Keith Newton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1952 (72 anos) Liverpool, Reino Unido |
Protonotario apostólico | |
17 de marzo de 2011 – | |
1º Xerarca | |
15 de xaneiro de 2011 – 29 de abril de 2024 – David Arthur Waller (en) → Diocese: Ordinariato Pessoal Nossa Senhora de Walsingham (pt) | |
Bispo de Richborough | |
7 de marzo de 2002 – 31 de decembro de 2010 | |
Monseñor | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo británico |
Relixión | Igrexa de Inglaterra e Igrexa católica |
Educación | King's College de Londres |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (2011–), diácono (2011–) |
Keith Newton, nado o 10 de abril de 1952 en Liverpool, Inglaterra, é un prelado da Igrexa Católica nomeado o 15 de xaneiro de 2011 primeiro ordinario do ordinariato persoal da Nosa Señora de Walsingham.[1] Antes da súa entrada na Igrexa Católica, exerceu de sacerdote e bispo na Igrexa de Inglaterra.
Ministerio anglicano
[editar | editar a fonte]Newton estudou no King's College de Londres e obtivo posteriormente un posgraduado en educación no Christ Church College de Canterbury, antes de completar os seus estudos teolóxicos como aspirante á ordenación no St Augustine's College de Canterbury.[2][3]
Newton ocupou os seguintes cargos na Igrexa de Inglaterra:
- 1975 - 1978, cura de Great Ilford St Mary, Chelmsford.
- 1978 - 1985, vigairo en St Matthew’s Wimbledon no Wimbledon Team Ministry, Southwark
- 1985 - 1991, reitor de Blantyre, Malaui e deán da Catedral de Blantyre
- 1991 - 1993, sacerdote encargado de Holy Nativity Knowle, Bristol
- 1993 - 2001, vigairo de Holy Nativity Knowle, Bristol
- 1997 - 2001, sacerdote encargado de All Hallows, Easton
O 7 de marzo de 2002, Newton foi ordenado como bispo anglicano por George Carey, entón Arcebispo de Canterbury. Newton foi nomeado Bispo de Richborough e visitador episcopal provincial para a Provincia de Canterbury en 2002.[4] Mantivo este cargo até o 31 de decembro de 2010.
Ministerio católico
[editar | editar a fonte]En 2008 Newton reuniuse con membros da Congregación para a Doutrina da Fe para falar da posibilidade de unirse á Igrexa Católica.[5]
O 8 de novembro de 2010, Newton anunciou a súa intención de abandonar a Igrexa de Inglaterra a finais de ano para unirse ao ordinariato persoal proposto pola Igrexa Católica para acoller a antigos anglicanos que desearan manter algunhas das súas prácticas e tradicións.[6][7]
Newton foi recibido na Igrexa Católica xunto coa súa muller Gill nunha cerimonia na Catedral de Westminster o 1 de xaneiro de 2011, polo bispo Alan Hopes. Na cerimonia tamén foron recibidos Andrew Burnham (antigo bispo de Ebbsfleet), John Broadhurst (antigo bispo de Fulham) e a súa muller Judith e tres antigas relixiosas da Sociedade de Santa Margarida.[8]
O 13 de xaneiro de 2011 foi ordenado como diácono con outros dous antigos bispos anglicanos, Andrew Burnham e John Broadhurst,[9] xa que a Igrexa Católica non recoñece a validez das ordenacións anglicanas dende a publicación da bula Apostolicae Curae de León XIII. Dous días despois, o 15 de xaneiro de 2011, foron ordenados sacerdotes por Vincent Nichols, Arcebispo de Westminster, na catedral da arquidiocese. Nesa data o papa Bieito XVI nomeouno como primeiro ordinario do ordinariato persoal da Nosa Señora de Walsingham para Inglaterra e Gales.[10] Ao estar casado, non pode ser ordenado bispo.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El p. Keith Newton dirigirá el ordinariato personal de Inglaterra y Gales". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2013.
- ↑ Who's Who 2008: London, A & C Black, 2008 ISBN 978-0-7136-8555-8
- ↑ Crockfords (London, Church House 1995) ISBN 0-7151-8088-6
- ↑ "Forward in Faith". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2013.
- ↑ Impact of pope's decree begins to dawn on Church of England members. The Guardian, 26 de outubro de 2009. Accedido o 24 de xullo de 2013, (en inglés).
- ↑ "Statement from five bishops". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013.
- ↑ ex-Anglican bishops are received into full communion Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine., The Catholic Herald, 1 January 2011
- ↑ "Online Magazine Following Birth of 1st Ordinariate". Zenit. 13 January 2011. Consultado o 14 January 2011.
- ↑ Newton, Church in England and Wales website[Ligazón morta] (retrieved 15 January 2011)
- ↑ "Holy See Press Office Statement about the Personal Ordinariate of Our Lady of Walsingham in England and Wales". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2013.