Saltar ao contido

Loreena McKennitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLoreena McKennitt
Biografía
Nacemento(en) Loreena Isabel Irene McKennitt Editar o valor en Wikidata
17 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Morden, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Manitoba (pt) Traducir
Conservatório Real de Música (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e canto Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, cantautora, pianista, compositora, produtora musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica celta, world music e new age Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraSoprano dramático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano, arpa, voz e Acordeón Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoQuinlan Road (pt) Traducir
Verve Forecast (pt) Traducir
Warner Bros. Records
Universal Music Group Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webloreenamckennitt.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0571455 Allocine: 469356 Rottentomatoes: celebrity/loreena_mckennitt TV.com: people/loreena-mckennitt
Facebook: loreenamckennitt Twitter: loreena MySpace: loreenamckennitt Spotify: 1JdeDdujDbS6ZeSlkXqx3a Last fm: Loreena+McKennitt Musicbrainz: c1e5344e-1bff-4727-9417-a4f55e41b5ff Songkick: 156551 Discogs: 213366 Allmusic: mn0000829267 Deezer: 2760 Genius: Loreena-mckennitt Editar o valor en Wikidata

Loreena McKennitt, nada en Morden (Manitoba) o 17 de febreiro de 1957, é unha cantante e intérprete de piano e arpa canadense, con ascendencia escocesa e irlandesa. Actualmente reside en Ontario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus nove discos conságrana como unha grande intérprete no universo da música celta. Os seus discos Elemental e To Drive the cold winter away marcaron un antes e un despois na súa carreira musical. Antes destes discos Loreena traballaba na compañía teatral estábel do Shakespearean festival, onde tivo tempo de se inspirar no poeta William Butler Yeats, así como na música de The Bothy band e Alan Stivell.

No seu primeiro disco deuse a coñecer con cancións como "Banks of Claudy" ou "Stolen Child", mentres que no segundo deixa claro o seu desexo de mesturar a cultura celta con outras procedentes doutros lugares. Loreena non deixou de percorrer mundo cambiando a súa música a medida que encontraba novas culturas: en 1991 visitou Venecia, Hungría, Ucraína, España e varias partes de Asia para poder realizar o disco The Visit. Segundo ela, a música é un medio de comunicación entre as distintas culturas, e iso é especialmente patente nos discos dos anos 90. Por exemplo, "Tango to Evora" é unha canción que fai referencia á danza arxentina e a histórica cidade portuguesa de Évora, utilizouse nun documental canadense,[1] foi versionada en grego,[2] en turco,[3] en farsi,[4] en finés,[5] alemán,[6] kurdo,[7] albanés[8] e romanés.[9] No seu quinto disco, "The Mask and Mirror", McKennit buscou facer unha peregrinación musical pancéltica seguindo camiños de inspiración desde Irlanda a Galiza e Oriente Medio, pasando por Granada ou Marrakech[10] A melodía da canción "Santiago" baséase nun arranxo animado da cantiga nº 26 do século XIII "Non é gran cousa se sabe", das Cantigas de Santa María.[11]

Despois daquel disco, Loreena gravou The Book of Secret, Live in Paris and Toronto e An Ancient Muse.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Editou 9 álbums (8 álbums en estudio e o directo Live in Paris and Toronto; 13 millóns de exemplares foron vendidos por todo o mundo):

  • Elemental (1985).
  • To drive the cold winter away (1987).
  • Parallel dreams (1989).
  • The visit (1991).
  • The mask and the mirror (1994).
  • A winter garden : five songs for the season (1995).
  • The book of secrets (1997).
  • Live in Paris and Toronto (1999).
  • An Ancient Muse (2006).
  • An Ancient Muse (2007, edición limitada).

Bandas sonoras

[editar | editar a fonte]
  • Bayo (1985).
  • Heaven on Earth (1986).
  • To a safer place (1987, documental).
  • Goddess Remember (1989, documental).
  • Highlander III (canción Bonny Portmore, 1995)

Premios e outros méritos

[editar | editar a fonte]
  • 1992 : Premio Juno ao mellor álbum de música tradicional por The Visit
  • 1994 : Premio Juno ao mellor álbum de música tradicional por The Mask and the Mirror
  • 1997 : Premio Billboard International Achievement Award
  • 2002 : Doutor honoris causa en letras da Universidade Wilfrid Laurier
  • 2003 : Orde de Manitoba
  • 2004 : Orde do Canadá

Complementos

[editar | editar a fonte]

Loreena McKennitt é moi activa nas seguintes asociacións :

  • Creación da Fundación para a memoria de Cook-Rees, (salvamento e seguridade náutica)
  • Participación financeira nos Fondos de Socorro da Sociedade da Medialúa Vermella Turca e da Cruz Vermella Grega
  • Creación en 2002 do Centro Falstaff Family en Statford
  1. "The Burning Times". Consultado o 2023-03-13. 
  2. "HARIS ALEXIOU - To tango tis Nefelis (Nefeli's tango)". Consultado o 2023-03-13. 
  3. "Nilüfer - Çok Uzaklarda". Consultado o 2023-03-13. 
  4. "Goleh Orkideh by Ilia Monfared (ENG SUB)". Consultado o 2023-03-13. 
  5. "Katkennut helminauha". Consultado o 2023-03-13. 
  6. "Bettina Wegner - Alles was ich wünsche". Consultado o 2023-03-13. 
  7. "Homar Dzay - Xozga ; هۆمەر دزەیی - خوایە ئەبێ ئێستا". Consultado o 2023-03-13. 
  8. "Tinguj Zemre ; Eli Fara - Rruges i Trishtuar". Consultado o 2023-03-13. 
  9. "Malina Olinescu- Tango to Evora". Consultado o 2023-03-13. 
  10. "The Mask And Mirror". Loreena McKennitt (en inglés). Consultado o 2023-03-13. 
  11. "CSM 26. Non é gran cousa se sabe ; bon joizo dar". sonusantiqva.org. Consultado o 2023-03-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]