Saltar ao contido

José Eduardo Agualusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Eduardo Agualusa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) José Eduardo Agualusa Alves da Cunha Editar o valor en Wikidata
13 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Huambo, Angola Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Superior de Agronomia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo e literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Participou en
4 de xaneiro de 2021Dialogue for Catalonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webagualusa.pt Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1374375

José Eduardo Agualusa Alves da Cunha, nado en Huambo (Angola)[1] o 13 de decembro de 1960, é un xornalista, escritor e editor angolano de ascendencia portuguesa e brasileira.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Huambo, na entón África Occidental Portuguesa, é neto materno de Joaquim Fernandes Agualusa, Oficial da Orde Civil do Mérito Agrícola e Industrial Clase Industrial a 13 de maio de 1960.[3]

Estudou agronomía e silvicultura no Instituto Superior de Agronomía da Universidade Técnica de Lisboa.[4] Colaborou co xornal portugués Público desde a súa fundación; na revista do domingo dese diario (Pública) asinaba unha crónica quincenal. Escribiu crónicas para a revista portuguesa LER, para o xornal brasileiro O Globo e para o portal Rede Angola. Na RDP África foi realizador do programa A Hora das Cigarras, sobre música e poesía africana.En 2006 lanzou, xuntamente con Conceição Lopes e Fátima Otero, a editora brasileira Língua Geral, dedicada só a autores de lingua portuguesa. Nunha entrevista, o escritor responde a pregunta, "Quen é o Eduardo Agualusa? "Quen eu son non ocupa moitas palabras: angolano en viaxe, case sen raza. Gústame o mar, o ceo con lume ao fin da tarde. Nacín nas terras altas. Quero morrer en Benguela, como alternativa pode ser Olinda, no Nordeste do Brasil."[5] Preguntado se se divirte escribindo, Agualusa explica: "Escribir divírteme, e escribo tamén, porque quero saber como termina o poema, o conto ou a novela. E tamén porque a escrita transforma o mundo. Ninguén cre nisto e no entanto é verdade."[6]

Beneficiouse de tres bolsas de creación literaria: a primeira, concedida polo Centro Nacional de Cultura en 1997 para escribir Nação Crioula; a segunda en 2000, concedida pola Fundación Oriente, que lle permitiu visitar Goa, India, durante tres meses e tras a cal escribiu Um Estranho em Goa; a terceira en 2001, concedida pola institución alemá Deutscher Akademischer Austauschdienst. Grazas a esta bolsa viviu un ano en Berlín, e foi alí que escribiu O Ano em que Zumbi Tomou o Rio. En 2009, foi convidado pola fundación holandesa Fonds voor de Letteren a pasar dous meses en Ámsesterdm, onde escribiu Barroco Tropical.[7]

Membro da União dos Escritores Angolanos.[8] Os seus libros están traducidos a máis de trinta idiomas.[9]

  • A Conjura (1989). Quetzal Editores. BIS, en 2008.
  • Estação das Chuvas (1996). Quetzal Editores.
  • Nação Crioula: correspondência secreta de Fradique Mendes (1997). Quetzal Editores.
  • Um Estranho em Goa (2000). Quetzal Editores. En 2007, Biblioteca Editores Independentes / Cotovia.
  • O Ano em que Zumbi Tomou o Rio (2001). Quetzal Editores.
  • O Vendedor de Passados (2004). Quetzal Editores.
  • As Mulheres do Meu Pai (2007). Quetzal Editores.
  • Barroco Tropical (2009). Quetzal Editores. En 2011, METAILIE.
  • Milagrário Pessoal (2010). Dom Quixote.
  • Teoria geral do Esquecimento (2012). Quetzal Editores. En 2017, Dom Quixote.
  • A educação sentimental dos pássaros (2012). Quetzal Editores. Dom Quixote, 2011.
  • A vida no céu (2013). Quetzal Editores.
  • A Rainha Ginga (2014). Quetzal Editores.
  • A Sociedade dos Sonhadores Involuntários (2017). Quetzal Editores.
  • Os vivos e os outros (2020). Quetzal Editores. 256 páxs.
J. E. Agualusa

Narrativa curta

[editar | editar a fonte]
  • D. Nicolau Água-Rosada e outras estórias verdadeiras e inverosímeis (1990). Vega, en 2000.
  • A feira dos assombrados (1992). Novela curta. Quetzal Editores. En 2010, BIS: A Feira dos Assombrados e outras estórias verdadeiras e inverosímeis.
  • Fronteiras Perdidas, contos para viajar (1999). Quetzal Editores.
  • O Homem que Parecia um Domingo (2002). Dom Quixote. Crónicas e contos.
  • Catálogo de Sombras (2003). Quetzal Editores.
  • Manual Prático de Levitação (2005). GRYPHUS.
  • Passageiros em Trânsito (2006). Quetzal Editores. En 2008, MHIJ - Editores.
  • O filho do vento (2006). Língua Geral. Novela curta.
  • O Livro dos Camaleões (2015). Quetzal Editores.
  • O Terrorista Elegante e Outras Histórias (2019). Quetzal Editores.
  • O coração dos Bosques (1991). União dos Escritores Angolanos.

Lit. infantil

[editar | editar a fonte]
  • Estranhões e Bizarrocos (2000). Dom Quixote.
  • A girafa que comia estrelas (2005). Dom Quixote.
  • Nweti e o mar: exercícios para sonhar sereias (2011). Dom Quixote.
  • A Rainha dos Estapafúrdios (2012). Dom Quixote.

Crónicas

[editar | editar a fonte]
  • A Substância do Amor e Outras Crónicas (2000). Quetzal Editores.
  • O lugar do morto (2011). Tinta da China.
  • O Paraíso e Outros Infernos (2018). Quetzal Editores.
  • Geração W (2004). Peza de teatro portuguesa.
  • Chovem amores na Rua do Matador (2007). Con Mia Couto, peza estreada en Portugal.
  • Na rota das especiarias. Diário de uma viagem a Flores, Bali, Java e Timor Lorosae (2008). Dom Quixote.
  • Aquela Mulher (São Paulo, Brasil, en 2008 e Río de Xaneiro, Brasil, en 2009). Texto para monólogo teatral estrelado por Marília Gabriela e dirección de Antônio Fagundes.
  • Lisboa Africana(1993). Edições Asa. Reportaxe co xornalista Fernando Semedo e a fotógrafa Elza Rocha.
  • Um Pai em Nascimento (2010). Alfaguara Portugal.
  • 1989: Premio de Revelación Sonangol, por A Conjura.
  • Grande Premio Literario RTP, por Nação Crioula.
  • 1999: Grande Premio de Conto Camilo Castelo Branco da Asociación Portuguesa de Escritores, por Fronteiras Perdidas.
  • 2002: Grande Premio Gulbenkian de Literatura para Nenos e Mozos, por Estranhões e Bizarrocos
  • 2007: Premio Independente de Ficción Estranxeira, promovido polo diario británico The Independent en colaboración co Consello das Artes do Reino Unido, por O Vendedor de Passados.
  • 2009: Ordem do Mérito Cultural
  • 2013: Premio Fernando Namora. por Teoria Geral do Esquecimento.[10]
  • 2017: Premio Literario Internacional IMPAC de Dublin pola obra Teoría Geral do Esquecimento.[11]

Recepción crítica

[editar | editar a fonte]

Pires Laranjeira describe o autor así: "Agualusa alia á súa capacidade de fundamentación histórica a facilidade de fluencia da enunciación, cauterizadas con episodios burlescos, sentimentais e marabillosos."[12]

  1. "José Eduardo Agualusa (Angola) Time of the Writer Festival 2006". web.archive.org (en inglés). 2008-04-13. Archived from the original on 13 de abril de 2008. Consultado o 2020-06-03. 
  2. "Angolano, cidadão do mundo". Revista Fórum (en portugués). 2011-10-20. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-03. 
  3. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-06-03. 
  4. Portugal, Rádio e Televisão de. "José Eduardo Agualusa - Contentor 13 - Artes e Cultura - RTP". www.rtp.pt. Consultado o 2020-06-03. 
  5. "J. E. Agualusa". Escritas de si (en portugués). 2014-01-30. Consultado o 2020-06-03. 
  6. Rozário, Denise. Palavra de Poeta. Rio de Janeiro: Bertrand Brasil, 1999. pp. 362-3.
  7. "agenda - José Eduardo Agualusa is WIR in Amsterdam - Letterenfonds". www.letterenfonds.nl. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2019. Consultado o 2020-06-03. 
  8. Infopédia. "José Eduardo Agualusa - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-03. 
  9. "Biografia - agualusa". www.agualusa.pt. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2019. Consultado o 2020-06-03. 
  10. Lusa, PÚBLICO, com. "José Eduardo Agualusa vence prémio Fernando Namora". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-06-03. 
  11. Battersby, Eileen. "José Eduardo Agualusa wins €100,000 International Dublin Literary Award". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2020-06-03. 
  12. Laranjeira, Pires. De Letra em Riste. Porto: Edições Afrontamentos, 1992. p. 102.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Karimi, Kian-Harald: "Sempre em viagem: nações deslizantes como formas do pensamento no romance ‘Nação Crioula’ de José Eduardo Agualusa." Identidades em Movimento. Construções identitárias na África de língua portuguesa e reflexos no Brasil e em Portugal (Hrsg. Doris Wieser, Enrique Rodrigues-Moura). Frankfurt/Main, TFM (Biblioteca luso-brasileira), 2015, pp. 141-172. ISBN 978-3-939455-12-7
  • Salgado, Maria Teresa. "José Eduardo Agualusa: Uma ponte entre Angola e o mundo." África & Brasil: letras em laços. Ed. Maria do Carmo Sepúlveda. Rio de Janeiro: Atlântica, 2000. pp. 175–196.