Haganah
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Haganah | |
---|---|
Tipo | organización paramilitar |
Ideoloxía | Sionismo |
Data de fundación | 15 de xuño de 1920 |
Data de disolución | 28 de maio de 1948 |
País | Yishuv |
Na rede | |
https://irgon-haagana.co.il | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Haganah (hebreo: "Defensa", הגנה) foi unha organización paramilitar xudía que actuou en Palestina entre 1920 e 1948, durante o mandato británico. Coa constitución do Estado de Israel a Haganah constituíu a base do exército israelí.
Orixe
[editar | editar a fonte]A HaShomer, milicia que se fundou en 1909, foi o antecesor da Haganah, era un pequeno grupo de inmigrantes xudeus que vixiaban os asentamentos xudeus por unha cota anual, nunca superaron os 100 membros.
Tralas revoltas árabes de 1920 e 1921 constitúese a Haganah para gardar os kibbutzs e facer fronte aos ataques árabes. Ata 1929 as unidades da Haganah tiñan unha organización local e estaban mal armadas, consistían sobre todo en granxeiros que vixiaban os seus asentamentos por quendas. Pero logo da revoltas árabes de 1929, que deixaron 133 xudeus mortos e a expulsión dos xudeus de Hebrón, entran na Haganah case todos os homes dos asentamentos, e moitos das cidades, e se adquiren armas no estranxeiro. En 1936 conta con 10.000 membros activos e 40.000 reservistas. Na Gran Revolta árabe (1936-1939) participa activamente para protexer os intereses británicos e para frear a insurxencia árabe: aínda que a administración británica non a recoñeceu oficialmente, o exército británicos cooperou activamente con ela para formar a policía xudía dos asentamentos e as forzas auxiliares xudías. En 1937, os dirixentes máis dereitistas da Haganah formaron o Irgun Zvai-Leumi, caracterizado polos seus métodos de combate clandestino.
Trala revolta os británicos restrinxiron a inmigración xudía a Palestina: en resposta, Haganah organiza unha rede de inmigración ilegal e demostracións contra dos británicos.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Nos primeiros anos da segunda guerra mundial, reanudouse a cooperación entre os británicos e a Haganah polo temor a un avance dos alemáns e italianos no Norte de África, pero trala desfeita de Rommel en El Alamein (1942), os británicos deixan de apoiar á Haganah. En 1943 os británicos crean a Brigada Xudía, a primeira unidade militar xudía que serviu na guerra.
Mentres a Haganah crea o 19 de maio de 1941 a Palmach, unha unidade de elite
Despois da guerra
[editar | editar a fonte]Despois da guerra, a Haganah realizou operacións antibritánicas en Paletina e continuou a organizar a inmigración ilegal. O 28 de maio de 1948 o Haganah desaparece ao se crear as Forzas de Defensa israelís.