Saltar ao contido

Lécito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lécitos do s. V-IV a. C., Museo de Prehistoria de Valencia

O lécito, lecito, lecithus ou lekhytos, (do grego λήκυθος — lekythos) é un vaso grego antigo usado para almacenar aceites perfumados destinados ao coidado do corpo. Os lécitos úsanse a miúdo ademais como recipientes funerarios. A forma característica do lécito é xeralmente cilíndrica, delgada, cunha soa asa e un pescozo fino, para controlar a dosificación do aceite, ou con forma ovalada (lécito é tamén a xema do ovo,[1] e a lecitina do ovo provén da mesma raíz).[2]

O inicio da produción de lecitos prodúcese aproximadamente no século VII a. C. A forma típica consolídase durante o período da cerámica de figuras negras na rexión do Ática, no século VI a. C.[3]

  1. "bUSCatermos; lécito". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-01-23. 
  2. "Significado de lécito no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-01-23. 
  3. COOK, R. M. Greek Painted Pottery. Londres, Nova York: Routledge, 1997, p. 221.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]