Saltar ao contido

Robert Siodmak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Siodmak
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1900 Editar o valor en Wikidata
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte10 de marzo de 1973 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Locarno (Suíza) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Alemaña Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor, produtor de cinema, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsCurt Siodmak Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0802563 Allocine: 1632 Allmovie: p111677 TCM: 178509 TV.com: people/robert-siodmak
BNE: XX892818 WikiTree: Siodmak-3 Find a Grave: 38280079 Editar o valor en Wikidata

Robert Siodmak, nado en Dresden (Alemaña) o 8 de agosto de 1900 e finado en Ascona (Suíza) o 10 de marzo de 1973 foi un director de cinema estadounidense de orixe alemá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Siodmak traballou como director de escena e como banqueiro antes de converterse en montador e guionista para Curtis Bernhardt en 1925. En 1929 convenceu o seu primo Seymour Nebenzal para que financiase o seu primeiro filme, Menschen am Sonntag, escrito polo seu irmán Curt Siodmak. Co ascenso do Nazismo, Siodmak, de orixe xudía, abandonou Alemaña para ir a París e finalmente a Hollywood, onde chegou en 1939.

Desde 1941 comezou a dirixir filmes de serie B para varios estudios antes de conseguir un contrato de sete anos con Universal Studios en 1943, na que adoitaba ser empregado para salvar producións problemáticas. O seu primeiro filme de serie A foi Cobra Woman en 1944. Ese mesmo ano dirixiu o seu primeiro filme negro, xénero que lle daría recoñecemento. En 1946 conseguiu unha candidatura ao Oscar ao mellor director por Os asasinos.

En 1952, trala problemática produción de O temible burlón marchou a Europa, onde dirixiu Die Ratten, Oso de Ouro no festival de Berlín, ou Nachts, wenn der Teufel kam. Volveu a Hollywood en 1967 para dirixir A última aventura do xeneral Custer, que foi outra decepción.

Finou en 1973, sete semanas despois do pasamento da súa dona.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]