Nicandro Ares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1926 Santalla de Bóveda de Mera, España |
Morte | 22 de xullo de 2017 (91 anos) Lugo, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, filólogo |
Membro de | |
Nicandro Ares Vázquez, nado o 7 de xuño de 1926 en Santalla de Bóveda de Mera e finado en Lugo o 22 de xullo de 2017, foi un sacerdote e filólogo galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ordenouse sacerdote en 1951.[2] Cursou estudos de teoloxía e filosofía, cun grande interese polas linguas clásicas. Foi cura de San Cristovo da Cervela e axiña se incorporou como profesor no Seminario de Lugo desde 1955 durante 42 anos impartindo Teoloxía e outras materias. A partir de 1964 comeza a publicar artigos referidos a temas históricos e onomásticos, tarefa na que destacou coa publicación de múltiples estudos dedicados á toponimia da diocese de Lugo.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde abril de 2006[3], institución que publicou en 2013 dous volumes co título de Estudos de toponimia galega que recompilan un total de 178 artigos publicados por el entre 1964 e 2011.[4]
A outra súa gran paixón, á que dedicou tempo e estudos, foi o monumento de Santalla de Bóveda, o seu lugar natal.
Boa parte dos seus estudos foron publicados na revista Lucensia do bispado de Lugo. Tamén no xornal El Progreso, na revista Grial etc.
En 2020 publicouse un libro homenaxe co título Don Nicandro Ares. Bo e sabio, coordinado por Javier Diéguez Diéguez.[5] Nel colaboran:
- Presentación, Alfonso Carrasco Rouco
- Don Nicandro Ares Vázquez: lembranza e gabanza, Xesús Alonso Montero
- Nicando Ares Vázquez, sacerdote, profesor e investigador, Argimiro López Rivas
- Nicandro Ares Vázquez e a arqueoloxía lucense. Dúas paixóns: e epigrafía e a Santa Eulalia de Bóveda, Felipe Arias Vilas e Enrique Jorge Montenegro Rúa
- Algunos estudios medievales del profesor Nicandro, Manuel Rodríguez Sánchez
- Nicandro Ares, toponimista, Antón Santamarina
- Nicandro Ares, mestre da onomástica galega, Xesús Ferro Ruibal
- Nicandro, de camiño ás estrelas... Ricardo Polín
- Don Nicandro, Adolfo de Abel Vilela
- Nicandro Ares: humanidade, sabedoría, virtude... Xosé López Díaz
- Don Nicandro, profesor, Anxo González Guerra
- Por que? Tres leccións que aprendín de don Nicandro, Gregorio Ferreiro Fente
- A humildade e a gratitude no mestre Nicandro, Xoán Carlos García Porral
- Bibliografía, Enrique Jorge Montenegro Rúa
Obra
[editar | editar a fonte]- Estudos de toponimia galega. Tomo I (2012). Real Academia Galega, A Coruña. ISBN 978-84-87987-83-0
- Estudos de toponimia galega. Tomo II (2013). Real Academia Galega, A Coruña. ISBN 978-84-87987-85-4
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Academia lamenta o pasamento de Nicandro Ares Vázquez". RAG. 23/7/2017.
- ↑ "Nicandro Ares Vázquez Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ "A Rag dei que Nicandro Ares foi esencial nos estudos dá onomástica galega". web.archive.org. 2017-08-23. Archived from the original on 23 de agosto de 2017. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ VV.AA (2020). Don Nicandro Ares. Bo e sabio. Vozesnavoz Edicións. ISBN 978-84-938334-5-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diéguez Diéguez, Javier (coord.) (2020). Don Nicandro Ares. Bo e sabio. Vozesnavoz Edicións. ISBN 978-84-938334-5-9.