Myles Kennedy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1969 (54 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Mead High School (en) Spokane Falls Community College (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantautor, cantante, compositor |
Período de actividade | 1988 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Hard rock, Metal alternativo, Blues rock, heavy metal tradicional (pt) e Post-grunge |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra, piano, trompeta, baixo e voz |
Selo discográfico | Epic Records Roadrunner Records Universal Republic Records (pt) Wind-Up Records (pt) EMI |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | myleskennedy.com |
|
Myles Richard Kennedy, nado como Myles Richard Bass[1] o 27 de novembro de 1969,[2] é un músico, cantante e compositor estadounidense máis coñecido por ser o cantante principal e guitarrista da banda de rock Alter Bridge, e como o vocalista nos concertos do proxecto en solitario de Slash.[3] Antigo profesor con orixe en Spokane, Washington, Kennedy é coñecido pola súa habilidade como guitarrista e vocalista, cunha voz tenor. Traballou como músico e compositor, facendo aparicións en estudio e en directo con moitos artistas durante anos, e estivo en múltiples proxectos na súa carreira. Máis recentemente, colaborou con Slash no seu álbum de debut homónimo, Slash.[4] Máis notablemente, Kennedy colaborou con antigos membros de Led Zeppelin, nun proxecto con Jimmy Page, John Paul Jones e Jason Bonham en 2008.[5]
Kennedy creceu en Spokane, Washington, onde foi ao Spokane Falls Community College a estudar teoría musical. Comezou a súa carreira musical en 1990 como guitarrista principal da banda de jazz Cosmic Dust, coa que lanzou un álbum de estudio. A súa segunda banda, Citizen Swing, sacou dous álbums de estudio antes de separarse en 1995. Entón converteuse no vocalista e no guitarrista principal de The Mayfield Four en 1996, banda con base en Spokane, cos cales sacou dous álbums de estudio. Mentres estaba na banda, fixo unha aparición na película Rock Star, que protagonizaban Mark Wahlberg e Jennifer Aniston.[6] The Mayfield Four separáronse un ano despois, en 2002. Despois de declinar unha oferta para facer unha audición para ser vocalista de Velvet Revolver,[7] pedíronlle que se unise a Alter Bridge xunto a antigos membros de Creed.[8] Lanzou tres álbums de estudio con Alter Bridge: One Day Remains, Blackbird, e o máis recente da banda, AB III, que debutou no posto 17 das listas Billboard.[9] Kennedy está de xira dende 2010, tocando cos seus dous proxectos principais, Alter Bridge e Slash.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Cosmic Dust
[editar | editar a fonte]- (1991) Journey
Con Citizen Swing
[editar | editar a fonte]- (1993) Cure Me With the Groove
- (1995) Deep Down
Con The Mayfield Four
[editar | editar a fonte]- (1997) Motion (Sony Music)
- (1998) Fallout (Sony Music)
- (2001) Second Skin (Sony Music)
Con Alter Bridge
[editar | editar a fonte]- (2004) One Day Remains (Wind-Up Records)
- (2007) Blackbird (Universal)
- (2009) Live From Amsterdam
- (2010) AB III (Roadrunner Records)
- (2012) Live At Wembley
- (2013) Fortress
- (2016) "The Last Hero"
Con Slash
[editar | editar a fonte]- (2010) Slash (Roadrunner Records)
- (2010) Live in Manchester (Roadrunner Records)
- (2011) Made In Stoke 24/7/11 (Eagle Rock Entertaiment)
- (2012) Apocalyptic Love (Roadrunner Records)
- (2014) World on Fire (Dik Hayd International/Roadrunner Records)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ListenIn.org Interview". Listenin.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2011. Consultado o 26 de maio de 2011.
- ↑ "Myles Kennedy - Biography". IMDb.
- ↑ Joe Bosso (7 de febreiro de 2010). "Slash picks Alter Bridge's Myles Kennedy for solo tour". MusicRadar.
- ↑ "SLASH Taps ALTER BRIDGE Singer For Solo Album". Blabbermouth.net. 6 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2009. Consultado o 2010.
- ↑ "ALTER BRIDGE Singer Says Jamming With LED ZEPPELIN Members Was 'Surreal' (ver vídeo)". Blabbermouth.net. 20 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2012. Consultado o 2010.
- ↑ Linda Laban. "Myles Kennedy Recaptures Youth for Movie Cameo". ABC News.
- ↑ "SLASH, MYLES KENNEDY Interviewed In London". Blabbermouth.net. 25 de xuño de 2010.
- ↑ Joe D'Angelo (8 de xuño de 2004). "Life After Creed: Alter Bridge Look To A Stapp-Free Future". MTV News. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 26 de maio de 2011.
- ↑ "Alter Bridge Album & Song Chart History". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Myles Kennedy |