Mar Vermello
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tipo | mar | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | vermello | |||
Parte de | Océano Índico | |||
| ||||
Comparte fronteira con | África do Norte Oriente Medio | |||
Afluentes | Rio Barka (pt) ,Rio Aligide (pt) ,Rio Comaile (pt) ,Fah River (en) ,Naẖal Gar‘init (en) ,Naẖal Garof (en) ,Naẖal Shaẖmon (en) ,Naẖal Shelomo (en) ,Nahal Gishron (en) ,Nahal Roded (en) ,Rio Wadi Laba (pt) ,Wadi Watir (en) ,Rio Wokiro (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 0 m | |||
Profundidade | 3.040 m | |||
Dimensións | 355 () km | |||
Atravesa | Exipto, Arabia Saudita, Sudán, Djibuti, Eritrea, Iemen, Israel e Xordania | |||
Superficie | 445.816 km² 438.000 km² | |||
O mar Vermello é unha baía do océano Índico entre África e Asia. Ao sur comunícase co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ao norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez, que permite a comunicación co mar Mediterráneo.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Ten pouco máis de 1900 km de longo, un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km².
Hai unha gran cantidade de formacións coralinas pola exuberancia de vida submarina, con gran variedade de peixes e corais. Está poboado por máis de 1.000 especies de invertebrados, de 200 especies de corais e de, polo menos, 300 especies de tiburóns. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os mergulladores.
As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa até os 200 m de profundidade, mais pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.
A creación do Mar Vermello débese á separación de África e a Península Arábiga (Asia). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e mantense na actualidade, o que explica a existencia de actividade volcánica nas partes máis fondas. O modelo de Tuzo Wilson asegura que o Mar Vermello se converterá nun océano, e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'.
Os países lindantes co Mar Vermello son Exipto, Sudán, Eritrea e Djibuti na beira africana e Israel, Xordania, Arabia Saudita e o Iemen na beira asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab, Port Sudan, Port Safaga, Hurghada, Suéz, Sharm el-Sheikh, Eilat, Acaba, Dahad, Jedda ou Al-Hudaidah.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Vermello |