Saltar ao contido

Illa Esmeralda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Esmeralda
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión de Magallanes e da Antártica Chilena Editar o valor en Wikidata
Mapa
 48°57′S 75°25′O / -48.95, -75.42
Características
Altitude1.250 m Editar o valor en Wikidata
Superficie515 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Esmeralda está situada no océano Pacífico na rexión austral de Chile, ao sur do golfo de Penas. Forma parte do arquipélago Campana. Ten unha superficie de 515´2 km², que a converten na 29ª illa maior de Chile.

Administrativamente pertence á provincia de Última Esperanza na XII Rexión de Magallanes.

Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido pola acción do home branco.

Desde 1520, co descubrimento do estreito de Magallanes, poucas rexións foron tan exploradas como a das canles patagónicas. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha grande illa denominada "Campana" separada do continente pola "canle da nación Calén", nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.

Desde mediados do século XX esas canles son percorridas con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas.

Por máis de 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipótese sobre a súa chegada aos lugares de poboamiento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta das canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magallanes e subiron polas canles patagónicas ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente aniquilado pola acción do home branco.

Aspecto das costas

[editar | editar a fonte]

Son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre eles. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta.

As costas son cantís e as súas canles en xeral son limpas e abertas, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos. O lado occidental está enfrontado a unha serie illotes, rompentes e escollos que se estenden ata os 6´5 km. da terra.

Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou bhías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. Na parte oriental está o cerro Norte de 670 metros de altura e no extremo SW o monte Dublé de 636 metros visible desde o océano.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

Todo o arquipélago patagónico data da época terciaria, é produto da mesma causa xeolóxica que fixo aparecer primeiro a cordilleira da Costa e logo a dos Andes. Na idade glacial, tomou o seu aspecto actual sendo a continuación cara ao sur da cordilleira da Costa.

É de orixe ígneo pola clase de rocha que o constitúe e polo seu relevo áspero e irregular, característico das cadeas de erupción.

A rexión é afectada continuamente por ventos do oeste e polo paso frecuente de sistemas frontais. Estes sistemas frontais xéranse na latitude 60° S, zona na que conflúen masas de aire subtropical e masas de aire polar creando un cinto de baixas presións que forman os sistemas frontais.

Esta área ten un clima que se coñece como "tépedo frío chuvioso" que se estende desde a parte sur da Rexión de Los Lagos ata o estreito de Magallanes. Aquí rexístranse as máximas cantidades de precipitacións, en illa Guarello alcanzáronse ata 9.000 mm anuais.

A nubosidade atmosférica é alta, os días despexados son escasos. A amplitude térmica é reducida, a oscilación anual é de aproximadamente 4 °C cunha temperatura media de 9 °C. Precipita durante todo o ano sendo máis chuvioso cara ao outono.

Localización

[editar | editar a fonte]

Está situada en 48°50′00″S 75°23′00″O / -48.83333, -75.38333 e 49°04′30″S 75°14′00″O / -49.07500, -75.23333

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa Esmeralda, localizada fronte ao océano Pacífico, ten unha forma bastante irregular atravesada por un par de entrantes moi profundos, que dividen a illa en varias penínsulas unidas por estreitos istmos. No seu eixe máis longo mide 33´8 km e no outro 20´9 km de largo. A illa ten os seguintes límites:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]