Roman de Rou
Roman de Rou | |
---|---|
Autor/a | Wace |
Lingua | Lingua normanda e francés antigo |
Xénero(s) | crónica e libro cabaleiresco |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Roman de Rou é unha crónica en verso, escrita en lingua normanda por Wace (s. XII). Conta a historia do ducado de Normandía dende a época de Rollón até a batalla de Tinchebray (1106). Está considerada a épica nacional de Normandía. Comezada en 1160, Wace fíxolle as súas derradeiras revisións cara a mediados da década de 1170.
Título
[editar | editar a fonte]A obra recibe o seu nome do propio líder dos normandos, Rollón, chamado Rou na súa lingua.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Tras o éxito da súa obra anterior, o Roman de Brut, que narra a historia dos ingleses, Wace recibiu un encargo de Henrique II para elaborar un relato similar sobre as orixes dos normandos e a súa conquista de Inglaterra.[1] Wace comezou o seu traballo arredor do 1160, e realizou as derradeiras revisións a mediados da década de 1170.
Contidos
[editar | editar a fonte]A Roman de Rou é a epopea nacional de Normandía. Narra a historia dos normandos e dos viquingos dende os tempos de Rollón. Para alén de recoller os eventos históricos relevantes, Wace engadiu comentarios sobre a vida e o carácter dos personaxes, anécdotas, ou reflexións sobre o antagonismo entre os normandos e os franceses.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O Roman de Rou consta de tres partes:
- A primeira parte, composta por 315 versos, é unha relación dos duques normandos en orde cronolóxica inversa (chamada Chronique Ascendante). Os especialistas consideran que se trata dun engado á obra orixinal de Wace.
- A segunda parte está composta por 4.425 versos alexandrinos.
- A terceira parte consta de 11.400 versos octosílabos.
- Existe unha cuarta parte, de 750 versos, coñecida como Le Romaunz de Rou et des dus de Normandie, anexada nalgunhas edicións do texto. Parece ser unha versión primeira descartada, e logo integrada no texto final.
Fontes
[editar | editar a fonte]Para a elaboración do Roman de Rou, Wace empregou diversas fontes históricas, entre as que destacan as seguintes:
- A Gesta Normannorum Ducum.
- De moribus et actis primorum Normanniae ducum, de Dudon de Saint-Quentin.
- A Gesta Guillelmi, de Guillaume de Poitiers.
- A Gesta Regum Anglorum, de Guillaume de Malmesbury.
- Brevis relatio de Guillelmo nobilissimo comtie Normannorum.
- A tradición oral, composta por testemuños oculares, algúns procedentes da súa propia familia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Wace - Norman-French Poet, 12th-Century Historian - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-04-15. Consultado o 2024-04-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Roman de Rou dispoñible en Gallica.