Luís Huici
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Provincia de Zaragoza, España |
Morte | 20 de agosto de 1936 (39/40 anos) Pastoriza, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | pintor, debuxante, xastre |
Luís Huici Fernández, nado en Barballor (Zaragoza) en 1896 e finado en Pastoriza (Arteixo) o 20 de agosto de 1936, foi un xastre, pintor, debuxante e gravador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun farmacéutico galego e de nai asturiana. Cando morreu o seu pai foi vivir con súa nai a Oviedo, onde aprendeu o oficio de xastre.[1] Instalouse na Coruña cara a 1920. No seu taller celebrábase un parladoiro no que participaban Álvaro Cebreiro, Manuel Crestar, Francisco Miguel Fernández Moratinos, Luís Seoane e José Villaverde Velo. Militante de Izquierda Republicana, foi presidente do grupo Amigos de las Artes Nuevas (ADLAN) e pertenceu ao Centro de Estudios Sociales Germinal. Fundou o primeiro cineclub da Coruña. Foi redactor de El Noroeste e as súas obras publicáronse en La Zarpa, Vida, Galicia, Tonel, Luz e Alfar. Foi asasinado en agosto de 1936.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Aurora Carreras Cao.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Isabel Bugallal (2 de xuño de 2013). "Luis Huici, el sastre artista". La Opinión de A Coruña (en castelán).
- ↑ Luís Huici na base de datos do proxecto Nomes e voces.
- ↑ "Del Registro Civil". El Ideal Gallego. 28/07/1925. p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]