Saltar ao contido

Monte de Nenos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Vista da ría de Xuvia dende o Monte de Nenos, Sedes.

O monte de Nenos é un monte de 367 m de altitude, situado na comarca de Ferrolterra, entre os concellos de Narón (o lugar de maior altitude do municipio, na parroquia de Sedes), San Sadurniño e Valdoviño.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Vértice xeodésico no cumio do Monte de Nenos cuberto de lixo industrial.

No monte de Nenos nacen varios ríos que fornecen o encoro das Forcadas, a lagoa da Frouxeira e o río Grande de Xuvia. No seu cume hai un conxunto de dezaseis mámoas de distintos tamaños coñecidas como Os Montiños da Moura. Polo monte de Nenos tamén pasa o camiño a Santo André de Teixido.

Aproveitamento

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Parques eólicos en Galicia.

Nos últimos anos instalouse no seu cumio un parque eólico e antenas de telecomunicacións. En 2012 a empresa Xilo Galicia verteu 2.500 toneladas de lixo industrial no cumio[1][2].

Ademais do parque eólico construído no monte, entre os concellos de Narón e Valdoviño, e o uso como localización de telecomunicacións tanto no monte como nas zonas máis próximas, existen explotacións agrarias e gandeiras así como plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Na ladeira do monte está o parque Aldea Nova do concello de Narón.

Nome do Parque Eólico Concello Muíños Data Empresa Potencia
kW
P. E. Novo Valdoviño - Narón 25 2002 Energías Ambientales de Novo, S.A. 18.750

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.