Gwallog ap Llaennog
Biografía | |
---|---|
Morte | p. século VI |
Monarca | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Ceredig ap Gwallog, Dwywe |
Gwallog ap Llaennog (as variadas ortografías do galés medio inclúen Gwallawc fab Lleynawc; galés standard: Gwallog ap Llëenog ou Llëynog) foi un heroe do Hen Ogledd e probábel rei no século VI do estado posromano de Elmet na zona de Leeds do moderno Yorkshire.
Uniuse a un grupo de reis britanos, que inclúe a Urien Rheged, Rhydderch Hael e Morgant Bwlch de Bryneich, nun intento de vencer aos anglos de Bernicia. Este esforzo fracasou despois da morte de Urien a mans de Llofan Llaf Difo.
Outra tradición asegura que Gwallog máis adiante lle fixera a guerra ao antigo reino de Urien (Rheged) xunto con Dunod Fawr dos Peninos, atacando aos fillos de Urien.
Nalgunhas fontes danlle a Gwallog o epíteto de Marchog Trin, que significa "xinete de batalla". Se a identificación como rei de Elmet for correcta, o seu sucesor sería o seu fillo Ceredig, o derradeiro rei de Elmet, ao que depuxo Edwin de Deira.