Saltar ao contido

Pluvialis fulva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pluvialis fulva
Píllara dourada siberiana

Pluvialis fulva en plumaxe reprodutora en Alasca

P. fulva en plumaxe non reprodutora en Tailandia
P. fulva en plumaxe non reprodutora en Tailandia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Charadrii
Familia: Charadriidae
Xénero: Pluvialis
Especie: P. fulva
Nome binomial
Pluvialis fulva
Gmelin, (1789)
Área de distribución de Pluvialis fulva      Área de cría.     Área de migración.     Área de invernada.     Errante (estacionalidade incerta).
Área de distribución de Pluvialis fulva
     Área de cría.     Área de migración.     Área de invernada.     Errante (estacionalidade incerta).

Área de distribución de Pluvialis fulva
     Área de cría.     Área de migración.     Área de invernada.     Errante (estacionalidade incerta).
Sinonimia
Véxase o texto
Ovos de Pluvialis fulva

A píllara dourada siberiana,[2] nalgunhas fontes píldora dourada siberiana,[3][4] (Pluvialis fulva) é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos, unha das catro integradas no xénero Pluvialis.

É unha ave costeira migratoria que se reproduce durante o verán en Alasca e Siberia. Durante a época non reprodutiva, esta píllara de tamaño mediano migra cara ao Pacífico.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1789 polo naturalista e químico alemán Johann Friedrich Gmelin,[5][6][7] baixo o nome de Charadrius fulvus.[5]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Charadrius fulvus Gmelin, 1789 (protónimo)
  • Charadrius griseus Latham, 1801
  • Charadrius xanthocheilus Wagler, 1827

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Pluvialis.

O epíteto específico, fulva, é o nominativo feminino singular do adxectivo latino fulvus, -a, -um, "amarelado", "de cor dourada".[8]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

O adulto mide de 23 a 26 cm de longo e presenta unha plumaxe de cor dourada e negra na cabeza, dorso e ás. A súa face e pescozo son negros cunha beira branca e a fronte, coxas e patas tamén son negras. En inverno perde a plumaxe escura e substitúeo por outro máis amarelado na face, coas partes inferiores de cor branca.

A súa envergadura alar media é de 61 cm. No seu estado máis lixeiro e sen graxa, as aves pesan uns 135 g. En marzo, as aves comezan a gañar peso. Antes de marchar para os seus lugares de cría do Ártico, as aves pesan uns 198 g.[9]

É similar ás outras dúas píllaras douradas, a píllara dourada europea (Pluvialis apricaria) e a píllara dourada americana (Pluvialis dominica). A siberiana é de menor tamaño e ten patas máis longas que a europea, que tamén ten plumas axilares brancas. Aseméllase moitísimo á americana, e nalgún momento foron considerados da mesma especie.[10] A píllara dourada siberiana ten complexión máis delgada que a especie americana, patas máis longas e un ton amarelo máis vivo na súa parte posterior.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Habita na tundra ártica, desde o extremo norte de Asia ata o oeste de Alasca. Fai o niño no chan, nunha zona seca aberta.

É unha ave migratoria e pasa o inverno no sur de Asia e en Australasia. Un número reducido de exemplares migra cara a California e Hawai, nos Estados Unidos. Tamén é unha ave accidental en Europa Occidental, incluída Galicia.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de insectos, crustáceos, arañas e froitos vermellos, que encontra na tundra, en campos, praias e outras zonas chairas, xeralmente localizándoos coa vista.[9][11]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerable segundo o criterio do tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuindo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerable de acordo co criterio de tendencia da poboación. Por estas razóns, o status da especie avalíase como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2019): Pluvialis fulva na Liata vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 9 de novembro de 2022.
  2. "LISTA DE LAS AVES DE ESPAÑA Edición de 2019 (nombres en gallego)" (PDF). p. 30. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2020. Consultado o 08 de outubro de 2020. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. 5,0 5,1 5,2 Pluvialis fulva (J. F. Gmelin, 1789) na BioLib. Consultada o 10 de setembro de 2922.
  6. Pluvialis fulva (Gmelin, 1789) no GBIF. Consultado o 10 de 2022.
  7. Pluvialis fulva (Gmelin, 1789) no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2922.
  8. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, páxina 166.
  9. 9,0 9,1 Johnson, Oscar W. & Scott, Susan (2016): Hawai'i's Kōlea: The Amazing Transpacific Life of the Pacific Golden-Plover. Honolulu: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-6696-9.
  10. Sangster, G.; Knox, A .G.; Helbig, A. J. & Parkin, D. T. (2002): "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144 (1): 153–159.
  11. "Pluvialis fulva — Pacific Golden Plover" (en inglés). Australian Government: Department of Sustainability, Environment, Water, Population and Communities. Consultado o 6 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]