento ou terras.
Os pagamentos eran dúas a tres libras (0,91 a 1,4 kg) de ouro.[6] No entanto, tamén se empregaban estranxeiros prisioneiros de guerra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Henry George Liddell & Robert Scott nao/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0057%3Aentry%3Dgaleo%2Fs Galeos Arquivado 17 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine., A Greek-English Lexicon
- ↑ "Navio-escola Pedro Nunes". Revista da Armada. Arquivado dende o orixinal o 2008-05-14. Consultado o 2010-12-14.
- ↑ Dicionário Enciclopédico Koogan-Larousse-Seleções
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galeote.
- ↑ Casson 1991, p. 188
- ↑ Haldon 1999, p. 267
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Casson, Lionel, The Ancient Mariners: Seafarers and Sea Fighters of the Mediterranean in Ancient Times Princeton University Press, Princeton, NJ. 1991. ISBN 0-691-06836-4
- Haldon, John (1999). Warfare, State and Society in the Byzantine World. Londres: UCL Press. ISBN 1-85728-495-X
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Descrição da Galera na página da Revista da Armada
- John F. Guilmartin, "The Tactics of the Battle of Lepanto Clarified: The Impact of Social, Economic, and Political Factors on Sixteenth Century Galley Warfare". A very detailed discussion of galley warfare at the Battle of Lepanto
- Rafael Rebolo Gómez – "The Carthaginian navy"., 2005, Treballs del Museu Arqueologic d'Eivissa e Formentera. (en castelán)
- "Some Engineering Concepts applied to Ancient Greek Trireme Warships", John Coates, University of Oxford, The 18th Jenkin Lecture, 1 de outubro de 2005.