Pedro Muñoz Seca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1879 El Puerto de Santa María, España |
Morte | 28 de novembro de 1936 (57 anos) Paracuellos de Jarama, España |
Educación | Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | escritor, dramaturgo |
Xénero artístico | Dramaturxia |
Familia | |
Irmáns | José Muñoz Seca |
Parentes | Alfonso Ussía, neto |
Pedro Muñoz Seca, nado en El Puerto de Santa María (Provincia de Cádiz) o 20 de febreiro de 1879 e finado en Paracuellos de Jarama o 28 de novembro de 1936, foi un escritor e autor de teatro. Foi considerado por Sainz de Robles como o «fénix dos enxeños do século XX», e Valle-Inclán deixou escrita esta definición: «Quítenlle ao teatro de Muñoz Seca o humor; íspano de caricatura, arrebátenlle o seu enxeño satírico e facilidade para a parodia, e seguirán diante dun monumental autor de teatro».[1] Morreu fusilado polo bando republicano nunha das matanzas de Paracuellos, catro meses despois do golpe de estado co que tivo lugar o comezo da guerra civil española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou bacharelato no colexio xesuíta San Luis Gonzaga da súa vila natal, xunto a Juan Ramón Jiménez e Fernando Villalón. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Sevilla, licenciándose en 1901. Nesta cidade coñeceu o mundo do teatro. Alí estreou Las Guerreras, e en 1903 o sainete El Maestro Canillas en El Puerto de Santa María.
Marchou a Madrid en 1904, onde estreou a súa primeiras obra, El Contrabando, no teatro Lara, escrita en colaboración con Sebastián Alonso. En Madrid traballou de profesor de grego, latín e hebreo. En 1908 comezou a traballar no Ministerio de Fomento.
Casado en 1908 con Asunción Ariza Diez de Bulnes. É avó do escritor Alfonso Ussía.
Obra
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garzón Garzón, Juan Ignacio (17 de agosto de 2008). "Anacleto vuelve a divorciarse en el puerto de Santa maría". ABC. Consultado o 18 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Muñoz Seca |