Juan Karlos Izagirre
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1963 (61 anos) Igeldo, España |
Concelleiro de Donostia | |
2023 – | |
Deputado das Xuntas Xerais de Guipúscoa | |
19 de xuño de 2019 – 23 de xuño de 2023 Circunscrición electoral: Q118798918 | |
Concelleiro de Donostia | |
13 de xuño de 2015 – 19 de xuño de 2019 | |
Alcalde de Donostia | |
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015 ← Odón Elorza – Eneko Goia → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do País Vasco - medicina (–1988) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Donostia |
Ocupación | médico, político |
Empregador | Osakidetza (en) , médico de cabeceira |
Partido político | Euskal Herria Bildu (2012–) Bildu (–2012) |
Juan Carlos Izagirre Hortelano,[1][2] nado en Igeldo, Donostia, Guipúscoa en 1963, é un médico e político vasco. Foi alcalde de Donostia entre 2011 e 2015.
Biografía
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina pola Universidade do País Vasco en 1988, é médico de cabeceira no centro de urxencias extrahospitalarias de Errenteria, á vez que posúe unha consulta privada de medicina deportiva en Donostia. Debido á súa elección como alcalde da cidade tivo que apartarse da súa profesión como médico. Participou activamente na asociación "Itxas Aurre", unha asociación de veciños que leva anos reclamando a segregación do barrio de Igeldo de Donostia; así mesmo tamén participou como médico voluntario nos campamentos de refuxiados saharauís.[3]
Ocupou a alcaldía donostiarra desde xuño de 2011 ata xuño de 2015, tras a vitoria de Bildu nas eleccións municipais de maio de 2011, ás que se presentaba como cabeza de lista independente.[4] Representou, cos seus 8 concelleiros sobre os 27 da corporación, un 24,96% dos votos válidos da cidade.[5]
Nas eleccións municipais de 2015, volveu presentarse como candidato á alcaldía por Euskal Herria Bildu, pero esta candidatura pasou a ser terceira forza política do concello con 6 concelleiros tras o PNV e o PSE-EE. O 13 de xuño de 2015 deu o relevo a Eneko Goia (PNV) na alcaldía de Donostia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Candidaturas ás eleccións municipais en Guipúscoa". Boletín Oficial de Guipúscoa. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ Concello de San Sebastián (ed.). "Composición del grupo Bildu en el ayuntamiento de San Sebastián". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ Biografía: Juan Karlos Izagirre, un médico al frente de la Alcaldía Arquivado 16 de agosto de 2011 en Wayback Machine., EITB, 11 de xuño de 2011.
- ↑ "Juan Karlos Izagirre, de Bildu: un médico que se convierte en quinto alcalde de San Sebastián". 20 minutos. 11 de xuño de 2011. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ Resultados eleccións 2011 en Donostia - San Sebastián Arquivado 23/09/2015, en Wayback Machine.. Consultado o 31 de decembro de 2012.
Predecesor: Odón Elorza |
Alcalde de Donostia 2011-2015 |
Sucesor: Eneko Goia |