Sam Jones
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1933 Wilmington, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de decembro de 2021 (88 anos) Boca Raton, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Laurinburg Institute (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 90 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1957 - 1969 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 24 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Boston Celtics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Sam Jones, Sharpshooting Celtics Star of the 1960s, Dies at 88 (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Samuel "Sam" Jones, nado o 24 de xuño de 1933 en Wilmington, Carolina do Norte e finado en Orlando, Florida, o 30 de decembro de 2021, foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense que formou parte do lendario equipo dos Boston Celtics que conseguiron oito títulos seguidos na década dos 60. Está considerado un dos bases máis rápidos, con mellor visión de xogo e tiro de todos os tempos.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Jones realizou a súa carreira universitaria na North Carolina Central College, formando un equipo só de xogadores negros. Nos seus catro anos fixo 17,7 puntos e 9,1 rebotes por partido.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi elixido polos Boston Celtics na primeira rolda do draft na sexta posición, un ano despois de que os Minneapolis Lakers o elixisen tamén, pero renunciando a causa do servizo militar. Toda a súa carreira transcorreu na cidade de Massachusetts, onde, en 12 tempadas conseguiu 10 títulos da NBA, sendo soamente superado neste aspecto en toda a historia por Bill Russell. Habitualmente é mencionado como o cuarto mellor base da década dos 60, detrás de Oscar Robertson, Jerry West e Hal Greer. Era un base rápido e con gran visión de xogo, pero que destacaba sobre todo no tiro en suspensión, faceta que lle fixo gañar o alcume de "The Shooter" (o tirador). Participou en cinco All-Star Game.
Equipos
[editar | editar a fonte]Logros persoais
[editar | editar a fonte]- Cinco veces All Star.
- Tres veces elixido no segundo mellor quinteto da NBA.
- Elixido un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
- Membro do Basketball Hall of Fame dende 1984.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Sam Jones na web do Hall of Fame
- Estatísticas de Sam Jones Arquivado 06 de outubro de 2012 en Wayback Machine.