Ian Carradice
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1953 Cumbria, Reino Unido |
Director de museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | - Universidade de Liverpool - Universidade de St Andrews |
Q89547790 | - Estudos de numismática antiga. - Conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museística |
Ocupación | numismático |
Empregador | Universidade de St Andrews |
Familia | |
Cónxuxe | Ines Urioste |
Premios | |
Lhotka Memorial Prize: 1978, 1988 e 1990 |
Ian A. Carradice, nado en Kendal, Cumbria, Reino Unido, o 10 de xullo de 1953 é un numismático inglés considerado como unha das máximas autoridades nas cuñaxes da Grecia antiga, Roma, Persia e Cartago, e na historia dos museos.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ian Carradice graduouse en Arte na Universidade de Liverpool en 1973, e obtivo o seu doutoramento en 1980 na Universidade de St Andrews, en Escocia.[3]
Igresou en 1977 no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, no que exerceu o seu labor de conservador das moedas antigas de Oriente Medio ata 1989, cando ingresou en Saint Andrews para exercer docencia.[4][5]
En 1987 foi o relator invitado para os seminarios de verán da American Numismatic Society.[6]
En Saint Andrews ocupou o posto de profesor de numismática antiga e dirixiu os museos da institución, ata que se xubilou en 2012, motivo polo que a universidade organizou un simposio na súa honra.[3][7]
Logo do seu retiro, Carradice entrou a formar parte do Comité de Valoración de Tesouros, do Goberno británico, en febreiro de 2012.[8]
Ao longo da súa carreira académica, Ian Carradice foi un dos colaboradores no proxecto internacional Sylloge Nummorum Graecorum da Academia Británica, concibido inicialmente para a publicación dos catálogos das moedas da Antiga Grecia presentes tanto nas coleccións públicas como nas privadas de Gran Bretaña e posteriormente ampliado a diferentes países do mundo.[9][10][11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Carradice casou en 1982 con Ines Urioste e tivo tres fillas: Alice, Ellen e Grace.[12]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Ian Carradice foi merecedor en tres ocasións do premio Lhotka Memorial, outorgado pola Royal Numismatic Society de Londres a autores de publicacións en inglés que resulten de particular relevancia para a introdución no ámbito numismático. As obras premiadas foron Ancient Greek Portrait Coins (1978), Coinage in the Greek World (1988) e The Coin Atlas (1990).[13]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Roman Provincial Coinage
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Roman Provincial Coinage.
Xunto con outros autores, Carradice participou no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[14][15]. Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Carradice:[16]
- (1999): Roman Provincial Coinage. Vol. II. From Vespasian to Domitian (AD 69–96). Con A. Burnett e M. Amandry. ISBN 978-0714108988
- (2006): Roman Provincial Coinage. Supplement 2. Con M. Amandry, A. Burnett e P. P Ripollès. ISBN 978-84-690-5987-6. Texto en liña
- (2014): Roman Provincial Coinage. Supplement 3. Con M. Amandry, A. Burnett, P. P. Ripollès et al. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-333-1. Texto en liña
- (2015): Roman Provincial Coinage. Consolidated supplement I-III. Con M. Amandry, A. Burnett, P. P. Ripollès et al. General Editors. ISBN 978-1-910807-06-4. Texto en liña
- (2017): Roman Provincial Coinage. Supplement 4. Con M. Amandry, A. Burnett et al. Texto en liña
Outras publicacións
[editar | editar a fonte]- (1978): Ancient Greek portrait coins. British Museum. Londres, ISBN 0714108499
- (1982): A catalogue of Roman coins, Augustus to Commodus, in the collections of the Royal Scottish Museum, Edinburgh. Royal Scotish Museum. Edimburgo.[17]
- (1983): Coinage and finances in the reign of Domitian. British Archaeological Reports. Oxford. ISBN 9780860542285
- (1987): Coinage and administration in the Athenian and Persian Empires. The Ninth Oxford Symposium on Coinage and Monetary History (St. Hilda's College in April 1986). British Archaeological Reports. Oxford. ISBN 9780860544425
- (1988): Coinage in the Greek world. Spink. Londres. Con Martin Price. ISBN 0900652829
- (1990): The coin atlas: The world of coinage from its origins to the present day. Macdonald. Londres. Con Joe Cribb e Barrie Cook. ISBN 978-0816020973
- (1992): Sylloge Nummorum Graecorum: Volume VI: The Lewis Collection in Corpus Christi College, Cambridge, Part II, The Greek Imperial Coins. Oxford University Press. ISBN 978-0197260890
- (1995): Greek coins. British Museum. Londres. ISBN 0714122106
- (2007): The Roman imperial coinage. Volume II, part 1, From AD 69-96, Vespasian to Domitian. Spink, Londres. Con T. V. Buttrey. ISBN 9781902040844
- (2010): Les monedes de Vespasià de la Provincia Tarraconensis : 69-70 dC. Societat Catalana d'Estudis Numismàtics. Barcelona. Con Sanahuja, X. e Benagues, J. ISBN 9788492583874
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Background". No perfil de Ian A.Carradice en Prabook.
- ↑ Ficha de Ian Carradice. Bibliothèque Nationale de France.
- ↑ 3,0 3,1 "Education". No perfil de Ian A.Carradice en Prabook.
- ↑ Notas da portada do seu libro The coin atlas [...] (1990).
- ↑ "Ian A Carradice (Biographical details)". The British Museum.
- ↑ "Visiting Scholars in Residence Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
- ↑ "Careers and Collections: A Symposium to mark Professor Ian Carradice’s Retirement". Museum of the University of St Andrews.
- ↑ "Reappointment of Treasure Valuation Committee Members". Department for Culture, Media and Sport.
- ↑ "Sylloge Nummorum Graecorum - Project". No sitio web do SNG británico.
- ↑ Véxase referencia (1992) na sección Publicacións deste artigo.
- ↑ Butcher, K. (1993). "Ian A. Carradice: Sylloge Nummorum Graecorum, Vol. VI. The Lewis Collection [...]". En The Classical Review. Vol. 43. Nº 2. Páxina 459.
- ↑ "Connections". No perfil de Ian A.Carradice en Prabook.
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Team Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Roman Provincial Coinage Online.
- ↑ "Project". Roman Provincial Coinage Online.
- ↑ "Roman Provincialo Coinage volumes and contributors". Roman Provincial Coinage Online.
- ↑ Referencia do libro en WorldCat Arquivado 21 de febreiro de 2019 en Wayback Machine..