Río Cetina
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Croacia | ||||
División administrativa | Croacia | ||||
Final | |||||
Localización | mar Adriático | ||||
| |||||
Conca hidrográfica | conca do Adriático | ||||
Características | |||||
Altitude | 3 m | ||||
Dimensións | 105 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 3.700 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 105 m³/s | ||||
O río Cetina é un curso fluvial do centro da Dalmacia (Croacia), que despois de percorrer uns 105 km desemboca no mar Adriático.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Cetina nace na ladeira noroeste do monte Dinara a 385 m de altura. O manancial está preto da aldea homónima de Cetina, sita a 7 km ao norte da cidade de Vrlika. A uns 25 km forma o lago artificial de Peruča. O río pasa despois á rexión cárstica de Sinj. Toma logo dirección leste antes de retomar a dirección oeste cerca do macizo montañoso de Mosor. Acaba o seu curso no mar Adriático, non lonxe da localidade de Omiš, onde antes de desaugar forma un formidable canón.
A súa conca hidrográfica ocupa unha superficie duns 3.700 km². A pluviosidade media anual na conca é de 1.380 mm, o que permite un caudal medio do río de 105 m³/s.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]As montañas que percorre forman parte dos Alpes dináricos; están constituídas de material sedimentario, principalmente calcarias, que datan do período cretáceo, pero hai tamén materiais do triásico e xurásico.
Explotación económica
[editar | editar a fonte]A súa corrente é utilizada en varios lugares par producir enerxía hidroeléctrica. As súas augas son embotelladas como de Cetina.
Historia e arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media, o río serviu de fronteira entre o reino de Croacia e o reino de Serbia. O seu val foi unha ruta comercial importante que ligaba Bosnia e Hercegovina co litoral adriático.
Hai restos que indican que a agricultura na rexión remonta ao neolítico na parte alta do val do Cetina. Durante a Idade de Bronce, a zona posuía unha cultura particular. O río recibiu ofrendas durante a prehistoria, sobre todo preto da súa confluencia co río Ruda, preto da localidade de Trilj.
A zona estivo ligada aos dálmatas, e acolleu unha fortificación romana en Tilurium, preto da actual Trilj, que gardaba a entrada do val que conducía á capital provincial: Salona. Durante a Alta Idade Media, o río oficiaba de fronteiro entre os poderes romano-bizantinos e os eslavos. Xa, máis tarde, a inicios do século XVI, a zona foi conquistada polo Imperio Otomán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Río Cetina, información na web turística de Omis (en inglés).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Cetina |