Saltar ao contido

Michael E. Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichael E. Brown

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Huntsville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónVirgil I. Grissom High School (en) Traducir
Universidade de Princeton
Universidade de California, Berkeley - Doutor en filosofía Editar o valor en Wikidata
Director de teseHyron Spinrad (pt) Traducir e Imke de Pater (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPlanetoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Tecnolóxico de California Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoKonstantin Batygin (pt) Traducir e Megan Schwamb (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webgps.caltech.edu… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3610426 Twitter: plutokiller Musicbrainz: c0956003-d969-4f44-b370-bca4f263f392 Editar o valor en Wikidata
Michael (Mike) E. Brown
Michael E. Brown
Obxectos transneptunianos: 14
(50000) Quaoar 4 de xuño de 2002
(84719) 2002 VR 3 de novembro de 2002
(90377) Sedna 14 de novembro de 2003
(90482) Orcus 17 de febreiro de 2004
(119951) 2002 KX 17 de maio de 2002
(120178) 2003 OP 6 de xullo de 2003
(120347) 2004 SB 22 de setembro de 2004
(120348) 2004 TY 3 de outubro de 2004
(126154) 2001 YH 18 de decembro de 2001
(126155) 2001 YJ 20 de decembro de 2001
(136108) Haumea 28 de decembro de 2004
(136472) Makemake 31 de marzo de 2005
(136199) Eris 8 de xaneiro de 2005
(136199) Eris I Dysnomia 10 de setembro de 2005
Outros obxectos descubertos:
(87) Sylvia I Romulus 18 de febreiro de 2001

Michael E. Brown, nado o 5 de xuño de 1965 en Huntsville (Alabama), é un profesor do planetario astronómico do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) dende o 2003. Anteriormente foi profesor asociado de Caltech no 2002–2003 e profesor asistente, tamén en Caltech en 1997–2002.[1]

Educación

[editar | editar a fonte]

Brown graduouse no Instituto Virgil I. Grissom en 1983. Brown obtivo o A.B. en física na Universidade de Princeton en 1987. Logo fixo un máster e un doutoramento, en 1990 e 1994 respectivamente, na Universidade de California, Berkeley.[1]

Descubertas

[editar | editar a fonte]

Brown é coñecido na comunidade científica polas súas pequisas de obxectos que orbitan o Sol. O seu equipo descubriu moitos dos obxectos transneptunianos (TNOs). Particularmente notables son Eris, o único TNO descuberto que é maior que Plutón, e é un dos planetas ananos que hai no Sistema Solar; 90377 Sedna, un planetoide; e 90482 Orcus.

Controversia sobre Haumea

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Haumea (planeta anano).

Brown e o seu equipo tamén estiveron observando o planeta anano Haumea aproximadamente seis meses antes de que fora anunciada a súa descuberta por José Luis Ortiz Moreno e os seus compañeiros do Observatorio de Serra Nevada, en España. Brown acusou a Ortiz de fisgar no seus arquivos para levalo recoñecemento da descuberta de Haumea. O certo é que IPs radicadas no Instituto de Astrofísica de Andalucía (CSIC), onde Ortiz traballa, constan como titulares de correos electrónicos enviados por Ortiz e compañeiros. Isto ocorreu na semana anterior ao anuncio do descubrimento.[2] Cando se lle preguntou por esta actividade el respondeu que a única razón era porque non anunciaban o obxecto, pois eles xa o tiñan identificado.[3]

Brown pediulle á Unión Astronómica Internacional que lle acredite ao seu equipo o descubrimento de Haumea. Non obstante, Ortiz e compañeiros son os descubridores, mentres que a autoría do nome é de Brown. Ortiz prefería Ataecina.

Honores e galardóns

[editar | editar a fonte]

Brown foi definido por Time's no 2006 como unha das cen persoas máis influentes.[4] No 2007 recibiu o premio anual de Caltech, Feynman Prize. O asteroide 11714 Mikebrown, descuberto o 28 de abril de 1998, recibe o seu nome na súa honra.[5]

Michael Brown formou persoas da astrofísica como poden ser Jean-Luc Margot, Chad Trujillo, e Marc Kuchner.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Brown casou con Diane Binney o 1 de marzo de 2003,[6] con quen ten unha filla.[7]

  1. 1,0 1,1 Brown, Michael. "Curriculum vitae". Consultado o 4 de marzo de 2010. 
  2. Brown, Michael. "The electronic trail". Consultado o 11 de marzo de 2010. 
  3. Overbye, Dennis (2005-09-13). New York Times, ed. "One Find, Two Astronomers: An Ethical Brawl". Consultado o 2006-08-25. 
  4. Lemonick, Michael D. (2006-04-30). Time, ed. "Mike Brown: Pluto's Worst Nightmare". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2010. Consultado o 2006-08-25. 
  5. JPL Small-Body Database Browser. Jet Propulsion Laboratory, ed. "11714 Mikebrown (1998 HQ51)" (online). Consultado o 2009-02-20. 
  6. Brown, Michael. "Mike and Diane's Fabulous Wedding Web Page". Consultado o 2006-08-25. 
  7. Brown, Michael. "Lilah Binney Brown". Consultado o 2006-08-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]