Rugby Viadana
Nome | Rugby Viadana 1970 | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1970 | ||
Sede | Viadana (provincia de Mantua), Italia | ||
Estadio(s) | Stadio Luigi Zaffanella | ||
Capacidade | 6.000 espectadores espectadores | ||
Presidente | Davide Tizzi | ||
Adestrador | Regan Sue | ||
Capitán | Roberto Santamaria | ||
Liga(s) | Eccellenza | ||
2014-2015 | 6º (liga regular) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.rugbyviadana.it |
O Rugby Viadana é un club de rugby italiano da cidade de Viadana (Lombardía), que actualmente compite no Eccellenza, a máxima categoría do rugby italianos. O club foi fundado en 1970 e gañou a Liga Italiana en 2002, e a Coppa Italia en catro ocasións. Tamén competiu en competicións europeas, sendo finalistas da European Shield en 2004. O Viadana xoga coas cores amarela e negra.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1970 como unha sección dentro do Vitellianense Cebogas Multisports Club por algúns ex xogadores do Rugby Parma. O equipo comezou a súa andaina no nivel máis baixo, a Serie D.
Na tempada 1980-81 o Viadana gañou a Serie B, mais logo de tres anos o equipo foi relegado á Serie C. Mais un ano máis tarde acadaría novamente o ascenso á Serie B. Na tempada 1986-87 gañou o ascenso á Serie A2, finalizando en sexto lugar no seu primeiro ano. Logo foron descendidos novamente ao ano seguinte, non retornando ata despois de tres anos.
Finalmente, gañou o ascenso á Serie A na tempada 1998-99. Na súa primeira tempada, o Viadana gañou a Coppa Italia. Na tempada 2000-01 finalizou en terceira posición a liga, mais perderon novamente nas semifinais dos play-offs fronte ao Benetton Treviso.
En 2002 a liga italiana foi reformada, converténdose no actual Super 10. Durante esa tempada, o Viadana finalizou na primeira posición e derrotou aos favoritos do Benetton Treviso nos play-offs polo título por primeira vez. Foi o primeiro equipo dunha cidade que non é capital provincia que conseguiu gañar a Liga. Gañou a súa segunda Coppa Italia en 2003.
En 2004 converteuse no primeiro (e único) equipo italiano en chegar a unha final europea, perdendo na pinal da European Shield por 19-25 fronte ao Montpellier. En 2007 derrotaron ao Cammi Calvisano para alzar a súa terceira Coppa Italia. En 2008, o Viadana perdeu nas semifinais fronte ao Benetton Treviso e porén perdeu unha praza na Heineken Cup.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Eccellenza:
- Campión: 2002
- Coppa Italia:
- Supercoppa d'Italia:
- Gañadora: 2007
- European Shield:
- Finalista: 2004