Saltar ao contido

Parque Nacional Bialowieza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional Bialowieza
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoParque nacional Editar o valor en Wikidata
Parte deBosque de Białowieża Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaHajnówka, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°46′N 23°52′L / 52.77, 23.87
Características
Superficie105,173 km² Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio natural
Data1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade1992, 2004 Editar o valor en Wikidata
Identificador33-002
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 854 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1932 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1992, 2004 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata

Páxina webbpn.com.pl Editar o valor en Wikidata

O Parque nacional Bialowieza atópase no leste de Polonia, próximo á fronteira con Belarús.

Características

[editar | editar a fonte]

Existen importantes masas de bosque primario, non afectado pola influencia humana. Estas forestas conteñen unha gran variedade de especies: dende coníferas coma o abeto e o piñeiro rubio ata especies caducifolias coma o freixo, o carballo común e o lamigueiro. O parque nacional foi creado no 1932 e conta cunha superficie de 10.500 hectáreas. Posteriormente, no 1977, a área foi declarada reserva da biosfera.

A especie emblemática do parque é o bisonte europeo (bison bonasus bonasus). Trala súa extinción en estado salvaxe, foi reintroducido na zona no 1929 e hoxe conta cunha importante poboación. Tamén podemos atopar o cervo, o castor e o lince común. Entre as aves, salientan o grévol, a aguia pomerana e a cegoña negra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]