Mickey Rooney
Mickey Rooney, nado Joseph Yule, Jr. en Nova York o 23 de setembro de 1920 e finado no barrio de Studio City dos Ánxeles o 6 de abril de 2014, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dos actores de vodevil Joe Yule e Nellie W. Carter, comezou a súa carreira en 1922 con 17 meses como parte do espectáculo de seus pais ata que se separaron en 1924, quedando Mickey con súa nai que marchou a vivir a Hollywood. A partir de 1927 realizou o papel de Mickey McGuire, baseado na banda deseñada de Fontaine Fox, nunha longa serie de curtas que remataron en 1936.
Ao ano seguinte seleccionouse a Rooney para realizar o papel de Andy Hardy en A Family Affair e fixo o seu primeiro protagonista nunha longametraxe, en Thoroughbreds Don't Cry xunto a Judy Garland. En Boys Town con Spencer Tracy interpretou o seu primeiro papel dramático. Outros filmes de grande éxito foron Babes in Arms (1939), Strike Up the Band (1940) e Babes on Broadway (1941).
Durante a segunda guerra mundial serviu no exército entretendo as tropas en Europa e América e como personalidade da radio da American Forces Network. Despois da guerra volveu á súa carreira como actor pero con menos éxito. The Mickey Rooney Show (1954-1955) foi a primeira serie que realizou para a televisión. Na década de 1960 actuou sobre todo no teatro, aínda que seguiu a actuar en filmes, como en Breakfast at Tiffany's (1961) e na televisón, coa súa propia serie Mickey (1964-1965). Desde entón seguiu a alternar o seu traballo en cine, televisión e teatro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mickey Rooney |
- Nados en 1920
- Finados en 2014
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Personalidades da radio dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Nados en Nova York
- Óscar honorífico