Saltar ao contido

Hayabusa2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instrumental de Hayabusa2
Instrumental de Hayabusa2

Tras o fracaso da misión Hayabusa, a axencia xaponesa de exploración aerospacial, JAXA, lanzou en 2014[1] unha segunda misión, Hayabusa2 co mesmo obxectivo, a recolección de mostras de asteroides, regresando con éxito o 5 de decembro de 2020 con mostras do asteroide Ryugu.[2]

A cápsula descendeu en paracaídas no deserto de Woomera, Australia, ó igual que o fixera a súa predecesora.

Fotografía da totalidade de 162173 Ryugu, tomada por ONC-T (Optical Navigation Camera – Telescopic) a unha distancia de 12 km.
Fotografía da totalidade de 162173 Ryugu, tomada por ONC-T (Optical Navigation Camera – Telescopic) a unha distancia de 12 km.

A recollida de mostras fíxose en dúas ocasións, en febreiro de 2019, ó descender sobre o asteroide, e en xullo de 2019 ó lanzar un impacto explosivo (o Small Carry-on Impactor, SCI) para chegar a capas máis profundas. SCI, un proxectil de cobre de 2,5 kg, impactou na superficie do asteroirde Ryugu, de 900 m de diámetro, a uns 2 km/s.

  1. Press, The Associated (2020-12-05). "Video: Japanese Space Capsule Ferries Bits of Asteroid to Earth". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-12-06. 
  2. "Hera team congratulates JAXA on asteroid sample return". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-06.