John Maclean
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1879 Glasgow, Reino Unido |
Morte | 30 de novembro de 1923 (44 anos) Glasgow, Reino Unido |
Causa da morte | pneumonía |
Educación | Universidade de Glasgow Queen's Park Secondary School, Glasgow (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Social Democratic Federation (en) Communist Labour Party (en) British Socialist Party (en) Scottish Workers Republican Party (en) |
Membro de | |
Outro | |
Condenado por | Sedición (1918) |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
John Maclean, nado en 1879 e finado en 1923, foi un político escocés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Glasgow nunha familia orixinaria das Higlands. Maclean converteuse en mestre de escola e só entón acudiu á universidade, alí desenvolveu o seu pensamento político, na certeza que só a adopción do marxismo podía liberar as masas traballadoras das súas condicións de vida. Integrouse na Federación Social Democrática (SDF) que máis tarde deu orixe ó Partido Socialista Británico, converténdose Maclean no seu líder en Escocia.
Opúxose á primeira guerra mundial por considerala unha guerra imperialista que dividía ós traballadores. En 1915 as autoridades cesárono no seu posto de mestre e en 1916 pasou pola prisión durante un ano. Tras a revolución soviética Lenin deulle o posto de cónsul soviético en Glasgow. Cando en 1920 o PSB e outros grupos organizaron o Partido Comunista de Gran Bretaña, Maclean intentou organizar, sen éxito, un Partido Comunista Escocés.
En 1923 fundou o Partido Republicano dos Traballadores Escoceces de tendencia independentista e comunista que buscaba a implantación dunha república comunista de Escocia que herdaría a tradición do comunismo de clans celta.