Neneh Cherry
(2013) | |
Nome orixinal | (sv) Neneh Marianne Karlsson Cherry |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (sv) Neneh Mariann Karlsson 10 de marzo de 1964 (60 anos) Estocolmo, Suecia |
Outros nomes | Neneh Cherry |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora de cancións, compositora, disc-jóckey |
Período de actividade | 1987 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop, trip hop (pt) , hip hop alternativo (pt) , Jazz e Free jazz |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Virgin Records |
Familia | |
Cónxuxe | Cameron McVey (1990–) Bruce Smith (1983–1984) |
Fillos | Naima Karlsson () Bruce Smith Mabel () Cameron McVey |
Pais | Ahmadu Jah e Moki Cherry |
Irmáns | Eagle-Eye Cherry Titiyo |
Parentes | David Ornette Cherry, stepbrother Christian Jon Cherry, stepbrother Marlon Roudette, fillastro |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | nenehcherry.co.uk |
Neneh Mariann Karlsson, nada en Estocolmo o 10 de marzo de 1964 é unha cantante, compositora, rapeira e DJ e locutora ocasional sueca,[1][2] coñecida como Neneh Cherry. A súa carreira musical comezou en Londres a principios da década de 1980, actuando en varias bandas de punk e post-punk bands durante a súa mocidade, incluídas The Slits e Rip Rig + Panic.
Cherry publicou cinco álbums de estudio co seu nome. O primeiro, Raw Like Sushi, publicouse en 1989 e chegou ao número tres no UK Album Chart, grazas en parte ao éxito mundial "Buffalo Stance". O seu segundo álbum foi Homebrew (1992) e catro anos despois publicou Man. Ademais destes discos, formou a banda cirKus en 2006 e colaborou con The Thing, publicando un disco titulado The Cherry Thing en 2012.
Cherry gañou dous Brit Awards e un MTV Europe Music Award (con Youssou N'Dour). Foi tamén candidata aos premios Grammy.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Cherry é a filla de Monika "Moki" Karlsson (1943–2009), pintora e artista téxtil sueca, e o músico Ahmadu Jah (1936–2018). Jah naceu en Serra Leoa, fillo dun xefe tribal que foi a Estocolmo para estudar enxeñaría.[3] Os pais de Cherry separáronse deseguido e a súa nai casou co influente músico de jazz estadounidense Don Cherry, que axudou a criar a Neneh dende o seu nacemento. Ela tomou o apelido do seu padrasto.[1]
Por parte de nai, Cherry ten un medio irmán, o músico Eagle-Eye Cherry. Por parte do seu padrasto, ten unha media irmá, a violinista Jan Cherry, e un medio irmán, o músico de jazz David Ornette Cherry. Polo matrimonio do seu pai con Maylen Bergström, Cherry é medio irmá da cantante Titiyo e do produtor musical Cherno Jah.
En 1983, Cherry casou co batería Bruce Smith[4] e tivo unha filla, Naima.[5][6] Divorciáronse en 1984. Naima é fotógrafa en Londres e ten un fillo chamado Louis Clyde Flynn Love[7] en 2004.[5]
En 1986, Cherry coñeceu o produtor Cameron "Booga Bear" McVey no aeroporto de Heathrow. Cherry e McVey estaban de camiño ao Xapón como mdelos para o deseñador Ray Petri. Cherry pediulle matrimonio e a parella casou en 1990.[8] Cherry e McVey tiveron dúas fillas: Tyson, nada en 1989, e a cantante Mabel, nada en 1996.[5] Cherry e McVey tiveron tamén unha relación laboral: McVey produciu e coescribiu Raw Like Sushi.[9] Ademais, estiveron xuntos no grupo cirKus. Cherry ten un fillastro, Marlon Roudette (antigo líder de Mattafix), pola relación anterior de McVey con Vonnie Roudette.[10]
Discografía
[editar | editar a fonte]Gravacións en solitario
[editar | editar a fonte]- Raw Like Sushi (1989)
- Homebrew (1992)
- Man (1996)
- Blank Project (2014)
- Broken Politics (2018)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Strong, Martin C (2000). The Great Rock Discography. Mojo Books. p. 176. ISBN 1-84195-017-3.
- ↑ Greenstreet, Rosanna (14 de xuño de 2014). "Q&A: Neneh Cherry". The Guardian. Consultado o 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ Mossman, Kate (22 de febreiro de 2014). "Neneh Cherry, interview: 'People ask me where I've been for 18 years'". The Guardian. Consultado o 25 de febreiro de 2014.
- ↑ "Neneh M Karlsson – mentioned in the record of Smith and Neneh M Karlsson". FamilySearch. Consultado o 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Eliezer, Christie (23 de xuño de 2004). "Neneh Cherry". Australian Beat Magazine. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2014.
- ↑ Chapman, Anna (de xullo de 2003). "Interview with Neneh Cherry". Pacha Magazine. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2014.
- ↑ Keens, Oliver (25 de febreiro de 2014). "Five things you didn't know about Neneh Cherry". Time Out London. Consultado o 26 de febreiro de 2014.
- ↑ "Neneh M Karlsson – mentioned in the record of Mcvey and Neneh M Karlsson". FamilySearch. Consultado o 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ Wolfson, Sam (23 de febreiro de 2014). "Neneh Cherry on Buffalo Stance, family ties and ‘coke’ for radio plays". The Guardian. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ Martin, Gavin (23 de decembro de 2011). "Marlon Roudette is huge in Germany". Mirror Online. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.