Josep Maria Llompart
Aparencia
Nome orixinal | (ca) Josep Maria Llompart de la Peña |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de maio de 1925 Palma, España |
Morte | 28 de xaneiro de 1993 (67 anos) Palma, España |
2º Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Catalá | |
1983 – 1987 ← Josep Maria Castellet – Joan Fuster Ortells → | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, crítico literario, profesor universitario, tradutor, poeta |
Empregador | Universidade das Illas Baleares |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Josep Maria Llompart de la Peña, nado en Palma o 23 de maio de 1925 e finado na mesma cidade o 28 de xaneiro de 1993, foi un poeta, ensaísta, activista cultural, crítico literario, editor e tradutor mallorquino.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi membro fundador de Obra Cultural Balear, que presidiu entre 1978 e 1986. De 1983 a 1987 presidiu tamén a Associació d'Escriptors en Llengua Catalana. En 1985 foi nomeado membro da Sección Filolóxica do Institut d'Estudis Catalans[1] e en 1990 presidente da Federació Llull d'Entitats Culturals dels Països Catalans.
En 1982 recibiu o Premi d'Honor de les Lletres Catalanes e o Premio Creu de Sant Jordi.[1] Leva o seu nome o IES Llompart de Palma.[1]
Poeta, editor, crítico literario, tradutor, intelectual e activista cultural, foi tamén un dos prologuistas máis prolíficos da nosa literatura, sempre para axudar os autores máis novos ou ben para facer grandes introducións ás obras dos clásicos.Sebastià Bennassar, xornalista e escritor[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Encarnació Viñas Olivella.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Poemes de Mondragó (1961)
- La Terra d'Argensa (1972)
- Urbanitat i Cortesia (1979)
- Mandràgola (1980)
- La Capella dels Dolors i altres poemes (1981)
- Obra poètica (Antoloxía; 1983)
- Jerusalem (1990)
- Spiritual (1992)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- La literatura moderna a les Balears (1964)
- Memòries i confessions d'un adolescent de casa bona (1974)
- Retòrica i Poètica (dos volumes; 1982)
- Països Catalans? i altres reflexions (1991)
- La narrativa a les Illes Balears (1992)
- Vocabulari Privat (1993; con Antònia Vicens)
- Els Nostres escriptors (1996)
- El llac i la flama (1998)
Traducións
[editar | editar a fonte]- Quinze poetes gallecs (1976)
- Poesia galaico-portuguesa (1984)
- Poesia gallega, portuguesa i brasilera moderna (1988)
- Poemes de Luís Pimentel i Celso Emilio Ferreiro (1992)
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premi Crítica Serra d'Or de poesia por Mandràgola (1981)
- Premi Nacional de la Crítica de Madrid por Mandràgola (1981)
- Premi d'Honor de les Lletres Catalanes[1] (1982)
- Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña[1] (1982)
- Premi d'assaig literari de la Generalitat de Catalunya por Retòrica i Poètica (1982)
- Lletra d'Or por La Capella dels Dolors i altres poemes (1982)
- Premi Crítica Serra d'Or de poesia por Spiritual (1993)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Josep M. Llompart, vint anys després" Arquivado 10 de abril de 2015 en Wayback Machine., artigo en VilaWeb, 28 de xaneiro de 2013 (en catalán).
- ↑ "La cultura catalana perd a Encarnació Viñas, viuda de Josep Maria Llompart" Arquivado 10 de abril de 2015 en Wayback Machine., artigo en VilaWeb, 12 de decembro de 2003 (en catalán).