Saltar ao contido

Reus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReus
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°09′18″N 1°06′31″L / 41.15487, 1.10871
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona
Ámbito funcional territorialCamp de Tarragona
Comarcael Baix Camp Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalReus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación108.479 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.054,53 hab./km²)
Número de fogares545 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie52,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude117 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1833 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataSandra Guaita Esteruelas (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43200–43206 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico977 Editar o valor en Wikidata
Código INE43123 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT431233 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webreus.cat Editar o valor en Wikidata

Reus é unha cidade e un concello catalán pertencente á provincia de Tarragona. Ocupa unha área de 52,82 km², e no ano 2022 tiña 106.741 habitantes[1]. É a capital da comarca do Baix Camp.

Dous antigos municipios forman parte do actual termo municipal de Reus: El Burgar e Mascalbó. No arrabalde da cidade atópase o Aeroporto de Reus, que é ao tempo o da capital provincial, Tarragona.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Os cursos de auga son regos (barrancs, riera, en catalán), dos que os principais son o Ruben Barranco del carrer Rocamora, os da Abeurada, Cinc Ponts, Roquís, Boella, Escòrial e Pedret e as Rieras de la Quadra, da Selva, de Maspujols e o de Pi del Burgar.

O centro urbano é a Praza Prim. O núcleo antigo está entre os barrios de Robuster, de Sant Pere, de Jesús, de Martí Folguera, do Pallol e de Santa Anna, zona coñecida como Tomb de Ravals. Un núcleo máis moderno está delimitado polo perímetro de Riera Miró, avenida Sant Jordi, rúa Dr. Robert, Passeig Mata, Passeig Sunyer, Plaça de les Oques, Passeig Prim, Plaça Pastoreta, avenida La Salle, avenida Pere el Cerimoniós e Riera Aragó. Para alén destes límites a cidade está en expansión.

Centros educativos

[editar | editar a fonte]

Ademais de centros de estudos dos diversos niveis de primaria e secundaria, a cidade conta cunha facultade de Ciencia Económicas e Empresariais, e outra de Medicina e Ciencias da Saúde, que dependen da Universidade Rovira i Virgili.

As festas maiores de Reus son as de san Pedro, o 29 de xuño. O 25 de setembro celébrase a festa da Misericordia. Evento característico da festa maior é a tronada. Outras festas a destacar son o Entroido (Carnestoltes) e a Festa de l'anada na estrada para Salou. Moitos dos barrios teñen a súa propia festa.

Reus é un grande centro comercial. As rúas máis comerciais son as de LLovera, Monterols, Sant Joan, Galanes, Jesús e do Vent.

Arredor do día de Sant Jaume (Santiago) hai feira, antes gandeira, mais hoxe en día de carácter variado. A Feira de Mostras celébrase no Pavillón de Feiras, construído case especificamente ad hoc hai uns trinta anos, en terreos da antiga estación de ferrocarril.

O mercado semanal ten lugar os luns e sábados no edificio do Mercado Central. A lonxa de contratación de froitos secos que se celebraba na Praza de Prim foi clausurada en 2004.

Edificios singulares

[editar | editar a fonte]
Instituto Pere Mata.
  • Pazo Bofarull (Palau Bofarull), sede da Escola e Conservatorio de Música, que ten auditorio.
  • Pazo dos Marqueses de Tamarit (actual Centro de Lectura).
  • Casa Navàs, na praza Mercadal).
  • Casa Cochs.
  • Cal Boule (Raval Santa Anna)
  • Casa Rull (antigo Museu Prim-Rull e arquivo municipal)
  • Casa Gassull (Carrer de Sant Joan)
  • Casa Serra (na estrada de Castellvell)
  • Campanar (Praza de Sant Pere)
  • Castell del Cambrer (Praza do Castell)
  • Banco de España (Raval Santa Anna), hoxe Museo Salvador Vila-seca.
  • Casa do Concello
  • Entre as diversas casas da época do Modernismo catalán (Modernisme), destacan os pavillóns do Instituto Pere Mata construídos entre 1899 e 1919.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
A tronada nas festas

Fican aínda algunhas fontes, como a da praza do Sang (de 1779), a de Neptuno na praza do Víctor (de 1789), a de Hércules na praza homónima (de 1857). Fontes ornamentais son as do Nen de les Oques (Plaça de les Oques) e a de Triptolemo (Plaça Joan Rebull).

Contan tamén con fonte as estatuas da Pastoreta (praza Pastoreta) e a de Marià Fortuny (Plaça de la Llibertat). Outras estatuas salientables, sen fonte, son a de Joan Prim (praza Prim) e máis a do Condesito (praza de Marià Fortuny).

Ha tamén algúns monumentos modernos (á Muller Traballadora, á Industria Téxtil etc.) de cariz simbólico.

  1. "Idescat. El municipi en xifres". www.idescat.cat. Consultado o 2023-02-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]