Santiago TV
Aparencia
Santiago TV | |
---|---|
Propiedade de | La Región |
País | España |
Sede central | Santiago de Compostela |
Nome(s) anterior(es) | Localia Santiago |
Na rede
| |
santiagotv.es |
Santiago TV[1], coñecida como Localia Santiago ata novembro de 2010, é unha televisión local de Santiago de Compostela, propiedade do grupo de comunicación La Región que emite a través da canle 23 da Televisión Dixital Terrestre na demarcación de Santiago de Compostela, que tamén inclúe os concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.
A canle pertence ao grupo UTEGA, que distribúe contidos entre diversas televisións locais galegas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Canles TDT Santiago de Compostela". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de novembro de 2010.